sábado, 16 de novembro de 2013

Ha vuelto - LITERATURA ADULTOS

Novidade en BIBLIOPAZOS 


HA VUELTO
Autor: Timur Vermes
Xénero: Humor
 
O fenómeno literario do ano: un éxito sorprendente en Alemaña, que xa cruzou fronteiras.

É o verán de 2011. Adolf Hitler esperta nun descampado no centro de Berlín. Non hai símbolos nazis, reina a paz, as rúas están invadidas por estranxeiros, e Alemaña está gobernada por unha muller repoluda que fai o que quere en Europa. Sesenta e seis anos despois da súa caída, o resucitado Hitler triunfa na televisión como perfecto imitador do Führer, un cómico xenial. Pero el non chancea en absoluto. A fama é a plataforma perfecta para retomar a súa carreira política. Que dano podería facer hoxe Hitler? Esta disparatada historia está contada por el mesmo, un home que analiza tenazmente o seu ámbito, que descobre de modo fulminante os puntos débiles dos demais, que, cunha teimosía sen límites, guía a súa estraña lóxica, con fanatismo pero tamén con lucidez. As librarías de toda Alemaña exhiben a portada do fenómeno literario do ano. Esta divertida novela que xa leu un millón de persoas pronto será publicada en trinta e dous países, mentres se roda a película. Timur Vermes logrou algo inimaxinable con esta sátira feroz, e é que ríamos non xa de Hitler, senón con el. É posible algo así? Está permitido?

ISBN: 978-84-322-2036-4

O meu pequeno animalario - ENCICLOPEDIA INFANTIL


A xungla e a sabana 
Texto de Francesca Chiapponi e Marina Raffo
Ilustración de Marco Ferraris 

Os dinosauros 
Texto de Sylvie Bézuel
Ilustracións de Olivier Verbrugghe 

Os animais da granxa
Texto de Patrick David
Ilustracións de Olivier Verbrugghe 

Mares, ríos e lagos 
Texto de Francesca Chiapponi, Marina Raffo e Patrick David
Ilustracións de Olivier Verbrugghe 

A montaña e o bosque 
Texto de Francesca Chiapponi, Marina Raffo e Patrick David
Ilustracións de Olivier Verbrugghe 

As crías dos animais salvaxes 
Texto de Patrick David
Ilustracións de Olivier Vergrugghe 


Idade recomendada: + 4 anos
 
Editorial Baía presenta para nenos de 4 anos en diante unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais.

Quén é a Hiena? Cómo vive o Elefante? Cal é o Papagaio máis estraño? Qué cazaba o Ceratosaurus? Qué significa o nome do Tyrannosaurus rex? Cómo vive o Pato? Qué é a Galiña de Guinea? Cómo traballa o Burro? Qué como o Golfiño? Cómo sobrevive a Marmota?

Todas as respostas a estas preguntas e a outras están estes animalarios, fermosamente ilustrados con debuxos orixinais e excepcionais fotografías.

Títulos da colección dispoñibles en BIBLIOPAZOS.

Cada libro dispón de 45 páxinas con xogos pedagóxicos para nenos e nenas.

 



Testeando: un trivial para el aula y para casa


En familia o con los amigos. ¿Quién no ha jugado alguna vez al Trivial? Este conocido juego tiene su propia versión educativa en la Red de la mano del portal Testeando. Este espacio, que ha desarrollado una versión para España y otra para Latinoamérica, es un interesante recurso educativo que los profesores pueden utilizar en clase para que sus alumnos, además de repasar los conocimientos adquiridos, aprendan nuevas cosas.

Testeando está dividido por niveles académicos (1º – 6º de Primaria, 1º – 4º de la ESO, y 1º y 2º de Bachillerato), y cada uno de ellos (a su vez) está organizado por asignaturas: existen pruebas que ayudan a repasar Conocimiento del Medio, Matemáticas, Geografía, Geología, Música, Física y Química, Filosofía, Historia del Arte, etcétera. Lo interesante es que cada una de estas asignaturas está tratada por bloques temáticos o lecciones.

Aunque es posible jugar de manera individual, lo divertido es hacerlo en grupo. Para ello, la página cuenta con dos modalidades, una on-line en la que pueden participar hasta 36 jugadores, y otra off-line en la que se enfrentan un máximo de 8 usuarios a la vez utilizando el mismo ordenador. Se proporcionan, asimismo, diferentes modalidades de juego con sus propias reglas. Cada juego plantea 10 preguntas con cuatro posibles respuestas y sólo una es la válida. Los estudiantes pueden hacer uso de un máximo de tres comodines para responder a las cuestiones planteadas.

Fuente: Educación 3.0


Punver de volta - POESÍA INFANTIL

Punver de volta 
Yolanda Castaño 
Ilustracións de Eduardo Hermida 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 

Idade recomendada: + 6 anos 

Punver é un simpático punki-gusanito do que se nos conta a historia en verso áxil e rimado. É tan despistado que garda os libros na neveira, chega ao cole sen carteira e lle bota sal aos pasteis. Unha vez, coas présas, meteu o xersei pola cola e puxo na orella os calzóns; outra, cando viño de comprar traía tres seixos na bolsa; un día que lle preguntaron a idade dixo que non recordaba se o ano anterior tiña tres ou catro anos. E como, ademais, ten moito sono, quédase durmido en calquera lado, no terreo ou montado enriba dun cabalo. Na casa, que xa o coñecen, sempre lle din que calquera día vai perder a cabeza. Pero chegou por fin un día no que corrixiu o seu despiste: cando a nai lle dixo que tiña a crista moi longa e o mandou ao peiteado, rematou deseguida porque esquecera a cabeza! 

Álbum con ilustracións de trazo groso e directo sobre un colorista fondo compacto.
32 páx. 
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-247-5

venres, 15 de novembro de 2013

Barro de Medellín - LITERATURA INFANTIL


Barro de Medellín
Alfredo Gómez Cerdá
Ilustraciones de Xan López Domínguez

XIX Premio Ala Delta de Literatura Infantil 2008
Premio "White Raven" 2009
Lista de Honor de la CCEI 2009
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2009
Traducido al EUSKERA, en 2010
Edición en Argentina, en 2010 
Traducido al JAPONÉS, en 2011 

Para Camilo y Andrés los días transcurren vagabundeando por las calles de su barrio de Medellín, el mejor lugar del mundo, en el que el enorme edificio de la biblioteca destaca como un gigante de ladrillo. Camilo tiene claro que, cuando sean mayores, dirigirán una banda de ladrones. Pero Andrés no quiere ser ladrón, aunque tiene claro que nunca se separará de su amigo. 
 
N.º Páginas: 146 
Formato: 13 x 20 cm 
Encuadernación: Rústica plastificado 
ISBN: 978-84-263-6825-6
1ª edición, 5ª reimpresión, noviembre 2011

Cinco nuevos servicios para buscar trabajo desde Internet

Plataformas y redes para exhibir nuestra formación y no perder el contacto con el mundo laboral

- Imagen: Tax Credits

Una de las primeras virtudes que se observó en la Red fue su gran capacidad para poner en contacto personas de ámbitos muy distintos y, por tanto, acelerar la circulación de la información. En consecuencia, nacieron los primeros servicios para facilitar tanto la búsqueda de trabajo como de nuevos talentos que incorporar a una empresa: Infojobs, Monster o InfoEmpleo pronto destacaron por su tráfico y su número de usuarios. Después vendrían otros con más consistencia como LinkedIn o las redes para encontrar trabajo de free lance. Pero la crisis ha mermado mucho las expectativas de movilidad y oportunidad laboral, por lo que la eficiencia de estas plataformas ha descendido e, incluso, algunas han detenido su actividad. Otros nuevos servicios han venido a sustituirles, mejor adaptados a los tiempos actuales y sacando partido de la información en tiempo real y de redes como Facebook y Twitter. Este artículo selecciona cinco de estas plataformas y sistemas que pueden resultar interesantes a la hora de intentar retornar a la actividad laboral o cambiar de empleo: UpStartUp, Jobijoba, Marketyu, Jobandtalent y Tutiempleo.


Por JORDI SABATÉ


Misterio na selva de Ngorongón - LITERATURA INFANTIL


Misterio na selva de Ngorongón 
Alberto Varela Ferreiro 
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 

Idade recomendada: + 6 anos 

Un día que o bruxo Ngorongón ía buscar plantas medicinais á selva, sorprendeuse polo silencio que alí reinaba e descubriu que todos os animais estaban a mirar a mesma cousa. Empezaron as xirafas, que deixaron de buscar nas ramas máis altas das árbores as follas máis tenras; seguiron os monos, que xogaban colgados nas árbores, cando as viron mirando absortas aquela novidade; e o grupo foise ampliando cada vez máis: os elefantes pararon de bañarse na beira do río; as gacelas, de facer concursos a ver quen saltaba máis alto; os rinocerontes, de rebozarse no barro; o leopardo espertou da sesta; a serpe desenroscouse da rama da árbore; as avestruces deixaron o seu niño; os hipopótamos non seguiron somerxéndose na auga; o búfalo deixou de resgar o lombo na codia das árbores; ata foron xunto a eles os tucanos e loros, que presumen de guapos. Preocupado, o bruxo puxo a máscara das dúbidas e foi a onde saía unha musiquita dunha pantalla de cores que estaban a mirar todos os animais. 

E como lle pareceu maxia mala, botou o aparato ao río, onde o crocodilo o tragou dun bocado. Entón todos os animais volveron gozar co que lles dá a selva e o bruxo puxo a máscara de alegría. 
 
Álbum colorista que se recrea nos rechamantes retratos dos animais.

32 páx.
16 x 19 cm.
ISBN 978-84-9865-201-7

xoves, 14 de novembro de 2013

Colección "Letra Grande" BILINGÜE GALEGO-INGLÉS - LITERATURA INFANTIL


A editorial IR INDO acaba de sacar unha colección "LETRA GRANDE" en Bilingüe: GALEGO-INGLÉS para primeiros lectores. O obxectivo é formar o oído do neno a escoitar a pronuncia tanto en galego como en inglés. Que o primeiro lector saiba escoitar para logo saber pronunciar. Todo esto asimilando as frases con ilustracións amenas do libro.

Podes escoitar todas as frases do libro correctamente pronunciadas entrando no seguinte enlace: http://www.irindo.com/audio

Idade recomendada: + 5 anos

Os 8 títulos actuais da colección son os seguintes:

1.- O can do avó - Grandpa's dog 
Autor: Enric Lluch
Os cans son animais moi listos, pero o do avó de Miguel era un caso aparte. Ou polo menos iso di el...

2.- A pomba coxa - The lame pigeon
Autor: Enric Lluch
Ás pombas do parque encántanlles as faragullas, pero seia hai unha que queda sen comer...

3.-A lúa ten frío - The moon is cold
Autor: Enric Lluch
Cando vai frío metémonos na casiña pero a pobriña da lúe ten que quedar na rúa. Sara sabe como axudala!

4.- Pintando a casa - Painting the house
Autor: Enric Lluch
Un bote de pintura mal pechado, un neno que tropeza e... que desfeita! menos mal que Carlos o sabe resolver...

5.-O dente de María - Mary's tooth
Autor: Enric Lluch
A María caeulle un dente, pero non o atopa. Que problema... que fará o rato Pérez...

6.- Elefantes de cores - Coloured Elephants
Autor: Enric Lluch
As cores dan alegría e son bonitas. E a Miguel encántanlle as cores, por iso pinta os elefantes moi divertidos.

7.- Na feira - At the fair
Autor: Enric Lluch
Na feira hai unha morea de cousas das que lle gustan a Álex. Pero clar non se pode ter todo... ou sí?

8.- A cova - The cave
Autor: Enric Lluch
Na montaña hai unha cova. Todos lle meten medo a David, cóntalle que nela vivían monstros. Será certo?

24 páxinas.
Encadernados en cartoné.
20 x 21 cm.
 

[Libros que nos inspiran] 'Mala farma' de Ben Goldacre


Ya reseñamos la anterior obra, incomensurable, brillante, necesaria de Ben Goldacre: Mala ciencia: no te dejes engañar por curanderos, charlatantes y otros farsantes. De modo que era inevitable que su siguiente obra fuera reseñada por aquí: Mala Farma.

Sin embargo, Mala Farma es una obra más difícil, no tanto porque el contenido lo sea, sino porque el lector debe abordar el mismo con mayor dosis de prudencia. Básicamente porque muchos de los argumentos que se esgrimen aquí se parecen a los esgrimidos por los que defienden las medicinas alternativas y las pseudociencias. Esto es: que las farmacéuticas son el coco, que no debemos fiarnos de ellas, y por extensión tampoco de los médicos, ni de los investigadores, y por tanto hay que empezar a confiar en remedios más naturales, en consejos de personas de bien que no necesariamente lleven bata blanca, etc.

Seguir leyendo...

Por: 
Fuente: Xatakaciencia


O serrote do Gil - LITERATURA INFANTIL

 
O serrote do Gil 
Margarita Ledo
Ilustracións de David Pintor 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 
 
Idade recomendada: + 6 anos
 
Gil vai coa súa serra ao bosque, e ponse a serrar unha árbore pois quere levar un anaco de de madeiro de madeira para arranxar o escano dun veciño. A árbore rise a gargalladas porque lle fai cóxegas. Entón aparecen dous petos, Guntín e Gontán, galego e portugués respectivamente, que lle axudan. El serra por diante e eles perforan por detrás. E mesmo van logo con el á súa casa, axudándolle a arranxar o escano. Cando rematan, os tres, como os monicreques, fan tres piruetas e vanse. 
 
Álbum que traslada a imaxe dos personaxes con simpatía en ilustracións de trazo directo e dinámico. 
 
32 páx. 
16 x 19 cm. 
ISBN 978-84-9865-200-0

mércores, 13 de novembro de 2013

Linguasnet.com - Aprende totalmente gratis INGLÉS, ESPAÑOL, PORTUGUÉS Y RUMANO

Presentamos un curso de lengua interactivo multimedia diseñado especialmente para mejorar las capacidades auditivas y orales. Puedes aprender totalmente gratis INGLÉS, ESPAÑOL, PORTUGUÉS y RUMANO. Este curso, totalmente gratuito, está disponible en INGLÉS, ESPAÑOL, PORTUGUÉS y RUMANO.

Este curso consta de 14 lecciones que incluyen animaciones, ejercicios interactivos, juegos y ejercicios de escuchar y repetir.


Este proyecto ha sido cofinanciado por la Unión Europea, bajo un proyecto titulado IMMILABOUR, dentro del marco del Programa Leonardo da Vinci.

Fuente: Linguasnet.com

Bechos pequerrechos - POESÍA INFANTIL

 
Bechos pequerrechos
María Lires
Ilustracións de María Lires
Col. Arbore. Os Duros, 28.
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 
 
Idade recomendada: + 6 anos
 
Conxunto de pequenos poemas en verso libre e rimado, en linguaxe directa, áxil e coloquial. Cada un deles céntrase nalgún mínimo detalle das características dun animal próximo ao lector.
 
Así, a araña Renata perdeu unha pata; ao Martiño subíronselle as cores polo albariño; Don Xoán e Dona Xoaniña ándanse pretendendo; o caracol Galileo vai amodiño; o escaravello non gusta de irse facendo vello; dona Albiña bolboreta é moi extravagante e coqueta; á lesmiña Maruxa estanlle saíndo os dentes; o vermiño Bertomeu vai moi fachendoso co seu chapeu; a formiguiña é moi larpeira; Abelarda, a libeliña, arrefriouse por pasear pouco abrigada; a eiruga tripuda só come leituga pois quere adelgazar; a dona Píntega Pinchorra non lle gusta andar ás présas; dona Laura Vacaloura vai de troula a unha festa de disfraces.
 
E todos eles teñen unha mensaxe final para o camiñante: leva coidado e non nos pises cos zapatos.
 
O traballo de ilustración recorre a distintas técnicas e materiais como o papel ou o barro para presentar os animais en tres dimensións.
 
32 páx.
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-199-7
 
Fonte: BLIX

martes, 12 de novembro de 2013

¿Es el 'eBook' más ecológico que el libro impreso en papel?

Ecologistas afirman que el libro electrónico, pese al avance tecnológico que implica, es "un desastre para la ecología".


A noite das filantes - LITERATURA INFANTIL

 
A noite das filantes
Xabier P. Docampo
Ilustracións de Xosé Cobas 
Col. Arbore. Os Duros, 31. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009
 
Idade recomendada: + 6 anos 
 
Aquela noite de agosto, unha das estrelas filantes chegou ao chan. Foi onda ela un gato, que levou o susto máis grande da súa vida.
 
Os nenos, que pediran desexos ao velas, foron á súa procura: buscárona no fondo do mar, onde había unha fermosa estrela, pero non era a que caera do ceo; no campo que abeira a cidade, deron con outra, pero tampouco a era; nin a estrela de xente que viron nunha fiestra da cidade.
 
Como unha nena a vira ir diante do tren, achegáronse ata o lugar onde se forma a estrela dos camiños de ferro. Marcharon logo ao río, e deron coa estrela de auga que se forma onde nacen todos os ríos da Terra. Pero non deixaron de buscar, ata dar con aquel neno que lía o mundo coa punta dos dedos. As súas mans debuxaron o seu desexo no aire da noite. E cando se puxo de pé descubriron o prodixio: tiña luz dentro, como se a estrela se lle metese dentro. 
 
O traballo de ilustración recorre a unha concepción pictórica para presentar sobre fondos escuros mínimos trazos figurativos, creando un clima metafórico misterioso e atraente. 
 
28 páx.
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-203-1 
 
Fonte: BLIX
 
 

luns, 11 de novembro de 2013

Diez datos sorprendentes que probablemente no sabías del Sol: quema la masa equivalente a un millón de elefantes por segundo


El astro rey lo tenemos aquí al lado, cada mañana nos baña con su luz, y sin embargo su física es tan sorprendente que no podemos dejar de dedicarle un especial de datos curiosos.

1.- El Sol quema cada segundo 4 millones de toneladas de hidrógeno. El equivalente a la masa de un superpetrolero. Y también el equivalente a quemar un millón de elefantes.

2.- La enorme presión gravitatoria en el interior del Sol supera la repulsión electrostática entre los núcleos de hidrógeno (protones) y los obliga a acercarse. Se fusionan hasta convertirse en núcleos de helio. Este proceso convierte en energía el 0,8% de la masa de los núcleos de hidrógeno. Así, con 1kg de hidrógeno, se libera un millón de veces más energía que la combustión de 1 kg de carbón.

3.- El Sol pesa 2.000 millones de trillones de toneladas. La masa del Sol, pues, equivale a unas 332.950 veces la masa de la Tierra.

Seguir leyendo...

Por: 
Fuente: Xatakaciencia

Os catro amigos - LITERATURA INFANTIL

Os catro amigos
Irmáns Grimm 
Adaptación de Xesús Carballo Soliño
Ilustracións de Kristina Sabaite 
Col. Árbore. Audiocontos, 3. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009

Idade recomendada: + 6 anos

Inclúe CD

Adaptación do conto clásico dos Irmáns Grimm que conta que un burro, logo de pasar a vida carrexando todo canto lle botaban ás costas, ao chegar a vello e minguarlle as forzas recibía menos comida e máis paus no lombo, polo que decidiu marchar polo mundo adiante.

No seu camiñar fóronselle unindo: un can ao que, como xa non ten folgos para cazar, o amo négalle a comida e zorrégalle paus; un gato a quen os ratos se lle escapulen por vello e así o amo non lle raña o lombo e bate nel coa vasoira; un galo que vai ser parte do cocido por non ter folgos para ser xefe de galiñeiro. Andando, pillounos a noite na fraga e botáronse a durmir nun carballo. O galo, empoleirado no máis alto, enxergou a luz dunha casa, á que se dirixiron. Nela, uns delincuentes comían a fartar, aos que fixeron liscar, asustados cando eles comezaron a facer rebumbio. Nunca máis deles se soubo.

E os catro amigos quedaron a vivir, felices e contentos, na casa o resto dos seus días.

A edición multimedia, ademais do atractivo traballo de ilustración, incorpora un cedé coa narración dramatizada do texto e dúas cancións comúns á colección que abren e pechan a lectura.
 
28 páx.
21 x 24 cm.
ISBN 978-84-9865-225-3
Fonte: BLIX


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger