DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015
CONCURSO DE SELFIES
“Nós lemos, e ti?”
Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso
“Nós lemos, e ti?”
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" sámase a esta iniciativa e convoca aos seus usuarios/as, lectores/as e veciños a participar neste interesante concurso de SELFIES.
Para participar debes recoller o Boletín de Participación na Biblioteca e/ou nas oficinas da Oficina Municil de Información Xuvenil do Concello (OMIX), cumprimentalo e entregalo xunto coa Selfie coa que queiras participar.
O prazo para entregar as Selfies en BIBLIOPAZOS remata o día 20 de marzo ás 14:00 horas.
Para máis información podes dirixirte a BIBLIOPAZOS:
BASES DA OEPLI PARA PARTICIPAR NO CONCURSO:
1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
2. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
3. Escoller un libro cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
4. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.
5. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:
GÁLIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org OEPLI.
concursodiainternaconal@oepli.org
6. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:
◦ Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
◦ Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)
◦ Superlectores (1º e 2º de Secundaria).
Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
7. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións de OEPLI.
8. O fallo do Premio terá lugar no mes de xuño e a entrega dos premios será nas sedes de cada unha das seccións da OEPLI.
9. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez rematado o concurso. A OEPLI poderá empregar as selfies gañadoras en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que este feito dea dereito a retribución algunha para os concursantes. Será imprescindible enviar a correspondente autorización dos pais/titores para a súa reprodución e difusión na páxina web e facebook da Organización.
10. A simple presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.
VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!