NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos Literarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos Literarios. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de decembro de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO "III CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

O pasado venres 17 de decembro deste pandémico ano de 2021 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén a entrega de premios do III CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén no que participaron 67 escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Presidiu o acto o Sr. Alcalde D. Andrés Iglesias Rodríguez e estiveron presentes a Concelleira de Ensino Blanca Mª Míguez Martínez; a Concelleira delegada da Biblioteca Mª Dolores Santoro Couñago que actuaba tamén como Presidenta do Xurado e os membros do mesmo Uxía Porritt Lueiro, Ana Mª Vázquez Facchini, Carmen Conde Gaute, Manuel González Pastoriza e José Manuel Soto Virulegio.

Todos os participantes non premiados foron agasallados cun diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro.

Tamén se entregou un lote de libros a cada aula do colexio que presentara máis dun participante ao certame.

Aos premiados con accésits se lles entregou un diploma acreditativo do premio e dous libros.

Os galardoados co 1º premio recibiron un diploma acreditativo do seu premio, e os premios que figuran nas bases: un libro electrónico e un lote de seis libros; e os 2º premios recibiron un diploma acreditativo e un lote de seis libros.

Os escolares premiados nesta III edición do Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén foron os seguintes:

CATEGORÍA A: 1º e 2º de PRIMARIA

Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título de "A PRECIOSA CLASE" e o pseudónimo de "CATIA" de NOA FRAGUEIRO DOMÍNGUEZ, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título de "NO SAMAÍN" e o pseudónimo de “IMPOSTOR” de MARTÍN BAO GARRIDO, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

O xurado considerou premiar con accésits nesta categoría aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “O CERVO” e o pseudónimo de “SONIC” da autoría de ASIER DA SILVA JUAN, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

CATEGORÍA B: 3º e 4º de PRIMARIA:


Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “UNHA NOITE DE SAMAÍN” e o pseudónimo de “DELFINA 2015” de DANIELA COUÑAGO RODRÍGUEZ, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “A BIBLIOTECA ENCANTADA” e o pseudónimo de “POLICÁN” de XAIRO TOUCEDO COUÑAGO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.

O xurado considerou premiar con accésits nesta categoría sos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “A NOITE DE SAMAÍN” e o pseudónimo de “MIKU” de MIREIA LAGO OTERO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “DOUS OSOS RECÉN NACIDOS E A BRUXA MARÍA” e o pseudónimo de “ESTRELLA 235” de NOA CERNADAS EIJO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.

CATEGORÍA C: 5º e 6º de PRIMARIA:


Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O ATRAPA ALMAS” e o pseudónimo de “F.N.F.” de IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “UNHA NOITE ENTRE AS BESTAS” e o pseudónimo de “SR. MIYAGI 980” de CARLOTA PINTADO ALONSO, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

O xurado considerou premiar con accésits aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “OUIJA” e o pseudónimo de “ARAY” de YARA PAZO MARTÍNEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “XEIN EN PERIGO” e o pseudónimo de “MALIA” de ÁNXELA DIMINGUEZ ÁLVAREZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “AMIGAS ATA O FIN” e o pseudónimo de “LÚA” de MELISA BOUZA MÍGUEZ, de 10 anos, estudante de 5º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “UNHA HISTORIA FICTICIA PERO DA REALIDADE” e o pseudónimo de “FEDERICA” de ALBA ANDRÉS MÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “UNHA ÚLTIMA AVENTURA” e o pseudónimo de “MONOCARPIO” de LUCAS CASTRO MAESTÚ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

CATEGORÍA D: 1º e 2º de ESO:


Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “A CASA NA QUE NON DEBERÍAMOS ENTRAR” e o pseudónimo de “EREA” de ALOIA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “O CASO DAS CATRO RAPAZAS” e o pseudónimo de “MEGAN MILLER” de PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

O xurado considerou premiar con accésit aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “O MONTE DE CORES DE BRANCA” e o pseudónimo de “BRANCA” de ALDARA BUJÁN COMESAÑA, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

Dende o Concello de Pazos de Borbén e a Biblioteca Pública Municipal - BiblioPazos queremos agradecer á Deputación Provincial de Pontevedra a súa colaboración e patrocinio para poder levar a cabo este certame.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

martes, 31 de marzo de 2020

CONCURSO "UN POEMA NA TÚA VOZ"

Este ano, como en anos anteriores, e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), convoca un novo concurso literario, nesta ocasión co fin de incentivar a lectura do xénero poético en galego entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, GÁLIX quere animarvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e que gravedes as súas lecturas.

Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso


"UN POEMA NA TÚA VOZ"

Velaquí a proposta de GALIX para pasar unha corentena en familia:

  • Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
  • Escollede un poema tradicional ou de autor.
  • Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).
  • Mandade o arquivo a galix@galix.org
Lembrade poñer os datos do poema!!
  • Título.
  • Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
  • Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
  • Editorial, se está publicado.
Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
  • Nome e apelidos:
  • Ano de nacemento:
  • Curso escolar:
IMPORTANTE!!!
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
  • Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
  • Enderezo.
  • Teléfono.
  • Correo electrónico de contacto.
 Acceso ás bases modificadas: 
Axúdade a difundir esta nova co portelo:
#Euficonacasa
#Euleonacasa
#concursoDILI


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Fonte da información: GÁLIX

mércores, 12 de febreiro de 2020

"FUNERAL INESPERADO" - Accésit da categoría E: 3º e 4º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da categoría E: 3º e 4º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato galardoado cun accésit na categoría E: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019).

"FUNERAL INESPERADO" de LUCÍA ACUÑA AMIL - 14 anos - 3º de ESO.
O meu nome é Cristina, e dende sempre fun unha persoa tíma, aínda que extremadamente curiosa. Dende que era cativa gústanme os libros e as películas de terror, pero nunca pensei que a miña vida se convertería nunha delas.
Cando tiña catorce anos mudeime cos meus pais a unha casa moi preto do bosque. A min non me gustaba, pero aos meus pais encantoulles porque era un lugar moi tranquilo; aos poucos días de instalarnos, empezáronme a pasar cousas moi estrañas naquela casa: escoitaba un sons estraños que viñan do corredor e parecían dicir o meu nome, espertábame tódolos días as 3:33 da mañá...
A cada día que pasaba atopábamepeor naquela casa e o que menos me gustaba, é que os meus pais non crían nada do que lles dicía; pasaron os días e todo ía moi mal, non só non paraban de pasarme fenómenos estraños, senón que agora tamén estaba moi mal fisicamente.
Levantábame cunha dor moi forte de cabeza, e sangrábame moito o nariz, sen ningunha razón aparente, cada día que pasaba, atopábame con menos forzas, os meus pais leváronme en varias ocasións ao médico, pero non atoparon ningunha causa ao meu malestar; a situación non melloraba, seguía escoitando as voces do corredor tódalas noites, pero non só iso, había varias sombras que parecían seguirme, algunhas das miñas cousas parecían cambiar de sitio, e o peor, os últimos días encontrara unhas pegadas con sangue en dirección ao meu cuarto e cando ía a ensinarllas a miña nai, parecían desaparecer.
Unha noite de tormenta espertei com ode costume ás 3:33, pero esta vez notei que había algo mirándome fixamente, eran uns ollos vermellos como as pegadas que aparecían no cuarto días atrás. esa figura comezou a camiñar na miña dirección e nese momento comecei a gritar con todas as miñas forzas, pero parecía que ninguén podía escoitarme. De súpeto, esa figura desapareceu e naquel momento unha especia de po entroume na gorxa. Comecei a tusir pero un gran cansanzo se apoderou de min e quedei durmida ao instante.
A mañá seguinte todo parecía normal, ate que no almorzo me embargou unha sensación enorme de ira cando os meus pais entraron á cociña. Non entendía o porque desta rabia, pero a miña mente só pensaba nunha cousa: facerlles dano a eles. Sentíame moi mal porque non era capaz de quitar da miña cabeza eses pensamentos.
Co paso das horas todo parecía ir a peor. Tiña unha sensación rara, de pesadez e non podía deixar de pensar no acontecido a noite anterior. Que era aquel ser? E aquela especie de po que inhalei? Non entendía nada, decicín volver á miña habitación en canto terminei de almorzar. Necesitaba descansar un pouco a cabeza; espertei de súpeto á hora de comer e, como se algúen me empurrara, levanteime de maneira automática e fun ao baño. Era unha sensación horrible, porque non era capaz de controlar os meus movementos; non baño collín uns medicamentos que tiña a miña nai e que supostamente eran para poder durmir. Metín o bote no peto e fun ata a cociña. Alí os meus pais estaban rematando de facer a comida, e en canto a mimña nai me mirou, mandoume poñer a mesa; cando rematei de poñela, o meu pai serviu o viño nas copas, e eu como acto reflexo, aproveitando que o meu pai volvera á cociña, boteilles nas copas unhas gotas do medicamento que collera no baño. A comida transcorreu con moi pouca normalidade, os meus pais comezaron a sentir mal despois de beber uns poucos tragos, e ao pouco tempo comezaron a marearse de maneira forte. Aos poucos minutos desmaiaran no chan; aproveitei que estaban inconscientes e ateinos de mans e pés cunhas cordas que atopara uns días antes na casa.
Despois fun ata o garaxe, collín unha pa e cavei dous grandes buracos, facía todo impulsada por unha forza sobrenatural e a miña mente non era capaz de procesar todo o que o meu corpo estaba facendo.
Por iso, fun capaz de arrastrar ós meus pais ata os seus buracos; daquela fun incapaz de parar, incluso cando os meus pais espertaron metidos naquel buraco. E tampouco fun capaz de determe cando, mentres eles intentaban quitar as cordas, empecei a botarlles terra por riba, enterrándoos vivos. Cando rematei de facelo, senteime esgotada na herba e nese instante sentín como aquela sensación de pesadez que levaba sentindo días e días íase, e pouco a pouco voltei a ter control dos meus actos, pero pouco puiden facer cando mirei as dúas tumbas dos meus pais.
Esta historia cóntovola dende o hospital psiquiátrico, que é onde estou agora despois de que os veciños me atoparan intentando desenterrar os meus pais.
FIN.

martes, 11 de febreiro de 2020

"VAIA COINCIDENCIA" - Accésit da categoría E: 3º e 4º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da categoría D: 3º e 4º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato premiado cun accésit da categoría E: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019).

"VAIA COINCIDENCIA" de PAULA FERNÁNDEZ CAMIÑA - 14 anos - 3º de ESO.

Situámonos no ano 1999. Daquela aínda vivían os meus avós, e os meus pais e mais eu acabáramos de mudarnos a súa casa para coidalos. Se cadra xa se lles ía un pouco a cabeza.
Para a mudanza transportamos unha chea de caixas en camións que nos deixaban todo no baixo dos avós. Estivemos dúas semanas dun lado para o outro acarrexando cousas. Acabamos rebentados, e aínda por riba meu pai andaba todo enfurruñado porque perdera a súa navalla da sorte, unha que lle trouxera seu tío de Suíza. Estaba insoportable e, sabendo como é meu pai, custaríalle esquecerse dela.
Unha vez que acabamos de transportar todo, acomodámonos na "nova casa" e axudámoslle en todo aos avós. Cada noite miña nai dáballe aos avós un vaso de leite con bica e deitábaos ás 10:00. Meu pai e mais eu aínda quedabamos un ratiño máis no sofá a ver a tele, pero non ata moi tarde, porque ao día seguinte había que madrugar.
Nos primeiros meses todo foi ben, ata que unha noite meu avó comezou a dicir que escoitaba o son dun paxaro que proviña do garaxe e quería ir a espantalo. Nós pensamos que toleara, xa que non se escoitaba nada, pero el insistía e insistía en que tiña que botalo fóra de alí. Miña nai estaba desesperada, xa non sabía como facer para deitalo. E o peor non era iso. O peor era que o avó escoitaba ao paxaro tódalas noites e baixaba ao garaxe a ver se o topaba, pero como era de esperar, non había nada.
Isto sucedeu durante moito tempo ata un día. Era unha tarde na que quedara cos meus amigos na praza da vila, pero meus pais non me podían levar, porque o coche estaba no taller a aranxar. Entón decidín ir na bicicleta. Só había un problema: a miña bici quedara na antiga casa e non había outra que usar a vella do meu pai. Si, a típica bicicleta que hai en todas as casas. Esa que está gardada no fondo do garaxe, xusto entre as tellas que sobraron de cando fixeron o tellado novo e o moble coas ferramentas vellas dos nosos avós. Xusto esa.
Pois ben, andei revolvendo entre toda a trapallada que había alí metida e topei a bici. Estaba toda chea de po e coas rodas desinchadas, pero servíame ben para o que ía facer. Total, que agarrei a bicicleta polo guiador e ao sacala para fóra escoitei un ruidiño moi agudo. Levantei un pouco a roda traseira para ver o que era e...
A que non sabedes o que alí se atopaba? Só vos digo unha cousa, meu pai poríase supercontento cando llo dixera.
FIN.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger