sábado, 5 de maio de 2018

GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO


GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
Autora: María Victoria Moreno
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil Galega- Narrativa 

Unha novela chea de contrastes, na que a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ao axexo dalgúns personaxes que por alí roldan.

Escrita coa pulcritude estilística e o rigor construtivo que caracterizan a literatura da autora de Anagnórise, esta novela prescinde das convencións máis rutineiras da narrativa xuvenil e convídanos a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súa última e verdadeira xustificación.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-9151-071-0
Nº de páxinas: 145
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


O CAN QUE VIU A DEUS


O CAN QUE VIU A DEUS
Autor: Dino Buzzati

Tradución: Xavier Rodríguez Baixeras
Edicións do Cumio, S.A.
Colección Gaivota


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


O escritor italiano Buzzati acheganos quince contos onde as características dos seu estilo se nos ofrecen coa habelencia que só percibimos nos auténticos clásicos.

A harmónica combinación do marabilloso e da fantasía, enretécese con mestría no detalle mínimo cotián que todos coñecemos: a morte, o amor, a envexa, a ledicia, o odio... sempre se nos aparecen deseñados por algún elemento máxico e inesperado que vén dotar de sentido a nosa existencia.

ISBN: 84-87126-57-X
Nº de páxinas: 166
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

venres, 4 de maio de 2018

MAR ADIANTE


MAR ADIANTE
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Manolo Uhía
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Xosé Luís explicáballes que as cousas cativas - os cartos, os leiros e mesmo os barcos - son propiedade das persoas, e que as persoas, aínda que teñan moitos cartos, moitos leiros ou moitos barcos, non deixan de ser pobres no seu corazón. 

Explicáballes tamén que as cousas máis fermosas - as estralas, o cheirume da terra, o rechouchío dos páxaros - son ceibas, non son de ninguén e, por iso, son a ledicia e maila riqueza de todos.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-9914-007-0
Nº de páxinas: 83
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm


AS QUE MÁIS MOLAN!!!


AS QUE MÁIS MOLAN!!!
Autor: María Fumaça
Ilustracións: P. Pastor
Editorial Galaxia, S.A.
Colección  Sonárbore 

Xénero: Infantil- Belas Artes- Música

Idade Recomendada: A partir de 4 anos 

Estamos de festa, cumprimos 5 anos de viaxe enchendo vagóns de amizade e de alegría, pero tamén de convivencia e integración do diferente.

O noso maquinista Ruí e toda a familia María Fumaça celebrámolo reunidos un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás vosas favoritas.

As que máis molan é a nosa maneira de demostrarvos o moito que vos queremos. Témosvos sempre no noso corazón.

Boa Viaxe!!!

ISBN: 978-84-9121-101-4
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 15 cm
                            

xoves, 3 de maio de 2018

VERSO E PROSA


VERSO E PROSA
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Iñaki Pérez
Edita: Xunta de Galicia
Colección Andel

Xénero: Literatura - Teoría e Técnica

"Monsieur Jourdain, protagonista de O burgués xentilhome , despois dun afortunado ascenso social, quere manter unha relación amorosa cunha dona de alto rango. Verbo da declaración que pretende facerlle, fala deste xeito co seu Mestre de Filosofía"...  

Así comeza esta obra coa análise dunha obra teatral do século XVII  e o análise tanto de obras póeticas e narrativas de diferentes estilos sempre contanto co bo humor...

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lla adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:84-453-0211-6
Nº de páxinas: 81
Encadernación: Tapa branda
Formato: 11 x 19 cm


A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
Autor: Marilar Aleixandre

Ilustraccións: Fran Jaraba
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


Premio Merlín 1994

Estamos no século XIX en plena expedición ó Pacífico e coa polémica entre o darwinismo e o creacionismo.

O coñecemento dunha flora e dunha fauna descoñecidas, os países exóticos, os perigos, o xogo amoroso, a navegación mariña e sobre todo a viaxe interior de Emilia, a protagonista que leva a madurar ó longo da aventura e volver convertida nunha persoa diferente.

ISBN: 84-7507-862-1
Nº de páxinas: 183
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm


mércores, 2 de maio de 2018

AS LINGUAS DE ESPAÑA


AS LINGUAS DE ESPAÑA
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Francisco Mantecón
Edita: Xunta de Galicia
Colección Andel

Xénero: Lingüística

Un repaso pola etimoloxía das nosas verbas máis recurridas en diferentes linguas autonómicas e nacionais : Castelán, Euskera, Galego e Catalán. 

Tamén repasaremos curiosidades de onde proceden palabras antigas e o seu significado.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:84-453-0206-X
Nº de páxinas: 68
Encadernación: Tapa branda
Formato: 11 x 19 cm


SALITRE

SALITRE
Autor: Jaureguizar
Ilustración: John Van Schilt
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Eduardo, antes de ir ó chiringuito que atendía o seu pai, gustaba percorrer na súa Rieju o quilómetro de area da praia de Llas. Asumira a obriga de botarlle unha man ó vello cando enviuvara hai seis anos.

Os clientes da baiuca están preocupados pola aparición tódalas noites dos golfiños, que veñen atraídos por un surfista descoñecido

Mentres os rapaces se divirten, a indignación dos pescadores vai en aumento e chega ó extremos da violencia.

ISBN:84-8302-480-2
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


martes, 1 de maio de 2018

O AMOR E AS PALABRAS


O AMOR E AS PALABRAS
Autora: María Victoria Moreno
Limiar: Xavier Senín
Ilustracións: José Ángel Ares
Urco Editora 

Xénero:  Literatura Xuvenil Galega - Narrativa 

Dentro do conxunto da obra literaria de María Victoria Moreno, unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo e tamén pioneira en introducir protagonistas femeninas, existen unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos. 

Grazas ao coidado que a familia da autora puxo na custodia da súa obra, e ao atento traballo de Xavier Senín, gran parte deses contos mais un inédito que gardaba no seu ordenador, un dos últimos que escribiu, vén agora a luz neste libro.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-16121-93-9
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm



Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O 17 de maio de cada ano celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega –Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano “DIA DAS LETRAS GALEGAS” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”, cada ano, nesa data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

Nese ano (1963) celebrábase o centenario da publicación do libro “CANTARES GALLEGOS” de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero.

Foi instituída como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque “CANTARES GALLEGOS” foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, preme AQUÍ.

Neste ano 2018 a autora homenaxeada é a escritora


Profesora de ensino secundario, escritora, tradutora, libreira e editora, Mª Victoria Moreno (Valencia de Alcántara-Cáceres, 1939-Pontevedra, 2005) é a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia da celebración do Día das Letras Galegas.

Nacida nun Concello limítrofe con Portugal, estudou o bacharelato en Barcelona e Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Románica, na Universidade Complutense de Madrid. Alí coñeceu a José Luís Llácer, invidente, con quen casou ao finalizaren a carreira e co que se trasladou a Pontevedra en 1963, por ser el contratado no Colexio da ONCE. En Pontevedra viviu máis de corenta anos, até a súa morte en 2005 pois, aínda que deu clase dous anos en Lugo e catro en Vilalonga, a súa casa sempre estivo nesta vila. Podería ser máis acaído dicir que era máis segoviana ca estremeña, aínda que tamén viviu sete anos cruciais da adolescencia en Barcelona ou cinco en Madrid antes de se instalar en Galicia. Á fin, debemos darlle a razón cando afirmaba ser galega: é a terra onde viviu máis tempo e sobre todo a terra e a lingua con que se identificou.

Dende que chegou a Galicia en 1963 axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as letras da comunidade tanto na narrativa como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas, e destacou pola súa contribución á literatura infantil e xuvenil.

Ensinou a toda unha xeración de mozos e mozas a amar a vida, a literatura, e a levar adiante os proxectos máis fermosos. E sempre dende unha visión comprometida, divertida e apaixonada. 

Para saber máis sobre MARIA VICTORIA MORENO, fai clic AQUÍ. 

Obras de Mª VICTORIA MORENO en BiblioPazos:

  • As linguas de España
  • Verso e prosa
  • Mar adiante
  • ¿Un cachiño de bica?
  • Anagnórise
  • A brétema
  • Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas (VV.AA)
  • Guedellas de seda e liño
  • A festa no faiado
  • Eu conto, ti cantas
  • O Cataventos
  • Elexías de luz
  • Diario da luz e a sombra
  • Leonardo e os fontaneiros
  • Onde o aire non era brisa
  • amor e as palabras
  • ¿E haberá tirón de orellas? 


Obras sobre Mª VICTORIA MORENO en BIBLIOPAZOS:

  • María Victoria Moreno – Eli Ríos – Colección "Mulleres bravas da nosa historia" - Urco editora
  • María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito – Fina Casalderrey / Marilar Aleixandre – Xerais
  • A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida – Montse Pena Presas / Iria Pena – Editorial Galaxia
  • Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno - Joanna Lorenzo Montero / Tania solla - Lela Edicións.
  • María Victoria Moreno. Sementadora de futuro - Isabel Soto / Xavier Senín - Xerais 



luns, 30 de abril de 2018

O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS

 

O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS
Autor: Iago López
Ilustración: Macus Romero
Edicións Xerais de Galicia S.A

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade Recomendada: A partir de 5 anos

Hoxe celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta....

As cenorias desapareceron!

Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue ao festexo.

ISBN: 978-84-9121-301-7
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20x 23 cm
                            

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger