sábado, 8 de outubro de 2016

CRISOL E A SÚA ESTRELA


CRISOL E A SÚA ESTRELA
Autor: Begoña Ibarrola
Ilustración: Lorena Pita
Primera persona, 2011
Colección: Contos para sentir


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

UN CONTO SOBRE A CONFIANZA NUN MESMO

Nun lugar do universo chamado Terra Cristal vivía un pobo que falaba coas estrelas.
Cando un neno ou unha nena de Terra Cristal cumpría sete anos, facíase unha gran festa e escollía unha estrela para comunicarse con ela. Crisol estaba nervioso, porque esa noite celebraba a súa festa de aniversario e despois elixiría a súa estrela...
 
ISBN: 978-84-9592343-1
Nº de páxinas:28

Encuadernación:Tapa dura

O CATECISMO DO LABREGO


O CATECISMO DO LABREGO
La Voz de Galicia, 2001 
Colección: Biblioteca 120 Galega

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético.

O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e xornalismo. Agudo polemista, intelixente observador da realidade, retratista de cadros de costumes, precursor de periodistas, coñecedor da lingua e dos seus rexistros máis populares.

ISBN: 84-88254-76-8
Nº de páxinas: 114
Encadernación: Tapa dura



venres, 7 de outubro de 2016

OS BOLECHAS VAN EN BURRO


OS BOLECHAS VAN EN BURRO
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 6 anos

Os Bolechas van á aldea dos seus curmáns Sarela, Ying e Kofi, que teñen un burro chamado Fungón.

Sarela convídaos a pasear nel, mais Fungón non ten ganas de pasear nenos; el prefire comer, así que terán que sacar todo o seu enxeño para convertérense en auténticos cabaleiros.

ISBN: 978-84-606-9561-5
Nº de páxinas: 20
Idioma: Galego


PINOCHO

 
PINOCHO
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos

Dunha vez era un grilo moi viaxeiro que unha noite de verán chegou a unha aldeíña de Italia.

Aquel Grilo Grileiro, que así era como se chamaba, levaba un traxe moi bonito e un sombreiro moi feitiño.

Nunha das casas da rúa principal víase unha ventá iluminada e o noso amiguiño encamiñouse cara a ela todo curioso.

-¿Quen será o que traballa ata tan tarde?

Caladiño, entrou na c asa e deu con Xepeto, un velliño pero mañoso carpinteiro, que lle estaba dando as últimas voltas a un moneco de madeira...

Así comeza este conto, para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 84-88724-17-9
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura 

xoves, 6 de outubro de 2016

AVENTURAS DUNHA PINGA DE AUGA


AVENTURAS DUNHA PINGA DE AUGA
Autor: Begoña Ibarrola
Ilustración: Irene Tejado

Primera persona, 2013
Colección: Contos para sentir


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
 

Idade recomendada: +3 anos

UN CONTO SOBRE A GRATITUDE   
Esta é a historia dunha pinga de auga que vivirá moito tempo baixa a terra e un bo día sentiu moitas ganas de saír a ver a luz. Acompañá á pinga de auga nas súas aventuras...


ISBN: 978-84-9592344-8
Nº de páxinas: 25
Encuadernación: Tapa dura

PAPAVENTOS


PAPAVENTOS 
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2001
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. 

A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés.

Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel.

Xavier Queipo quere "que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela".

A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.

Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio. 

ISBN: 978-84-8302-617-1 
Nº de páxinas: 200 
Encadernación: Tapa branda


mércores, 5 de outubro de 2016

NOVOS TÍTULOS DE "OS BOLECHAS" EN BIBLIOPAZOS


OS BOLECHAS...
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing
Idioma: Galego


Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: + 6 anos

Novos títulos da colección en BiblioPazos: 

OS BOLECHAS...
  • van en burro
  • dormen na casa dos curmáns
  • van á neve
  • van de hotel
  • van ao parque acuático
  • van de voda
Entra na web do Club dos Bolechas e faite do club!

Terás vantaxes especiais, descontos, agasallos e poderás acceder aos divertidos xogos dos Bolechas.


Ven a BiblioPazos a buscar aos "BOLECHAS"!


PETER PAN


PETER PAN
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos

Na cidade de Londres vivían tres irmáns: Wendy, Miguel e Xoán. Tódalas noites, antes de iren á cama, Wendy contáballes historias e líalles contos. O conto preferido era o de Peter Pan, un neno que vivía coas fadas e que non quería medrar.

Un día díxolles que atopara follas dunha árbore na entá. Seica fora cousa de Peter Pan, que a viñera ver e que había voltar.

Unha noite os pais dos nenos saíron a unha festa e eles quedaron na casa. Xa estaban na cama, aínda espertos, cando de súpeto entrou pola ventá unha luciña moi brillante...

Así comeza este conto, para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 84-88724-10-1
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura

martes, 4 de outubro de 2016

LOBISHOME

 
 LOBISHOME
Autor:Jacobo Paz Limia
Ilustración: Olaya Naveira 
Ediciones Bolanda S.L, 2016                            

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos
 
Unha acampada no bosque
Unha noite de lúa chea
E un estraño suceso que cambiará para sempre a túa vida...

Nesta historia ti es o protagonista e, por tanto, ti tomarás as decisións que creas convenientes ao final de cada páxina. Cada elección, levarate a un destino diferente.

Atréveste a vivir unha emocionante aventura?
ISBN: 978-84-608-7446-1
Nº de páxinas: 64
Encuardernación:Tapa dura

AMOR DE TANGO


AMOR DE TANGO
Autora: Mª Xosé Queizán
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1992
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas.

É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo.

É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra.

É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas están ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría.

É a novela dos trasatlánticos, das fábricas de salazón, do Cable Inglés, das grandes Navieiras, da emigración, do Berbés. Memoria viguesa, intimismo, historia miúda e persoal e retratos construídos desde un eficaz realismo constitúen os eixos sobre os que gravita este fermoso e inesquecible canto a Vigo e as mulleres que a poboaron. 

"Ás obreiras dábanlles por lei unha hora para a lactancia que podían repartila en media hora cada descanso, para que as criaturas puidesen mamar dúas veces durante o horario de traballo das nais.

Viñan á fábrica a avoa ou a filla máis vella co envurullo da cría chorando de fame e sen perda de tempo, alí, nun canto calquera da nave, sentadas sobre caixas salgadas e húmidas, púñana á teta.

O leite brota como o destino e marca xa os pequenos beizos chuchóns. Un leite de saín; un leite con corpo de escamas e cor de ardora; un leite para amamantar a xente de mar."

ISBN: 978-84-7507-662-9
Nº de páxinas: 168
Encadernación: Tapa branda


luns, 3 de outubro de 2016

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E DE MONICREQUES DE LUVA - ANO CASTELAO 2016

A Deputación Provincial de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao, desenrolou un programa de exposicións, concertos e obradoiros culturais que se levan realizado polos 62 concellos da provincia ao longo deste ano 2016.

As actividades programadas centráronse nas disciplinas artísticas que desenrolou Castelao, como son o humor gráfico, o patrimonio, a tradición oral e o mundo da infancia e da emigración, e conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao:

  • O centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra.
  • O 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse".
  • O Día das Artes Galegas, que este ano se adicou a este autor pola Real Academia Galega de Belas Artes.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" únese á celebración do Ano Castelao, e presenta unhas actividades nas que se relacionan as artes plásticas co escénico do mundo dos títeres e das marionetas a través duns obradoiros que terán lugar o próximo Luns, 24 de outubro, na Sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e que serán realizados pola compañía Viravolta Títeres, e patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra.




Obradoiro de MÁSCARAS con materiais alternativos

Descrición: Cada un dos participantes elaborará unha máscara empregando materiais que non se adoitan empregar para facer manualidades, deste xeito tratarase de estimular a imaxinación dos cativos/as para que analicen as posibilidades de materiais de uso común e de refugallo para empregalos de xeito creativo noutros contextos que non son os habituais.
Duración: 90 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.

Obradoiro de MONICREQUES DE LUVA con material de refugallo

Descrición: Cada participante elaborará un monicreque de luva, con materiais moi sinxelos, moitos dos cales estarían destinados a rematar o lixo. Unha vez feitas as marionetas os/as nenos/as aprenderán técnicas básicas de manipulación para poder darlle vida ao seu boneco, para logo en pequenos grupos tratar de crear pequenas pezas relacionadas coas obras de Castelao que poderán ser representadas ante os compañeiros/as.
Duración: 120 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.

INSCRICIÓNS:
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Horario: 09:00 a 14:00 horas

O DEPORTE É DIVERTIDO. ESCOLLE O TEU PREFERIDO!


O DEPORTE É DIVERTIDO. ESCOLLE O TEU PREFERIDO 
Autora: Carmen Gil 
Ilustracións: Teresa Ramos
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío 
Edicións do Cumio S.A.
1ª edición, outubro 2015 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 4 anos 

Despois das clases, na fin de semana, nas vacacións... Que divertido é sempre xogar!

Hai tantos xogos como poidas imaxinar.

Cal che gusta máis?

Idioma: Galego 
ISBN: 978-84-8289-506-2
Nº de páxinas: 24
Formato: 20 x 21 cm
Encadernación: Rústica

A SEREÍÑA


A SEREÍÑA
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos infantís
 
Idade recomendada: + 5 anos
 
Alá no medio do mar, onde a auga é azul e transparente, e onde hai moita fondura, alá, no fondo, vive un pobo do mar.
 
Nese mundo, entre marabillosas plantas e peixes de tódalas cores, atópase o pazo do Rei dos Mares.
 
O rei, que levaba viúvo desde había moito tempo, tiña seis fillas, todas elas moi fermosas. Sen embargo, a máis nove era a máis bonita de todas.
 
Tiña a pel moi suave e os ollos moi azuis, pero non tiña pés. Igual cás súas irmás e ca todo o pobo do mar, o corpo dela acababa no rabo dun peixe.
 
E esta sereíña encantáballe escoitar historias sobre o mundo dos homes...
 
Así comeza este conto, para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.
 
ISBN: 84-88724-9-8
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura

domingo, 2 de outubro de 2016

CANTA XENTE VAI E VÉN! A VILA NON SE DETÉN


CANTA XENTE VAI E VÉN! A VILA NON SE DETÉN
Autora: Carmen Gil 
Ilustracións: Óscar T. Pérez
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío
Edicións do Cumio S.A.
1ª edición, outubro 2015 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 4 anos 

A cidade está sempre esperta.

De día, sempre axitada, todos de acá para alá, e de noite, aínda que máis tranquila, hai quen non dorme para que todo volva comezar.

Idioma: Galego
ISBN: 978-84-8289-505-5
Nº de páxinas: 24
Formato: 20 x 21 cm
Encadernación: Rústica

MAZURCA PARA DOUS MORTOS


MAZURCA PARA DOUS MORTOS
Autor: Camilo José Cele Trulock
Tradución ao galego: Xesús Rábade Paredes
Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 1999

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa 

Premio Nacional de Literatura - Narrativa 1.984 

"Mazurca para dous mortos" toma o seu título dun asasinato e unha vinganza, sucesos que non son senón dous puntos de referencia no vasto fío condutor da obra, que se erixe nun extenso retablo dunhas vidas sinaladas pola sexualidade, a barbarie e a violencia física, baixo a recurrencia cíclica de temas que, como a choiva ou o eixo de carro, aluden á continuidade inmutable do tempo.

O soporte principal da novela é o finísimo e infalible oído de Camilo José Cela, o seu sentido da sonoridad (no armonioso tanto como no estridente e terrible) e da rotunda música verbal, que impón cada pasaxe como unha realidade irrefutable en virtude da súa contundencia expresiva.

A guerra civil, irrompendo en primeiro plano no centro do libro, sitúa nunha perspectiva histórica este recitativo dunha mestría técnica e expresiva indeclinable, que chega ao máximo refinamiento e á maxia tribal desde unha estética que non elude enfrontarse ao fatal ou bárbaro.

"Mazurca para dous mortos", que obtivo o Premio Nacional de Literatura 1984, é unha das obras mestras do seu autor e xa actualmente un clásico maior da literatura de todos os tempos na nosa lingua.

Camilo José Cela recibiu, entre outros, os seguintes premios:


ISBN: 978-84-453-2584-1
Nº de páxinas: 306
Encadernación: Tapa dura


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger