sábado, 20 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021 - CONMEMORACIÓN DO 184 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO


O próximo mércores día 24 de febreiro, é unha nova xornada para celebrar e festexar outro ano máis á nosa poeta nacional, ROSALÍA DE CASTRO no 184 aniversario do seu nacemento.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

O seu relato é entender desde a perspectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe... á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

Máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

BiblioPazos adhírese a esta homenaxe á autora a través desta nova no blog e da actividade "BUSCANDO A ROSALÍA" un espectáculo de narración oral con monicreques para nenas e nenos que levará a cabo a actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS o próximo mércores día 24 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e na que participarán os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

VAMOS BEBENDO

—Teño tres pitas brancas
E un galo negro,
Que han de poñer bos ovos,
Andand'o tempo.
Y hei de vende-los caros
Po-lo Ẍaneiro,
Y hei de ẍuntá-los cartos
Para un mantelo,
Y heino de levar posto
No casamento,
Y hei...
—Pois mira, Marica,
Vai por un neto
E'antramentas non quitas
Eses cerellos,
Y as pitas van medrando
C'o galo negro,
Para poñé-los ovos,
E todo aquelo
Do ẍaneiro, d'os cartos,
Y o casamento,
Miña prenda da yalma
¡Vamos bebendo!

—Un verdadeiro amor é grande e santo,
D'os encantos encanto,
Y é doce... doce antr'as dozuras todas.
—Seica por eso tanto
Tras d'un'has y outras modas,
Dalle por empachar, anque ben sabe.
—¿Por mais qu'acabe en bodas?...
—Anqu'en bodas acabe;
Pois coma todo doce, miña vida,
Y esta é cousa sabida,
Coma que queima ó fogo,
Canto mais com'un d'el, repuna logo.

—Non cantes, non chores, non rias, non fales,
Nin entres, nin sallas sin m'o perguntare.
¡Válate San Pedro, con tanto gardarme!
—Pois de qu'asi sea, nena, non t'asañes,
Que cantes, que chores, que rias, que fales...
¡Can pasa n'un tempo meniña, diranche.
Rosalía de Castro "FOLLAS NOVAS"
(Poema extraído do Capítulo III "VARIA" da edición electrónica realizada pola "Asociación Cultural La Baragaña" a partir da primeira edición da obra publicada en 1880, que "La Ilustración Gallega y Asturiana" e "La Propaganda Literaria", publicaron en Madrid e La Habana. Esta edición respeta escrupulosamente a ortografía do orixinal)

De seguido unhas imaxes coas portadas dalgunhas obras de/e sobre a autora que temos en BiblioPazos a disposición dos lectores e usuarios. Podedes localizalas no catálogo da biblioteca ou preguntar ao persoal da biblioteca.

Sumámonos tamén á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que propón desde o 2010 á cidadanía que neste día agasalle un libro en galego e unha flor.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021

Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto… miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.

E ti dis que aquele. Que calme. Disque teño que buscar o xeito de atoparlle fondo e fin a esta noite que me asombra sen día, que en todo está i que é todo. E dis, sacha no campo, malla na eira, lava no río, vai apañar toxiños secos antr’o pinar. Queda na casa, pecha os postigos, foxe da xente, descansa ren, pensa naquelas, nas devanceiras que por ti porfiaron perante a inxusta lei.

Que hoxe son elas quen piden vida, e levas no bico a súa voz. O seu acto. O seu sangue. A súa forza. O seu sentir. O país enteiro cabe nun ferrado de terra de Ortoño, Padrón, Compostela, Bastavales, Muxía, Moaña, Londres, Berlín … todas esas voces nosas que se espallan na diáspora do país e do mundo, que desexan volver a este mar, a esta Galicia á que ti lle cantabas ás beiras de cada río que mirabas como o Sar.

Non habías ficar silente. Non te habían calar. Na túa liberdade hoxe serían os teus poemas os que definisen a nova normalidade, se tal cousa pode ser. Aínda hoxe saberías dar forma a como sentimos e encarnala no poema. Aínda hoxe andarías a escribir artigos nos xornais ou na procura da crítica social a un sistema abusivo. A nós, que permanecemos nesta terra, só nos queda ser e alzar a voz de Rosalía de Castro. Reivindicarte, traerte, engarzarte na gorxa e que se impregne dos teus ritmos avanzados e visionarios para reconstruír o futuro dun pobo.

Neste momento de incerteza, pode ser a ciencia a que nos faga pensar que todo cambio parte dun punto de partida da ruptura do equilibrio. Sexa entón unha oportunidade. Sexa o día do teu aniversario a primeira canción, a esperanza, a resiliencia toda. Sexa o día do teu aniversario o día no que Dios santo premita qu’aquestes cantares d’alivio vos sirvan nos vosos pesares.

Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos fire coma cen saetas. Non precisamos máis, só mirar. Quen mira a obra de Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a creadora do pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra para loitar contra a inxustiza e para crear un país sublime. Ser Rosalía é ollar cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar.

Ás miñas costas as palabras que me falaron de ti, Rosalía. Da túa multiplicidade poética, dos teus cantos de independencia e liberdade, do país debuxado na túa mente que respira ventos de liberdade, da fiestra aberta que redefine a historia na que contan as mulleres, que é contada polas mulleres, do manifesto do poema en vixencia do século XIX ao XXI do errar polo mundo das galegas e galegos todos. Manifestos de quen falou antes de min e falou ben, manifestos aos que me uno na pregaria, miña santiña, de que hoxe e sempre atopes acubillo no noso cantar.

Miña santasa, meniña gaiteira, cantadora do mar, necesidade do rexurdimento unha vez máis desta nación túa na procura constante da xustiza. Heiche de dar os pendentes por que me deixes bailar.

Te-lo teo, rapaciña.

Teño, santa, non o nego.

Teño o teo de seguir ergueita, cara adiante, na túa lembranza e no teu camiño. Na forza da túa modernidade, na forza da defensa das que nos precisan. Na construción da identidade. No cantar que nos libera, consolo dos mares, alivio das penas. No baile. Na voz.

No xeito de nunca nós calar. Así hoxe no teu aniversario, habémoste cantar, Rosalía.

Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.



Anna R. Figueiredo
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#rdc_2021 #TeusDocesCantares


VIDAS CON ALMA

VIDAS CON ALMA
18 testimonios e historias de vida
Autora: Inés Martínez Ribas
Obra Social "La Caixa"

Xénero: Literatura en Castellano - Narrativa

Este libro reúne dieciocho historias ejemplares. Son relatos vitales, crudos en algunos de sus pasajes, cálidos en otros. Nos hablan de la dignificación del ser humano, del acompañamiento en el duelo, de la entereza de las personas, del amor al prójimo, de la capacidad de transcendencia...

En su conjunto, constituyen un homenaje a los verdaderos protagonistas de este programa: las personas con enfermedades avanzadas. Y también conforman un legado para sus familiares, a la par que una sincera expresión de agradecimiento a los profesionales implicados.

Juntos, ellos y nosotros, nos esforzamos para que la vida siga siendo vida hasta el último instante.

Donación Fundación Filomena Rivera Alonso

Nº de páginas: 134
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 23 cm

O MUNDO MÁXICO DE LÍA

O MUNDO MÁXICO DE LÍA
Autor: Eduardo Santiago
Ilustrador: Marcos Calo
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar.

Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra.

Lía non ten medo, é unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto á súa nai, aínda que sexa o malvado líder dos homes rata.

ISBN: 978-84-9121-694-0
Nº de páxinas: 128
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

venres, 19 de febreiro de 2021

CANTOS DE AMOR

CANTOS DE AMOR
Autor: Xosé Neira Vilas
Ilustracións: Špela Trobec
Edicións Embora

Xénero: Literatura en Galego - Poesía

Dez poemas orixinais e inéditos de Xosé Neira Vilas, musicados por seis compositores contemporáneos e gravados nun CD con piano e voz.

ISBN: 978-84-17824-17-4
Nº de páxinas: 16
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 18,5 cm

A FORMIGA DESTEMIDA

A FORMIGA DESTEMIDA
Autora: María Reimóndez
Ilustrador: Iván Sende
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.

Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar... Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como contan? 

Sen temor ao descoñecido, está disposta a descubrilo por ela mesma. Unha fábula sobre a ansia de coñecemento e sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

ISBN: 978-84-9121-635-3
Nº de páxinas: 96
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

xoves, 18 de febreiro de 2021

ESCA

ESCA
Autor: Antonio Piñeiro
Edicións Embora
Colección: O Globo

Xénero: Literatura en Galego - Novela

PREMIO DE NOVELA XOSÉ NEIRA VILAS 2019

O Grove, 1929. A tempada de verán toca ao seu fin. Un grupo de rapaces asiste a un suceso que alterou o descanso dos ricos veraneantes na vila. Un achado e unha rebuldaina veñen da parte do Gran Hotel da Toxa. Don Sadurní, rendeiro e investidor catalán, observa canda eles o acontecer.

A tarde e o rutineiro lecer do balneario van entrando nunha espiral de tensión, mentres se agarda pola chegada dunha autoridade de Santiago de Compostela. Algo pende, sobre a atmosfera do lugar, que semella tamén ter que ver coas follas do xornal que o rendeiro non deixa de suxeitar.

Só ao descubrir a orixe do achado Don Sadurní acada a revelación do que está a piques de suceder: algo que mudará de sócato a súa vida, a dos raparigos do Grove e mesmo a Historia do Mundo.

ISBN: 978-84-17824-25-9
Nº de páxinas: 122
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

VAMPIRA DE BIBLIOTECA

VAMPIRA DE BIBLIOTECA
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Víctor Rivas
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo.

Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin.

Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?

ISBN: 978-84-9121-651-3
Nº de páxinas: 152
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

mércores, 17 de febreiro de 2021

CUANDO NEPAL TEMBLÓ

CUANDO NEPAL TEMBLÓ
Autor: VV.AA.
Editorial Kolima Books
Colección: Crónicas del mundo

Género: Literatura en castellano - Narrativa / Historia

Edición a beneficio de los damnificados del terremoto de Nepal 2015

“Una recopilación de testimonios impresionantes sobre una de las mayores tragedias humanas de nuestra era” 

Un libro que recoge los testimonios de varios supervivientes del terremoto que arrasó buena parte de Nepal el pasado 25 de abril de 2015. Relatos donde la destrucción, el desconcierto, el dolor y la pérdida desembocan en un rayo de esperanza.

Un punto de reunión de voces y miradas dispares sobre un mismo suceso, experiencias distintas vividas en un mismo país a una misma fatídica hora. Un racimo de reflexiones sobre lo que supone sobrevivir a un desastre natural y cómo vivir algo así te cambia para siempre.

Donación de la Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela

ISBN: 978-84-163643-0-5
Nº de páginas: 238
Formato: 14 x 22 cm
Encuadernación: Tapa blanda

CONEXIÓN MACARRÓN

CONEXIÓN MACARRÓN
Autora: Ledicia Costas
Ilustradora: Laura Suárez
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +7 anos

A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar.

Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas.

Estaba claro que non era un "Expósito", era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?

ISBN: 978-84-9121-588-2
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

martes, 16 de febreiro de 2021

NOVA REAPERTURA DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PAZOS DE BORBÉN.


O Diario Oficial de Galicia Núm. 30-Bis, do luns 15 de febreiro, fixa as condicións para a reapertura, a partir de mañá mércores día 17 de Febreiro, e en todo o territorio galego, de Bibliotecas e Auditorios, entre outros establecementos.

Bibliotecas:
  • Obrigatorio o uso da máscara en todo momento.
  • Poderán realizarse actividades presenciais sen superar o 30 por cento da capacidade máxima permitida.
  • Poderán realizarse actividades culturais cun máximo de ata 4 persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal.
Auditorios:
  • Non superar o 30 por cento da ocupación máxima permitida.
  • Límite de 250 persoas en lugares pechados e 500 ao aire libre.
  • Procurar a distancia interpersoal de seguridade de 1,5M nas catro direccións, excepto conviventes.
  • Planificación de accesos e distribución de asistentes para evitar aglomeracións. 
  • Uso obrigatorio de máscara en todo momento.
  • Tarefas de ventilación indicadas.
  • Rexistro de asistentes e custodia do mesmo ata un mes despois do evento.
  • Intensificar a limpeza e a desinfección.
Así que volvemos a abrir a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos e tamén comezaremos de novo a realizar actividades culturais e educativas no Auditorio do Concello das que vos iremos dando conta proximamente.

Queremos reforzar o contacto e a atención cos usuarios a través da liña telefónica, do correo electrónico e de internet, para seguir prestando os nosos servizos o mellor posible e seguir orientando cunha atención personalizada con outros medios que non sexan, exclusivamente, físicos.

Adoptamos todas as normas de seguridade e hixiene en vigor e seguirá sendo obrigado o seu cumprimento:
  • Uso de máscara en todo o edificio.
  • Na entrada desinfección de mans co xel hidroalcohólico.
  • Respectar a distancia de seguridade de 1,50 metros.
  • Atención individualizada aos usuarios. 
  • Acompañamento de menores de 14 anos.
  • Etc..
Os servizos que imos a atender son os de PRÉSTAMO e DEVOLUCIÓN de materiais seguindo vixentes as normas de sempre (número de exemplares, prazos...).

A DEVOLUCIÓN do material podedes facela sen presa para evitar aglomeracións durante todo o horario de apertura da biblioteca, e depositar o material para devolver nas caixas que estarán habilitadas na entrada do edificio. Todos os exemplares devoltos serán illados e sometidos a unha cuarentena durante 7 días para eliminar calquera posibilidade de infección.

Para o PRÉSTAMO RECOMENDAMOS que veñades cos títulos seleccionados da casa para axilizar o servizo e evitar o contacto o máximo posible. Así que animámosvos a pensar con antelación os libros que queirades levar en préstamo e que podedes consultar no CATÁLOGO DA BIBLIOTECA na internet na seguinte páxina web:



Tamén podedes facer a consulta por teléfono ao número 986497273 ou enviar un e-mail á dirección de correo electrónico da biblioteca: biblioteca@pazosdeborben.org cos libros que vos interesa solicitar o préstamo. Volos reservaremos para que veñades a buscalos na data que acordemos.

Para evitar a propagación do virus e contaxios a manipulación previa dos exemplares deberá ser mínima e por parte do persoal da biblioteca para que teñades a seguridade de que CALQUERA EXEMPLAR QUE LEVEDES DA BIBLIOTECA ESTARÁ LIMPO E DESINFECTADO.

  • A biblioteca é un lugar seguro. A limpeza e desinfección realízase diariamente para que as instalacións estean en condicións óptimas.
  • As persoas usuarias deberán respectar en todo momento as normas hixiénicas e sanitarias en vigor, e as indicacións do persoal da biblioteca.
  • Para acceder á biblioteca é obrigatorio o uso de máscara; a desinfección de mans co xel hidroalcohólico disposto na entrada; e gardar a distancia mínima de seguridade de 1,50 m.
  • Soamente se permite unha persoa por quenda de atención excepto no caso de menores de 14 anos que deberán vir acompañados dun adulto responsable en todo momento.
  • No caso de que haxa varias persoas para ser atendidas, deberán esperar a súa quenda na entrada do edificio formando unha fila única respectando a distancia de seguridade de 1,5 m., e evitar aglomeracións de persoas nas instalacións.
  • NON ESTÁ PERMITIDO utilizar os ordenadores.
  • Para as DEVOLUCIÓNS depositade os documentos na zona indicada para elo. Os exemplares devoltos serán illados e almacenados por lotes nunha sala pechada, e someteranse a unha corentena de 7 días para garantir a súa desinfección total.
  • O persoal bibliotecario está formado e informado sobre as normas hixiénicas e sanitarias necesarias, e velará polo seu cumprimento.
ESPERÁMOSVOS DE NOVO EN BIBLIOPAZOS

LA BUENA SUERTE

LA BUENA SUERTE
Claves de la prosperidad
Autores: Álex Rovira y Fernando Trías de Bes
Editorial Zenith

Género: Literatura en Castellano - Autoayuda

Hace mucho tiempo, en un reino lejano, Merlín convocó a todos los caballeros y les dijo: "He sabido que, en el Bosque Encantado, en un plazo de siete noches, nacerá el Trébol Mágico. Es un trébol de cuatro hojas único que proporcionará a quien lo posea una suerte ilimitada." Pero los caballeros saben que encontrar un minúsculo trébol en un bosque tan extenso será como buscar una aguja en un pajar. ¿Quién aceptará el reto?

Así comienza la leyenda de La buena suerte, un libro extraordinariamente inspirador y positivo: una fábula mediante la cual se desvelan las claves de la Buena Suerte y la prosperidad.

Su mensaje sobre la capacidad de las personas para labrar su propio destino es más vigente que nunca, y su sencilla pero poderosa filosofía resuena en lectores de todas las edades y culturas.

Donación Fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-08-22242-2
Nº de páginas: 128
Formato: 14,5 x 21 cm
Encuadernación: Tapa blanda

MARIÑA E O BALÓN

MARIÑA E O BALÓN
Autor: Pere Tobaruela
Ilustrador: Pablo Rosendo
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +7 anos

Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo.

Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este problema coa axuda das súas amigas.

ISBN: 978-84-9121-631-5
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

luns, 15 de febreiro de 2021

CÓMO HACER QUE TE PASEN COSAS BUENAS

 
CÓMO HACER QUE TE PASEN COSAS BUENAS
Autor: Marian Rojas Estapé
Editorial Espasa

Género: Filosofía - Psicología

Descubre el libro que ya ha ayudado a más de 35.000 personas

"Las cosas buenas precisan un plan"

Uniendo el punto de vista científico, psicológico y humano, la autora nos ofrece una reflexión profunda, salpicada de útiles consejos y con vocación eminentemente didáctica, acerca de la aplicación de nuestras propias capacidades al empeño de procurarnos una existencia plena y feliz: conocer y optimizar determinadas zonas del cerebro, fijar metas y objetivos en la vida, ejercitar la voluntad, poner en marcha la inteligencia emocional, desarrollar la asertividad, evitar el exceso de autocrítica y autoexigencia, reivindicar el papel del optimismo…

Donación Fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-670-5330-2
Nº de páginas: 231
Formato: 12 x 19 cm
Encuadernación: Tapa blanda

CANDO SOA A BUGUINA

CANDO SOA A BUGUINA
Autor: X. H. Rivadulla Corcón
Ilustradora: Viki Berre
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa familia. 

O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela. Pero unha tarde o pai de Carme non volve. O seu barco perdeuse no mar.

ISBN: 978-84-9121-686-5
Nº de páxinas: 128
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

domingo, 14 de febreiro de 2021

TODO SE PUEDE ENTRENAR

TODO SE PUEDE ENTRENAR
Autor: Toni Nadal Homar
Alienta Editorial

Género: Bellas Artes - Deporte

“Los valores que nos han inspirado a nosotros, también te pueden ayudar a ti.” - Rafa Nadal
Cómo se forja a un campeón.

Rafa Nadal se ha convertido en un referente dentro del mundo del deporte no sólo por su éxito espectacular, sino también por la encarnación de una serie de valores que trascienden lo deportivo.

Toni Nadal, su entrenador desde la infancia, ha logrado convertirse en modelo de una manera de trabajar y de enfocar las relaciones profesionales que, a pesar de su sencillez, resulta profundamente revolucionaria.

En Todo se puede entrenar hace un repaso a todos los principios que inspiran su exitoso método, comenzando por una tajante defensa de la formación del carácter frente a la formación técnica como pilar indispensable del triunfo.

Saber competir –en cualquier ámbito– exige no sólo, o no principalmente, poseer una serie de conocimientos en la materia correspondiente y desarrollar destrezas con virtuosismo, sino sobre todo, tener la fortaleza emocional necesaria para afrontar las situaciones de presión y ser capaz de revertir procesos adversos.

Donación Fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-16253-08-01
Nº de páginas: 207
Formato: 12 x 19 cm
Encuadernación: Tapa blanda

A PROBA DE AUGA

A PROBA DE AUGA
Texto e ilustracións: Anémona de Río (Aldara Álvarez García)
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galego - Cómic

Idade recomendada: +9 anos

I Premio de banda deseñada O Garaxe Hermético.
Un cómic de contidos científicos sobre os virus e as vacinas

Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido.

Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.

ISBN: 978-84-9121-673-5
Nº de páxinas: 96
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger