NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de decembro de 2019

“TOPONIMÍZATE. FALÁMOSCHE DOS NOMES DA TÚA TERRA"


E remataremos os eventos do ano 2019 cunha actividade para os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que toma como base a toponimia de Galicia.

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes; e constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.

Para elo o Concello de Pazos de Borbén acollerá o próximo mes de decembro unha actividade de promoción e dinamización da lingua e cultura galegas denominada “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra” que se enmarca nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia e coordinados desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A actividade consiste nunha conferencia que terá lugar o día 19 de decembro ás 12:30 horas no Auditorio do Concello e que será impartida polo filólogo Vicente Feijoo Ares, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.

Nela falarase de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial...) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; utilidades desta ferramenta...). Ademais, nos concellos que teñen sen recoller a súa micro toponimia –é dicir, os nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...-; como é o caso do noso concello, mostrarase unha APP que lles permitirá aos veciños e veciñas colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é o noso orgullo.

A charla irá dirixida a membros da Corporación municipal e técnicos de administración local; Asociacións veciñais e culturais; Comunidades de montes; Escolares; e veciños e veciñas que lles interese; e xa está confirmada a asistencia a esta conferencia dos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Os obxectivos deste programa son múltiples e atinguen tanto á veciñanza coma aos técnicos municipais:

Achegar aos cidadáns do concello unha información moi valiosa sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados, os feitos históricos que foron relevantes para eles e as características da paisaxe no momento en que se bautizou cada anaco da súa terra ou cada braza do seu mar. Porque en Galicia todo está nomeado e cada nome ten unha historia que contar, un anaco de historia local que non figura nos libros e que os veciños e veciñas deben coñecer.

Fornecer aos técnicos municipais das ferramentas necesarias para que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio do termo municipal, nos que deben empregar os topónimos normalizados, así como a posta en valor e promoción turística da paisaxe e dos elementos do patrimonio material e inmaterial que posúen.

Fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova, pois promoverase que sexa esta a lingua que interactuen cos seus avós e veciños para preguntarlles polos nomes de lugares e as lendas a eles asociados. Tamén empregarán o galego coas novas tecnoloxías para subir toda esa información a internet. Os topónimos naceron en galego e así deben usarse, tal como se manifesta no artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística.

Fomentar a presenza do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación. A toponimia moderniza a nosa lingua, porque a imos traballar cunha APP que presentará as últimas novidades en sistemas de información xeográfica e porque abriremos unha ventá ao mundo a través de internet para dar a coñecer as singularidades de cada concello.

Xerar dinámicas de traballo que promovan as relacións entre a sociedade, entre as asociacións veciñais e culturais e as administracións. Trátase de buscar a participación de toda a comunidade nun proxecto cultural común, facendo un traballo cooperativo entre varias xeracións, poñendo en valor a sabedoría dos máis vellos, a intrahistoria de cada concello e a conservación do patrimonio inmaterial (tradicións, folclore, coplas, lendas... asociadas aos topónimos). Isto creará un sentimento de identidade colectiva compartida e de continuidade.

Por cuestións de aforo para asistir a este evento é necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


martes, 15 de maio de 2018

LOS PAÍSES DEL EXTREMO ORIENTE


LOS PAÍSES DEL EXTREMO ORIENTE 
Autor: Juan Manuel Pereira
Prólogo: Xosé Ramón Barreiro
Ediciones del Viento S.L.
Colección: Viento simun

Género: Literatura en castellano - Literatura de viaxes - Xeografía

Publicado por primera vez por Gaspar Editores, Madrid, 1883, con ilustraciones de Enrique Alba.

El viaje de un diputado gallego a Siam y China en la España de 1871. Un libro de viajes lleno de gracia y de interés. 

A finales de agosto de 1871 el gallego Juan Manuel Pereira, progresista y republicano, afín al general Prim, que había sido asesinado un año antes, parte para el lejano Oriente como Enviado Extraordinario y Ministro Plenipotenciario en el Imperio de la China y en los Reinos de Siam y Annam de la corona de España, que se posa desde hace sólo unos meses en la testa de Amadeo de Saboya.

Llega por tierra a Marsella, donde se embarca en la fragata Provenza, un vapor de las Mensajerías Francesas, que se dirige al continente asiático atravesando el canal de Suez, finalizado apenas un año antes. Ceilán, China, Filipinas, el reino de Siam y de nuevo China, regresando a Madrid el 16 de enero de 1873, no sin antes visitar en Egipto las pirámides.

El resultado de aquel viaje es este libro en que, con un estilo divertido y fresco, va describiendo los lugares que visita (Hong Kong, Macao, Cantón, Bangkok, Singapur, Pekin, El Cairo, Alejandría...) y las gentes que se va encontrando. Asiste a todo tipo de ceremonias; recepciones, banquetes, bodas reales, cremaciones, pero también explora un volcán, monta en elefante, compra un joven orangután –con el que confirma las teorías de Darwin- y en fin, se mezcla con el pueblo. 

Una interesante y deliciosa narración, que nunca desde 1883 había sido reeditada.

ISBN: 978-84-947880-9-3
Número de páginas: 336
Formato: 16 x 24 cm
Encuadernación: Rústica

mércores, 31 de xaneiro de 2018

DE VIAXE POLO MUNDO: CONTOS E CURIOSIDADES


DE VIAXE POLO MUNDO: CONTOS E CURIOSIDADES
Autor: Pablo Aranda
Ilustración: Ximena Maier
Tradución: Anaír Rodríguez
Edicións Xerais de Galicia, S.A. 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Xeografía - Contos

Idade recomendada: A partir de 9 anos

Descubre os 5 continentes: Europa, África, América, Asia e Oceanía.

Percorre 22 países mergullándote na súa cultura e tradicións: España, Italia, Exipto, Etiopía, México,Perú, a China, Irán ou Australia, entre outros.

Viaxa polo mundo da man dunha nena, un neno e un can, aprendendo unha morea de curiosidades.

ISBN: 978-84-9121-265-2
Nº de páxinas: 95
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 24,5 cm
                            

xoves, 21 de setembro de 2017

50 LUGARES MÁGICOS DE GALICIA


50 LUGARES MÁGICOS DE GALICIA
Autor: Carlos G. Fernández
Ediciones Cydonia
Colección: Viajes
2ª edición, 2011

Género: Ciencias sociales - Etnografía - Folclore 

Aguas, piedras, árboles, iglesias y otros lugares considerados desde tiempos inmemoriales como sagrados son algunos de los enclaves que invita a conocer este libro, pensado como un viaje por los mitos, ritos y creencias de Galicia.

El autor nos guía a través de relatos legendarios, testimonios de primera mano, datos históricos y abundantes fotografías en una ruta que se puede recorrer leyendo las páginas cómodamente en un sofá o llevando este libro en la mochila y visitando cada uno de los destinos propuestos. Para conseguirlo, cada capítulo incluye una descripción sobre cómo llegar, así como los datos necesarios para, vía satélite, guiarse por GPS.

Buen viaje.

CARLOS GABRIEL FERNÁNDEZ es escritor y periodista. Trabaja en la actualidad en el rotativo gallego Diario de Pontevedra y colabora semanalmente en el programa Milenio de la Radio Galega. Es autor de centenares de artículos y reportajes sobre temas relacionados con los mitos y las creencias, así como sobre fenómenos insólitos.

Fue guionista del programa Mundo Misterioso de la Televisión de Galicia (1993) y documentalista de Misterios sin Resolver (Tele 5, 1994). Además colabora en numerosos programas de radio, televisión, y revistas como Año/Cero, Más Allá de la Ciencia y Enigmas. 

Para contactar con el autor: carlosgfernandez@yahoo.es 

El viaje continúa en: http://lugaresmagicosdegalicia.blogspot.com

ISBN: 978-84-938064-1-5
Páginas: 240
Encuadernación: Tapa blanda

martes, 19 de setembro de 2017

LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES


LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES
Autor: Rafael Quintiá Pereira
Ediciones Cydonia
Colección: Viajar
1ª edición, octubre 2015

Género: Historia - Xeografía 

"La historia de Galicia en 50 lugares" es un recorrido por medio centenar de enclaves que, en su conjunto, ofrecen al lector una visión panorámica de la historia de Galicia, que abarca desde los vestigios dejados por los primeros pobladores del noroeste de la Península Ibérica hasta la Guerra Civil española, pasando por todas las edades de la historia.

Asimismo, este libro es también una guía en la que se conjuga el turismo y la historia de la comunidad, contada de una manera entretenida y didáctica. Por este motivo, cada uno de los destinos sugeridos está escogido de modo que pueda visitarse y cada capítulo tiene indicaciones precisas sobre cómo llegar, así como las coordenadas GPS.

Buen viaje.

Rafael Quintía Pereira es licenciado en Antropología Social y Cultural, licenciado en Ciencias Empresariales, escritor -con cerca de una docena de libros publicados- y músico tradicional. Es miembro fundador y presidente de la Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) y miembro fundador de la asociación cultural y grupo de música tradicional Os Chichisos. Es director y guionista de media docena de documentales. Conferenciante y activo divulgador de temáticas históricasy antropológicas de Galica, ha participado en numerosas jornadas, conferencias y congresos además de impartir formación sobre estas materias. Como antropólogo realiza funciones de asesor cultural y ha participado en varias excavaciones arqueológicas y en diferentes proyectos de puesta en valor del patrimonio. Ejerce también como guía cultural en rutas de contenido etnográfico y arqueológico y es creador de varios itinerarios culturales. 
 
ISBN: 978-84-943810-8-9
Nº de páginas: 250
Encuadernación: Tapa blanda

sábado, 15 de outubro de 2016

VIGO: As comarcas de Galiza - Patrimonio Natural -


VIGO
As Comarcas de Galiza -Patrimonio Natural-
Autor: Equipo Xea
Promocións Culturais Galegas S.A.
A Nosa Terra, 2008

Xénero: Xeografía

Un percorrido pola comarca de Vigo que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña.

Abrangue os concellos de Baiona, Fornelos de montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

ISBN: 978-84-8341-271-8
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa branda


xoves, 13 de outubro de 2016

Vive y Descubre A CORUÑA


Vive y descubre A CORUÑA
Colección Vive y Descubre
Género: Guías de Viaje - Geografía

En estas páginas encontrarás la información necesaria para organizar un viaje mágico e inolvidable. Incluye todos los aspectos básicos y esenciales para conocer la ciudad: rutas urbanas para ver lo más interesante, los alojamientos y restaurantes más recomendables, a qué lugares acudir si se viaja con niños...

Todos los datos prácticos actualizados por expertos de la localidad: monumentos, cultura, gastronimía, festejos y direcciones de interés.

Una guía imprescindible para no perderte lo mejor de A Coruña.

ISBN: 978-84-241-3756-6 
Nº páx.: 144
Encuadernación: Tapa blanda

xoves, 21 de xullo de 2016

Coñece PAZOS DE BORBÉN e a comarca de Redondela


Comarca de REDONDELA
(Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes)
Colección Vive y Descubre
Editorial Everest. S.A. 

Nas páxinas deste libro encontrarás a información necesaria para organizar unha viaxe máxica e inesquecible. Inclúe todos os aspectos básicos e esenciais para coñecer estes lugares: rutas para ver o máis interesante, os aloxamentos e restaurantes máis recomendables, a que lugares acudir se viaxas con nenos...

Todos os datos prácticos actualizados por expertos da localidade: monumentos, cultura, gastronomía, festas e direccións de interese. 

Unha guía imprescindible para non perder o mellor dos municipios de Redondela, Soutomaior, PAZOS DE BORBÉN e Fornelos de Montes. 

ISBN: 978-84-441-00060-9
Nº páx.: 143 

Este verán ven a coñecernos 

Faite socio de BIBLIOPAZOS e regalámosche un exemplar.

 

mércores, 20 de xullo de 2016

GUÍA TURISTICA DE PONTEVEDRA - RIAS BAIXAS


Guía turística de PONTEVEDRA - RIAS BAIXAS 
Lérez Ediciones S.L., 2008
Xénero: Guías de Viaxe - Xeografía

Nestas páxinas atoparás a información necesaria para organizar viaxes e escapadas para visitar calquera dos 62 concellos da provincia de Pontevedra. Inclúe os aspectos básicos e esenciais para coñecer e gozar da natureza, gastronomía, festas... de cada municipio.

Una interesante guía para non perderte na provincia de Pontevedra. 

Depósito Legal: VG 642-2008
Nº de páxinas: 152
Encadernación: Tapa branda


martes, 19 de xullo de 2016

RIO BARRAGÁN. Posta en valor da Fraga


RÍO BARRAGÁN
Posta en valor da Fraga
Edita: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Proder II ADR
Estudo realizado por Silvareira Servizos Agroforestais S.L.

Xeografía

A Fraga do Río Barragán atópase encadrada dentro dos concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. De feito, o propio río actúa coma límite natural dos dous concellos.

A fraga do río Barragán pódese considerar o máis importante bosque oceánico caducifolio da provincia de Pontevedra, e no seu interior agocha unha importante representación do noso patrimonio cultural, como son os diferentes muíños fariñeiros e pasais de pedra repartidos ao longo do curso do río. Pero, sen dúbida, o valor patrimonial máis relevante atopámolo na parroquia de Oitavén (Fornelos de Montes): é o xacemento castrexo do Monte da Cidade, onde existen, ademáis dun castro, restos dunha cidadela e una acueducto do último terzo do século XVIII...

Clasificación: Folleto informativo
Nº de páxinas: 22
Encadernación: Tapa branda


luns, 18 de xullo de 2016

VIEIRO DA FRANQUEIRA


VIEIRO DA FRANQUEIRA
Texto: Xabier Viana
Dirección e Fotografía: Pío García
Coordinación e revisión lingüística: Xosé González Martínez /Carmen Pérez Vaquero
Deseñadora: Nerea Otazo Echebería
Edita: Asociación Intermunicipal Vieiro da Franqueira, 2007

Xénero: Xeografía - Guías

Contén 1 DVD

Mirar, pousa-la vista na paisaxe ou nalgún detalle que chama a atención: así actúa por norma o viaxeiro. Pero quen viaxa a pé sabe que pousa-la vista é como facer pousada nun sitio: repousar.

Onde pousa a vista o camiñante deste "Vieiro" que vai cara as altas terras da Franqueira?

Desto trata esta guía: das visións persoais (multipersoais) daqueles que, por devoción, hábito ou simple curiosidade, percorren estas rotas.

Así -quen sabe- poderemos tamén nós pousa-la vista no mellor de varios mundos que saen ao paso do viaxeiro.

Unha vía para o patrimonio

O santuario da Franqueira é un vertice onde conflúen múltiples camiños. Desde hai centos de anos, miles de persoas emprenden a viaxe ata o santuario atravesando rotas marcadas pola tradición e que xa forman parte dese patrimonio inmaterial que aparece h oxe tan valorado en tantos proxectos de recuperación local.

O propósito do proxecto "Vieiro da Franqueira" é precisamente destacar e poñer en valor todo o patrimonio (natural e cultural) asociado a unha rota ancestral, formada por múltiples vías que enlazan lugares, parroquias e concellos, que corre xunto a fragas e ríos, por montes e vales. Un territorio común que ten na actualidade un potencial turístico por explotar...

Depósito Legal: C 1048-2007
Nº de páxinas: 88


xoves, 14 de xaneiro de 2016

MEMORIAS HISTÓRICAS SOBRE A AUSTRALIA


MEMORIAS HISTÓRICAS SOBRE A AUSTRALIA
e particularmente sobre a misión Beneditina de Nova Nursia e os usos e costumes dos Australianos
Autor: Rosendo Salvado y Rotea
Edita: Xunta de Galicia
            Parlamento de Galicia
            Consello da Cultura Galega
1ª edición en galego, 2014
Conmemorativa dos 200 anos do nacemento de Rosendo Salvado.

Xénero: Historia, Xeografía. 

As "Memorias históricas sobre Australia e particularmente sobre a misión beneditina de Nova Nursia e vos usos e costumes dous australianos", de Frei Rosendo Salvado, o "valedor do pobo aborixe", foron editadas por primeira vez en galego no que supón unha forma de "facer xustiza" cunha figura histórica "inxustamente esquecida".

Constitúe a primeira edición en galego da obra, que foi escrita e publicada inicialmente en italiano en 1851; en castelán dous anos máis tarde, en 1853; e en francés en 1854. A súa publicación en inglés non chegou ata 1977, e houbo que esperar máis de 30 anos aínda, ata agora, para poder ler as memorias de Salvado en lingua galega.

Coa edición deste volume, que relata as súas vivencias e coñecementos na súa toma de contacto con Australia, dáse resposta a un acordo da Comisión de Cultura da Cámara autonómica, á vez que se recoñece o labor do "De las Casas australiano", como o definiu o seu biógrafo, Francisco Díaz-Ferros.

Este tamén destacou o seu compromiso co pobo aborixe, en particular co seu ensino. Fronte á tendencia predominante dos misioneiros da época e nun momento no que estaba a arrincar "a etapa colonial europea", Rosendo Salvado distanciouse de quen vía aos aborígenes coma se fosen "interiores" e aproximouse á súa cultura no canto de tratar de impoñer a foránea. "un adiantado ao seu tempo". 

Fonte: 20minutos.es


xoves, 5 de setembro de 2013

Atlas PRIMARIA Santillana

Atlas PRIMARIA Santillana 
Edad recomendada: De 6 a 11 anos 

Este Atlas de Primaria es un proyecto del Departamento de Cartografía de la Editorial Santillana S.A. bajo la dirección de Sergio Sánchez Cerezo. 

Para estudiar y conocer nuestro Mundo a través de los mapas.

Cómo representar sobre planos y mapas la realidad: desde nuestro colegio y nuestra localidad hasta la Tierra.

Informaciones de gran interés sobre el Universo, España y sus comunidades autónomas y el Mundo.

Mas de 150 mapas físicos, políticos, económicos y más de 120 gráficos sobre la población y producción en la agricultura, la industria y los servicios de España.

La situación de más de 500 espacios naturales, restos y monumentos históricos y rutas turísticas más importantes de nuestro país.

Con 125 fotos para asomarse a nuestro interesante y variado Mundo.

Gran número de textos en los que se explican los mapas y gráficos.

Un índice general y otro de nombre de poblaciones y lugares.

¡Disfrútalo! 

Formato: 33 x 24 cm. 
Nº páginas: 128 
Encuadernación: Cartoné 
ISBN: 84-294-4247-2

Nota: Este libro fué donado a la biblioteca por Jorge García.

luns, 5 de agosto de 2013

Xunqueiras, Fraga do Barragán e muiños do Abade e Novo




Icona da cultura rural galega, o Muiño é o elemento de arquitectura civil omnipresente nas canles dos ríos galegos. Goza deste paseo polo interior da Fraga do Barragán contemplando estes dous Muiños.
    Fuente: Youtube



    BUSCAR NO BLOG


    gadgets para blogger