Autor: Andrea Maceiras
Ilustracións: Antonio Seijas
1ª edición, decembro 2014
Xénero: Narrativa infantil
Idade recomendada: + 8 anos
Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2014)
Ser un libro é marabilloso. Agás
cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os
personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes
ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que
súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei
que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas
páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas.
Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a
Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego.
Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei
soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de
min a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino.
Por iso che pido, miña querida Sherezade, que non marches, que agora sexas ti quen me escoite.
Porque pode que esta sexa a miña última historia.
ISBN: 978-84-9995-144-7
Nº de páxinas: 136
Encadernación: cartoné
Formato: 9 x 13 cm