sábado, 5 de novembro de 2016

CONTACONTOS "DADÁ O DUENDE"

https://www.dropbox.com/s/30mdm2n3ei9ntn7/2016-11-09%20EDUVIA%20-%20CONTACONTOS%20DADA%20O%20DUENDE%20CARTEL%20Foto33.jpg?dl=0

Grazas á sinatura do convenio entre a Fundación Filomena Rivero Alonso e o Concello de Pazos de Borbén organizáronse diversas actividades de animación á lectura que terán lugar no último trimestre deste ano 2016 na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”.

A primeira delas é o próximo Mércores, día 26 de outubro, ás 13:00 horas, a contadora de historias Patricia Martínez de EDUVIA ofrecerá o seu espectáculo “Contacontos Dadá o Duende”, unha sesión chea de contos amenos adaptados ás idades dos asistentes que lles irá relatando un duende chamado “Dadá” co obxectivo de fomentar o hábito lector, á vez que se tratan valores como a igualdade e a convivencia.

Participarán nesta actividade uns 50 alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos

VEN ÁS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!

 

O HIMNO GALEGO. Documentos históricos 1890-1907


O HIMNO GALEGO
Documentos históricos 1890-1907
Autor: Manuel Ferreiro
Edita: Universidade da Coruña, Universida de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela
Colabora: Real Academia Galega. Arquivo

Xénero: Belas Artes - Música - Documentos históricos

Os principais elementos da identidade nacional foron fixados na maioría das nacións europeas durante o século XIX. Así aparecen, ou se confirman, tamén en Galiza, a bandeira, o escudo e mais o himno, os tres símbolos a través dos cales unha nación proclama a súa identidade e soberanía (real ou desexada), revelando o seu pasado, o seu pensamento e a súa vontade de existencia e permanencia.

Todos os fondos reproducidos pertencen aos fondos da Real Academia Galega.

ISBN: 978-84-9749-271-3


venres, 4 de novembro de 2016

VISITA A EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA "MAURICE SENDAK" EN BIBLIOPAZOS ata o día 9 de decembro de 2016

Segue aberta ao público a Exposición Bibliográfica "Maurice Sendak" que a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) ten organizado en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.

O día 9 de novembro, Mércores, ás 11:00 horas da mañá está prevista a visita de escolares á Exposición bibliográfica “Maurice Sendak”, que realizarán os alumnos de 1º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos cos que se levará a cabo un obradoiro dedicado á obra do autor homenaxeado na exposición.

VEN VISITALA!
Horario de visitas:
Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Sábados de 09:00 a 13:00 horas


Exposición Bibliográfica
Maurice Sendak
3 - Outubro / 9 - Decembro - 2016

A Fundación Filomena Rivero Alonso xunto coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS", co fin de promover o hábito da lectura, inauguran o vindeiro luns día 3 de outubro unha Exposición bibliográfica sobre o autor Maurice Sendak, encadrada dentro do convenio asinado entre ámbalas dúas institucións.

Esta actividade que ten como fin incentivar a lectura entre os nenos independentemente dos recursos familiares, e así contribuír á formación integral da persoa, durará ata o venres 9 de decembro, e componse dunha exposición e de lecturas complementarias a través de material que a propia Fundación por medio da Biblioteca Pública de Pazos de Borbén pon a disposición dos educadores.

A partir da atractiva obra de diferentes autores, os nenos poderán iniciarse no mundo da lectura collendo así hábitos saudables e deste modo desenvolver o potencial cognitivo e o sentido crítico, principais beneficios da lectura. 

O calendario de exposicións entre as dúas institucións comeza coa obra de Maurice Sendak, soada por “Onde viven os monstros”, libro editado en USA con gran éxito e que marcou unha traxectoria chea de premios e recoñecementos a nivel mundial.

A mostra componse de paneis explicativos, tratando a vida e obra do autor, así como vitrinas nas que se exhiben edicións dos libros publicados e obxectos relacionados coas historias que se contan nos mesmos. 

O autor:
MAURICE SENDAK 
Brooklyn, Nova York (EEUU), 1928; Connecticut (EEUU), 2012 

Dende 1951 produciu máis de 90 libros infantís, unha traxectoria que o levou a recibir en 1970 o Premio Andersen e o Premio Laura Ingalls Wilder en 1983. 

En 1996 o Goberno dos Estados Unidos entregoulle a Medalla Nacional das Artes e en 2003 concedéronlle o Premio Internacional Astrid Lindgren de Literatura Infantil, xunto coa autora austríaca Christine Nöstlinger. 

Fillo de inmigrantes xudeus de orixe polaca, Sendak estudou pintura e debuxo no Art Students League de Nova York. Conseguiu o seu primeiro emprego como ilustrador para All América Comics e en 1951 comezou a traballar como ilustrador para a editorial Harper and Brothers. 

Impulsou unha auténtica revolución no panorama literario infantil polas ideas, a forma e o contido dos seus libros. A crítica especializada calificábao como "un dos homes máis influíntes dos Estados Unidos, porque darlle forma á fantasía de millóns de nenos é unha terrible responsabilidade”.

O XARDÍN DE IRENE


O XARDÍN DE IRENE
Autor: Xosé Neiras Vilas
Ilustracións: Leandro Lamas                
Edicións Embora, 2015
Colección: Fardel dos soños
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +5 anos

"O xardín de Irene"  é un poemario con protagonista infantil. Irene, que ten un xardín que coida con agarimo. 

Nos poemas de Neira Vilas, magnífica e coloridamente ilustrados por Leandro Lamas, pasean o sol e a luz, coa súa influencia sobre as prantas, a chuvia –imprescindible–, as flores e os paxaros ... e sobre todo o respecto á natureza. Un canto á beleza dos espazos naturais e ao coidado da terra.

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 978-84-92644-95-7
Nº de páxinas:32
Encadernación: Tapa dura


xoves, 3 de novembro de 2016

1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL PAROLEIROS CON RETRANCA - "FALAR POR FALAR"

MAÑÁ EMPEZAMOS

CO

 1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL 
PAROLEIROS CON RETRANCA 
"FALAR POR FALAR" 

-NOVEMBRO 2016-

dolos Venres
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén 

https://www.dropbox.com/s/sa9joff0vs40mgh/2016-11%20Todo%20%C3%A9%20Parola3.jpg?dl=0

O Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral durante tódolos venres do mes de novembro con varias actuacións a cargo dalgúns dos mellores contadores de historias de Galicia, unha actividade patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. 

Paula Carballeira, Santi Prego, Celso Fdez. Sanmartín e Charo Pita son os escollidos para esta 1ª edición coa que se pretende homenaxear ás nosas tradicións a través de historias contadas oralmente que farán que a imaxinación de mozos e adultos viaxe a través dos contos de sempre que nos contaban os nosos antergos: lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de erotismo, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.

A inauguración deste 1º CICLO será o día 4 de novembro ás 20:00 horas co espectáculo "Os contos que non me contaron", un feixe de contos de todo o mundo que aínda non escoitaches, e que agora terás a oportunidade de facelo da boca de Paula Carballeira.

O 11 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Santi Prego con "O teatro maís pequeno do mundo" ofreceranos un repertorio de contos e historias con participación, contos literarios e contos tradicionais galegos, cunha forma de contar moi visual do narrador, algúns toques de maxia, poesía e comicidade sutil.

O día 18 de novembro ás 13:00 horas teremos con nos a Celso Fdez. Sanmartín co seu espectáculo "Contos que non falten", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais.

Para pechar o 1º Ciclo de Tradición Oral, o día 25 de novembro ás 20:00 horas Charo Pita ofrecerános unha serie de relatos de tradición oral e da súa propia autoría co espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte". A ollada, o silencio e, como non?, a palabra son os protagonistas destas historias que van dende a creación do mundo ata a morte perfilada dende o seu lado máis tenro, máis cómico, máis vital, máis erótico.

Actividades patrocinadas pola


ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!

CEN CHAVES DE SOMBRA


CEN CHAVES DE SOMBRA
Autor: Valentín Paz Andrade
Limiar: Lorenzo Varela
Ilustracións: Laxeiro
Ediciós do Castro, 1979
Colección: Poesía

Xénero: Clásicos da Literatura Galega - Poesía

O verso branco, decasílabo, entremeado de hexasílabos, fai vibrar por toda a poesía un estusiasmo heroico, altivo e confiante. E, aemáis, o tipo de versificación máis usado pol-o poeta, esquema clásico de que supo tirar bos efeitos e cuios logros, en materia de ritmo, merecían unha individuación máis precisa, que no cabe n-istas liñas. O mismo brio épico no poema Rústicas nais, no que se ergue as mulleres galegas o munumento que lles é debido, pol-a sua coraxe, abnegación e fecundidade, as grandes "arquiveiras da esencia de unha raza", como lles chama con xusta admiración o Autor.

En conclusión: éste libro e un breviario de patriotismo galego, no bo sentido da palabra, composto por un home de madurecida experiencia, que cré no seu povo e nas suas empresas do porvir. Canta a sua xente n-unha linguaxe rica, forte e ben timbrada, onde están por igual ausentes o artificio e a banalidade.
M. RODRIGUEZ LAPA
(Anaco de crítica de "Sementeira do Vento", tambén
obra de Valentin Paz-Andrade, publicada na
 Colección Salnés, Galaxia, Vigo, 1968)

ISBN: 84-7492-007-8
Nº de páxinas: 139
Encadernación: Tapa branda


mércores, 2 de novembro de 2016

TRACA-TRACO


TRACA-TRACO
Autor: Paco Rivas
Ilustrador: Alfonso Otero Regal
Edicións Cumio S.A., 2015

Género: Música - Libro - disco

Edad recomendada: +4 anos 

TRACA-TRACO, 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo é "un Libro moral": os versos do poeta ennobrecen ó emisor (papá, mamá, avó...) e sitúan ós receptores - miudiños na arte de vivir- nun universo limpo, mol, morno, tenro, engaiolante..., universo construído sabiamente sobre as deliciosas trabes de ouro dun vocabulario poético que Paco Rivas coñece e administra con man de meigo...

O libro é ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.

Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).

CONTIDO:
- CD audio
24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo
 -Pista de datos
Karaokes
Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI
Outras versións con karaoke
Aplicación lectora de partituras
Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades


ISBN: 978-84-8289-492-8
Nº de páginas:72
Encuadernación: Tapa dura

EL FUGITIVO


EL FUGITIVO
Autor: J.M. Dillard (Seudónimo de Jeanne Kalogridis)
Traducción: Camila Batlles
RBA Proyectos Editoriales, 1994
Edición especial para La Voz de Galicia
Colección: Cine para leer

Género: Narrativa en castellano - Novela negra, intriga, terror

El doctor Richard Kimble es juzgado por el asesinato de su esposa, y condenado a morir por inyección letal.

Él sabe que es inocente y cuando se le presenta la oportunidad de escapar, no duda en aprovecharla. Se convierte así en un fugitivo de la ley, siempre en busca del verdadero asesino, un hombre manco en cuya existencia nadie cree.

Samuel Gerard, un policía obsesionado por su trabajo, se encargará de darle caza...

ISBN: 978-84-473-0699-2
Nº de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda


martes, 1 de novembro de 2016

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO

O pasado mes de abril a Presidenta da Fundación Filomena Rivero Alonso Dª Gracia María Regojo Bacardí e o Alcalde do concello de Pazos de Borbén D. Andrés Iglesias Rodríguez asinaban un convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións co obxecto de desenrolar conxuntamente actividades de carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos. 
Grazas á sinatura deste convenio organizáronse diversas actividades de animación á lectura que terán lugar no último trimestre deste ano 2016 na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”:
https://www.dropbox.com/s/03l6g5e8wcyh6n2/CARTEL%20EXPOSICI%C3%93N%20SENDAK1.jpg?dl=0
-Do 3 de outubro ao 9 de decembro de 2016, EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA “MAURICE SENDAK” que poderá ser visitada gratuitamente no horario de apertura habitual da biblioteca.

-O Día 9 de novembro, Mércores, ás 11:00 horas da mañá está prevista a primeira visita de escolares á Exposición bibliográfica “Maurice Sendak”, que realizarán os alumnos de 1º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos cos que se levará a cabo un obradoiro dedicado á obra do autor homenaxeado na exposición.

https://www.dropbox.com/s/3rl2domj5xx8io7/2016-10-26%20EDUVIA%20-%20CONTACONTOS%20DADA%20O%20DUENDE%20CARTEL%20Foto33.jpg?dl=0-O Día 9 de novembro, Mércores, ás 13:00 horas, a contadora de historias Patricia Martínez de EDUVIA ofrecerá o seu espectáculo “Contacontos Dadá o Duende”, unha sesión chea de contos amenos adaptados ás idades dos asistentes que lles irá relatando un duende chamado “Dadá” co obxectivo de fomentar o hábito lector, á vez que se tratan valores como a igualdade e a convivencia. Participarán nesta actividade uns 50 alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

-O Día 10 de Novembro, Xoves, a partir das 11:00 horas, Ana Romero Porto “NITA” traerá o seu espectáculo “A ciencia é divertida” para conmemorar a Semana Internacional da Ciencia e a Paz - Día Mundial da Ciencia que se celebra en todo o mundo ese mesmo día.

En dúas sesións, a primeira de 11:00 a 12:00 horas acudirán os rapaces de 1º de primaria, e de 12:30 a 13:30 os escolares de 2º de primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos. 35 nenos e nenas gozando dos contos e da ciencia. 

Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar!

-O Día 19 de Decembro, Luns, a partir das 13:00 horas, GENMA PARDO, Gema, gemola a contadora de contos que máis mola, ofreceranos o seu espectáculo “Zampulladas: come de todo menos trapalladas” co que celebraremos a declaración pola Asemblea Xeral da ONU do ano 2016 como “Ano internacional das legumes”, e na que se designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para que facilite a celebración deste evento co que se propón sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.

Asistirán uns 48 nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Nestas actividades está prevista a participación de máis de 150 escolares de tódalas idades.

INFORMACIÓN
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
biblioteca@pazosdeborben.org
Horario: 09:00 a 14:00 horas
 

PRANTO MATRICIAL


PRANTO MATRICIAL
Autor: Valentín Paz Andrade
Versión portuguesa: Guillerme de Almeida
Versión éuscaro: Gabriel Aresti
Versión catalana: Francesc Vallverdú
Versión castelán: María de Villarino
Ediciós do Castro, 1975

Edición pentalíngüe no 25 cabodano de Castelao

Xénero: Poesía

Pranto matricial é un poemario de Valentín Paz-Andrade, escrito en 1954 e publicado en 1955 por Ediciones Galicia do "Centro Gallego" de Bos Aires.

A obra ten seis poemas: "O que todo galego choraría", "Door da paisaxe", "A terra e os sinos", "Alá lonxe...", "Teu destiño" e "Cando ti volvas..." e está adicada a Castelao, ao que Paz-Andrade chama Daniel, que morrera cinco anos antes en Bos Aires.

Foi reeditado por Ediciós do Castro (3ª edición), Sada, en 1975, en edición pentalíngüe, co gallo do 25º cabodano de Castelao, cun limiar de Rafael Dieste e a tradución do poemario ao portugués (Guillerme de Almeida), éuscaro (Gabriel Aresti), catalán (Francesc Vallverdú) e castelán (María de Villarino), ocupando 100 páxinas.

Desta volta a portada vai a cargo de Xosé Díaz, e no interior conten un gravado dun retrato de Castelao por Carlos Maside, parecido ao debuxo da primeira edición, e catro ilustracións de Arturo Souto, unha delas xa incluída na primeira edición.

ISBN:84-85134-04-4
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda

luns, 31 de outubro de 2016

OBRADOIRO-CONTACONTOS "A CIENCIA É DIVERTIDA"



Continuamos coas actividades de animación á lectura que teñen lugar neste último trimestre do ano 2016 na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”, grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Fundación Filomena Rivero Alonso e o Concello de Pazos de Borbén.

A seguinte delas delas é o día 10 de Novembro, Xoves, a partir das 11:00 horas, Ana Romero Porto “NITA” traerá o seu obradoiro-contacontos “A ciencia é divertida” para conmemorar a Semana Internacional da Ciencia e a Paz - Día Mundial da Ciencia que se celebra en todo o mundo ese mesmo día.

En dúas sesións, a primeira de 11:00 a 12:00 horas acudirán os rapaces de 1º de primaria, e de 12:30 a 13:30 horas os escolares de 2º de primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, 35 nenos e nenas gozando dos contos e da ciencia. 

Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo.

Deixémoslles experimentar! 
 
VEN ÁS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!

AS COUSAS QUE IMPORTAN


AS COUSAS QUE IMPORTAN         
Autor: El Primo Ramón

Editorial: Bululú, 2015


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
 

Idade recomendada: +8 anos
 

Este é un libro de valores dos valores que as experiencias e ensinos da infancia imprimen en nós para acompañarnos toda a vida. Así nolo mostra o protagonista neste diario que iniciou con desgana e hoxe, cando o repasa, comprende que "nunha manchea de páxinas en branco cabe todo o universo".

Apreciar os tesouros próximos e cotiáns, o verdadeiro significado da valentía, a recompensa de compartir... son os valores que o noso protagonista lémbranos cunha entrañable mestura de ironía e melancolía.
 

ISBN: 978-84-942917-5-3
Nº de páxinas:48
Encuadernación: Tapa dura

NO SIN MI HIJA


NO SIN MI HIJA
Autores: Betty Mahmoody y William Hoffer
Traducción: R.M.B.
RBA Proyectos Editoriales, 1994
Ediciión especial para La Voz de Galicia
Colección: Cine para leer

Género: Narrativa en castellano - Biografías - Memorias

Éste es el testimonio de una historia real

Una mujer norteamericana y su marido, un médico iraní mahometano, van con su hija de vacaciones a Teherán poco después del triunfo de Jomeini. El marido decide quedarse en el país y pretende obligar a su mujer a quedarse también o a aceptar separarse definitamente de la hija de ambos.

Relato de la larga y difícil peripecia de la autora y su hija para salir de Irán. La obra es también una exposición sobrecogedora de la situación de las mujeres iraníes.

El libro inspiró la película del mismo título dirigida por Brian Gilbert y protagonizada por Sally Field.

ISBN: 978-84-473-0696-8
Nº de páginas: 416
Encuadernación: Tapa blanda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger