sábado, 29 de agosto de 2020

CONTA NOVE ESTRELAS


CONTA NOVE ESTRELAS
Autor: Andrea Maceiras
Ilustradora Paula Mayor
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma.

Desde o Observatorio Interestelar, os Vixiantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, maila o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela.

Esta arriscada decisión vaina levar a emprender unha incrible aventura xunto co seu irmán Udai, durante a cal desafiarán os límites do universo coñecido. Porque, como diría o avó Acasi, un sol nunca será idéntico a outor sol, pero a súa luz é igual de necesaria. Porque todos provimos dun mesmo, único e primeiro latexo.

ISBN: 978-84-9121-527-1
Nº de páxinas: 162
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

venres, 28 de agosto de 2020

¿DE VERDAD ES ESTO NECESARIO?


¿DE VERDAD ES ESTO NECESARIO?
Autor: ADICAE
Ilustrador: Carlos Pérez Aznar
Edita: ADICAE

Género: Literatura Juvenil en Castellano - Cómic

Reducir los desperdicios, reutilizarlos y reciclar los excedentes, son las grandes tareas que tenemos pendientes como sociedad, no solo a nivel individual y doméstico, también a nivel legislativo estatal, para conseguir así acercarnos a otros países europeos punteros en esta materia y así conducir a las grandes corporaciones agroalimentarias a cambiar su modelo respecto a este tema, ya que son ellas las que mayores cantidades de desechos y desperdicios generan, influyendo de manera notoria en el medio ambiente de forma global.

Por ello, desde ADICAE, con la realización de este cómic y de la mano del gran ilustrador e historietista Carlos Pérez Aznar, queremos concienciar e informar al conjunto de los consumidores de la importancia de mejorar en estos aspectos tan relevantes para nuestra vida diaria y para el medio ambiente desde un punto de vista ameno y divertido.

Nº de páginas: 30
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 30 cm

xoves, 27 de agosto de 2020

RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS


RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS
Autores: Fina Casalderrey, Montse Pena Presas, Marta Dacosta Alonso, Susana Sánchez Arins, Mercedes Queixas Zas, Antonio García Teijeiro, Eli Ríos e Carme Vidal Laxe
Edita: Sermos Galiza, SA

Xénero: Literatura Galega - Ensaio

Coordinado por Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez, secretaria e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), sae do prelo o segundo número de De Nós. Monografías con perspectiva galega, a nova cabeceira edita por Sermos Galiza, S.A. con motivo do inicio de 2018.

A través de oito textos, preténdese achegar unha idea de conxunto de quen foi María Victoria Moreno, explica Mercedes Queixas, quen sinala que o monográfico recompila un breve argumentario expositivo dun perfil humano e literario moi amplo, moi diverso e moi vizoso que pode axudar a entender a calquera persoa cales foron as razóns que levaron a Academia a decidir que o Día das Letras Galegas de 2018 se centrase no coñecemento e na recuperación da figura de María Victoria Moreno, a cuarta muller en 55 anos de historia do Dia das Letras Galegas.

A coordinadora deste volume pon de manifesto que esta é unha oportunidade histórica para recuperar unha voz da literatura galega que marcou moito o propio sistema literario e advirte de que quen a descobre por primeira vez percibe unha voz absolutamente en tempo presente, co cal se conclúe o seu carácter pioneiro, vangardista, adiantado do seu momento vital e de creación literaria. Unha muller culta que era coñecedora dos procesos de escritas e das inquedanzas culturais doutros países e que ela sempre intentaba importar para reactualizar conforme o noso propìo criterio para a literatura galega.

ISBN: 978-84-09-02583-2
Nº de páxinas: 78
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 30 cm

O BUZÓN DOS NENOS

 


O BUZÓN DOS NENOS
Autor: Úrsula Heinze
Ilustrador: Xosé M. Xiráldez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Bea, unha rapaza que se sente moi soa na súa escola, atopa casualmente unha nova amiga, Amaia. As dúas determinan crear un club e colocan nunha árbore un buzón para recoller as cartas dos nenos. Estas cartas son as que van dar pé ás aventuras das protagonistas.

ISBN: 847154-513-6
Nº de páxinas: 125
Formato: 12 cm x 19 cm
Encadernación: Tapa blanda

mércores, 26 de agosto de 2020

OS ECOS DO LUME


OS ECOS DO LUME
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Edita: Edicións Xerais de Galicia, Sa

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequena nunha mámoa, que en realidade é un acceso ao incrible mundo Introterrestre. E ísto é o principio.

Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos a Terra, e por que son odiados naquel mundo suberráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos de lume.

ISBN: 978-84-9121-503-5
Nº de páxinas: 131
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

martes, 25 de agosto de 2020

CÓMIC PARA UNA EDUCACIÓN FINANCIERA CRÍTICA


CÓMIC PARA UNA EDUCACIÓN FINANCIERA CRÍTICA
Autor: ADICAE
Ilustradores: Dani Gove, José Francisco Martínez "Jate" y Raúl Salazar
Edita: ADICAE

Género: Literatura Juvenil en Castellano - Cómic

Gestionar la paga, relacionarse con un banco, cómo se crea el dinero o pagar por el móvil, son algunos de los temas que se tratan en este cómic.

Sabemos que, en apariencia, las finanzas y el consumo son asuntos muy aburridos, aunque estén presentes en el día a día. También en el de los jóvenes.

Sin embargo, con estas historietas creadas por tres grandes del humor, queremos ofreceros una visión más divertida y amena para atraer vuestra atención.

Si os engancha este cómic, aprenderéis a ser consumidores responsables y a evitar las trampas de la economía.

Nº de páginas: 30
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 30 cm

luns, 24 de agosto de 2020

LA FAMILIA BENDECIDA


LA FAMILIA BENDECIDA
Autor: Victorio Zamora Martínez
Edita: Merlín Mermelada Ediciones

Género: Literatura en Castellano - Poesía

Nos encontramos ante la nueva edición de su segunda obra publicada, La familia bendecida, una obra de poesía libre, que vuela sujeta a una música vivaz, a una rima sin fronteras, al inusitado placer de un lenguaje literario que se hace espada y florete, para tirar lances a un corazón de emociones haciendo que flote y goce como el globo que juega, entre los dedos de los niños, a no caerse, a no bajar al suelo, a estar, entre risas y carcajadas, volando sin cesar.

A nadie dejan indiferentes estos poemas: emocionan, estremecen... En definitiva, remueven por dentro. Y como siempre recomienda el autor, disfrútenlos, sin prisas.

ISBN: 978-84-937602-4-3
Nº de páginas: 197
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 22 cm

domingo, 23 de agosto de 2020

VIAXEIROS: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS


VIAXEIROS: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Autor: Xulio Guitérrez
Ilustrador: Nicolás Fernández
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Neste título acompañaremos os animais que realizan as viaxes máis longas e arriscadas, por terra, mar e aire.

Uns levan a cabo travesías de miles de quilómetros atravesando continentes e océanos.

Outros fan viaxes curtas pero preñadas de perigos e vicisitudes.

Periplos asombrosos que poñen a proba a súa resistencia, determinación e capacidade de orientación.

ISBN: 978-84-16721-38-2
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 34,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger