sábado, 20 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - 3ª e última sesión - Día Internacional do Teatro



O Venres día 26 de Marzo, ás 13:00 horas teremos a 3º e última sesión do espectáculo "A HORA MÁXICA" na que participarán os alumnos de 4º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e coa que rematamos neste mes de marzo de pandemia do ano 2021 as conmemoracións do 
 DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

Neste espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom varios magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.

Con "A HORA MÁXICA" promovese a cultura segura xa que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc.

Un espectáculo divertido, participativo, máxico, ilusionante, sorprendente e, sobre todo, seguro.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!

BASI E OS SEUS AMIGOS

BASI E OS SEUS AMIGOS
Autor: Julia Rivada Arias
Ilustracións: Victor Rodríguez Romero
Belagua Ediciones

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Un basilisco máxico, respectuoso, decidido e diferente, chamado Basi, protagoniza esta historia que fala da integración, do amor á diferencia e do respecto polo que cada un é.

Un libro que amosa que os problemas poden disolverse con boas intencións e determinación e no que a empatía é a palabra clave.

ISBN: 978-84-949517-1-8
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 29 cm

venres, 19 de marzo de 2021

PEPITA ES ESPECIAL

PEPITA ES ESPECIAL
Autor: Fabiola Arroyo
Ilustraciones: Irene G. Lenguas
Editorial Beascoa

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +4 años

Pepita es especial. Papá y mamá siempre nos lo han explicado. Pero yo creo que lo que pasa es que tiene algo especial. No me refiero a ese cromosoma que no se ve, sino a su forma de querernos y a su manera de hacernos sonreír.

¡Ojalá todo el mundo la viese como la vemos Juan y yo: igual que nosotros, pero con un toque especial!

Esta es la historia de Pepita, una niña muy especial.

Donación Fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-488-5168-2
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 26 x 26 cm

xoves, 18 de marzo de 2021

"XOGUEMOS A POETIZAR" con Miguel Angel Alonso Díz para conmemorar o Día Mundial da Poesía


Seguimos cos eventos do mes de marzo cun Obradoiro de Poesía para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo de cada ano.

O obradoiro "XOGUEMOS A POETIZAR" terá lugar o Martes 23 de Marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado polo escritor galego nacido en Madrid, residente en Vigo, e con raíces en Moscoso (Pazos de Borbén) MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Neste obradoiro a través da poesía introduciranse diversos temas con perspectiva de xénero como a igualdade ou o acoso escolar, entre outros. A través da creación poética do propio alumnado e da análise de letras de cancións, e versos de poetas, sobre todo de Galicia, trabállanse dun xeito transversal os temas antes expostos. 

Traballo individual e en grupo co soporte de vídeos, cancións e imaxes e dunha forma eminentemente práctica ensinar diferentes camiños na creación dun poema.

A pretensión deste obradoiro é acadar os seguintes obxectivos: educar nos valores de igualdade, diversidade e respecto aos demais; fomentar a creatividade; asociar a aprendizaxe ao xogo; traballar vocabulario na nosa lingua; pór en valor a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; fomentar a lectura de poesía e o uso da imaxinación; e dotar ao alumnado de novas ferramentas que lles permitan ver a realidade dun xeito diferente. 

Están convidados a esta actividade os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos cos seus mestres.

O MENHIR DE OURO

O MENHIR DE OURO
Autor: René Goscinny
Ilustración: Albert Uderzo
Tradución: Xavier Senín, Alejandro Tobar e Isabel Soto
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galego - Cómic 

Idade recomendada: +9 anos

Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!».

Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro!

Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa...

Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!

Prolongade a experiencia do Menhir de Ouro coa súa versión sonora! Voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as asombrosas aventuras de Astérix e Obélix e descubrir por fin os terribles rechouchíos do bardo Asegurancetúrix.

ISBN: 978-84-8121-777-0
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 28,80 x 22 cm

mércores, 17 de marzo de 2021

EXTRA!



EXTRA!
Autor: Paco Nogueiras
Ilustracións: Marc Taeger
Editorial Kalandraka

Xénero: Infantil - Belas Artes - Música con CD

Idade recomendada: +3 anos

A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!

ISBN: 978-84-1343-051-5
Nº de páxinas: 45
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16 cm

martes, 16 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - 2ª Sesión - Día Internacional do Teatro


Xoves 18 de Marzo ás 13:00 horas teremos a 2ª sesión do espectáculo "A HORA MÁXICA" na que participarán os alumnos de 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Con esta actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén -  BiblioPazos para este mes de marzo de pandemia do 2021 queremos seguir conmemorando o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia. Desta forma promovese a cultura segura na que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo os requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.

En definitiva, un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!


OS BOLECHAS COCIÑAN PEIXE FRESCO DO PORTO DE VIGO

 
OS BOLECHAS COCIÑAN PEIXE FRESCO DO PORTO DE VIGO
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: Os bolechas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Os Bolechas, as curmás Sarela e Ying, e o curmá Kofi fan cadansúa receita con peixe fresco do porto de Vigo

ISBN: 978-84-18176-21-0
Nº de páxinas: 24
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

luns, 15 de marzo de 2021

UN MUNDO PARA MARUXA

UN MUNDO PARA MARUXA
Autor: Estefanía Padullés
Belagua Ediciones y Comunicación
Colección: Buguina

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Unha mañá, o barco pesqueiro do pai de Iria trae ao porto a Maruxa, unha londra que ten que ser atendida no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre. 

Iria descubrirá entón o perigo dos plásticos para os animais mariños e o seu impacto medioambiental nos océanos, polo que porá en marcha un plan para salvar o planeta. 

Como vai cambiar a vida de Iria a partir dese intre? Poderá conseguir o que se propoña?

ISBN: 978-84-121433-0-0
Nº de páxinas: 80
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 24 cm

domingo, 14 de marzo de 2021

ATLAS DA GALICIA PEQUENIÑA

ATLAS DA GALICIA PEQUENIÑA
Autores: Cesar Cerqueliños e Jorge Campos
Aira Editorial

Xénero: Infantil - Xeografía

Idade recomendada: +7 anos

Premio da Gala do Libro 2017
Finalista do Premio da Gala do Libro Galego ao Libro Mellor Editado do 2019

Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos…

Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo, desenvolvido con mestría por César Cequeliños e por Jorge Campos.

ISBN: 978-84-947807-9-0
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger