NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Amizade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amizade. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de novembro de 2021

NATURIZO. LAZOS DE AMIZADE

NATURIZO. LAZOS DE AMIZADE
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Amelia é unha raposa que vive na serra de San Mamede. Gústalle pasear e durmir a sesta deitada á sombra dun carballo…, pero o que máis desexa é ter un amigo.

Conseguirao?

No caderno de actividades, incluído no libro, poderedes atopar diferentes actividades relacionadas ca amizade e a natureza. Actividades de comprensión, coloreables, recortables, manualidades e tamén a canción de Naturizo.

ISBN: 978-84-120058-8-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24 cm

mércores, 22 de setembro de 2021

ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR

ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR
Autor: Eoin McLaughlin
Ilustracións: Polly Dunbar
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío
Algar editorial

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Ourizo e Tartaruga non se poden abrazar, pero saben que se queren, porque hai moitos xeitos de demostralo... ata que nos poidamos abrazar!

ISBN: 978-84-9142-486-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm

martes, 11 de maio de 2021

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Na primavera nova vida nace na serra. Os lobetos de Lúa chea énchena de ledicia, ata que unha misteriosa desaparición require a axuda de Amelia.

Conseguirán resolvela?

ISBN: 978-84-120058-2-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

sábado, 8 de maio de 2021

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO
Texto e ilustracións: Lizzy Stewart
Tradución: Xabier M. Blanco
Editorial Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Matilda e o seu pai son MOI diferentes.

Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. Ela gosta do silencio e el é un tanto rebuldeiro.

Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda.

Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?

ISBN: 978-84-949231-7-3
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 31 cm

venres, 7 de maio de 2021

O ACUARIO

O ACUARIO
Autor: Joao Pedro Mésseder
Ilustracións: Célia Fernandes
Tradución: Anxo Tarrío
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos.

Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda...

Un conto ilustrado e de éxito ben coñecido entre os máis novos.

ISBN: 978-84-949843-6-5
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26,5 cm

martes, 10 de novembro de 2020

CHANO - David Otero

 

CHANO
Autor: David Otero
Ilustrador: Xosé M. Xiráldez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Chano é un rapaz con cuadrilla, co can Simbad incluido, que voa por cen espacios en mil tempos tan certos como incertos. Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas cos seus amigos polo barrio adiante.

Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os dias transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares.

Chano, tratando explicar a realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira. Chano e a súa cuadrilla, co can Simbad incluido, aínda que semallan disfrazarse, non ocultan nada, non precisan efectos especiais.

Ti mesmo, se queres acompañalos, non precisas cinto de seguridade. Non te preocupes, todo irá ben.

ISBN: 978-84-7154-781-3
Nº de páxinas: 109
Formato: 11,5 cm x 20,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

venres, 6 de novembro de 2020

ALÉN DA AVENTURA

ALÉN DA AVENTURA
Autor: Carlos Vila Sexto
Ilustrador: Roberto Vila Rodríguez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Este é un relato de aventuras no que se dosifican con moi bo criterio a realidade e a fantasía e que prende a atención do lector desde a primeira ata a derradeira páxina.

A gracia dos seus personaxes e diálogos, a construcción dos distintos episodios, as continuas alternativas da acción, a complicidade establecida entre narrador e lector, converten este libro no prometedor punto de partida dun escritor novo e sorprendente.

ISBN: 978-84-7154-921-2
Nº de páxinas: 112
Formato: 11,5 cm x 20,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

sábado, 31 de outubro de 2020

O GLOBO MÁXICO

O GLOBO MÁXICO
Autor: Andrés García Vilariño
Ilustrador: Fernando Sampil
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

-¿Queres este globo?
-Quero.
David colle o globo que lle ofrece o vello e deste xeito comeza unha aventura na que o globo vai ter un papel fundamental para solucionar os problemas que o seu amigo Adrián ten na casa.

ISBN: 978-84-7154-589-6
Nº de páxinas: 91
Formato: 12 cm x 19 cm
Encadernación: Tapa blanda

martes, 6 de outubro de 2020

AMIGOS EN TEMPO REAL


AMIGOS EN TEMPO REAL
Autor: Ramiro J. Álvarez
Ilustradora: Sandra Fernández Carmelo
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Antón e os seus amigos xogan na praza vermella que hai no seu barrio.

Ao outro lado do océano, en México, Gloria María non ten con quen xogar; unha noite entra nun chat de Internet e empeza a falar cun rapaz que lle cae simpático dende o primeiro momento. É Antón.

Antón non pode xogar coma os outros rapaces, pero conta cunha panda de amigos e amigas do mellor. Unha panda na que axiña Gloria encontrará un lugar moi especial.

ISBN: 978-84-9865-041-9
Nº de páxinas: 93
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 27 de agosto de 2020

O BUZÓN DOS NENOS

 


O BUZÓN DOS NENOS
Autor: Úrsula Heinze
Ilustrador: Xosé M. Xiráldez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Bea, unha rapaza que se sente moi soa na súa escola, atopa casualmente unha nova amiga, Amaia. As dúas determinan crear un club e colocan nunha árbore un buzón para recoller as cartas dos nenos. Estas cartas son as que van dar pé ás aventuras das protagonistas.

ISBN: 847154-513-6
Nº de páxinas: 125
Formato: 12 cm x 19 cm
Encadernación: Tapa blanda

venres, 29 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA


PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA
Autor: Astrid Lindgren
Ilustradora: Ingrid Vang Nyma
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Pippi fechou coidadosamente a porta de Vilapenela e pendurou a chave nun gancho. Logo levantou o cabalo en peso e baixouno da solaina por derradeira vez. O señor Nilsson xa estaba no seu ombro con aire de seriedade.

Parecía saber que estaba a pasar algo especial. En verdade, ía ser algo moi especial.

ISBN: 978-84-8464-423-1
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 24 cm

domingo, 10 de maio de 2020

COIDADO COA CHARCA!


COIDADO COA CHARCA!
Autor: José Carlos Román
Ilustrador: Emilio Urberuaga
Edita: Editorial Bululú, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Un, dous, tres... Plof! Que ocorreu na charca?

Unha mosca vai voando pensando nas súas cousas cando escoita unha chamada de socorro.

ISBN: 978-84-949549-3-1
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 21,5 cm

martes, 5 de maio de 2020

NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO


NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O canciño Marmelo aparece na serra un día de sol de outono. Treme de frío e estraña o seu fogar. Naturizo axudarao a atopar un novo.

Conseguirano?

ISBN: 978-84-947728-7-0
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

luns, 4 de maio de 2020

LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS


LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS
Autor: Beatriz Osés García
Ilustrador: Kike Ibáñez
Edita: Ediciones SM

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +8 años

El río, o la culebra, cruza el pequeño pueblo de Noaberri. Federico, el cartero, está a punto de perder su empleo. Iria, su nieta, tiene un plan para salvarlo. Pero don Isidoro, el alcalde, odia el río y también a Federico.

Mientras las cartas se están muriendo, todos ellos guardan un secreto... ¿Adivinas cuál?

ISBN: 978-84-9182-671-2
Nº de páginas: 117
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 24,5

domingo, 26 de abril de 2020

U LA LÚA?


U LA LÚA?
Autor: Celtia Figueiras
Ilustrador: Marcelo P. Fernández
Edita: Guindastre Edicións

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Libro ilustrado con letra ligada para favorecer a lectura en nenas e nenos coa historia da pequena Lúa.

Esta gatiña lévanos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

ISBN: 978-84-09-04755-0
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 21 cm

sábado, 25 de abril de 2020

HABÍA UNHA VEZ UN NENO


HABÍA UNHA VEZ UN NENO
Autor e ilustrador: Dub Leffler
Edita: Alvarellos Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Unha historia conmovedora e universal sobre a amizade, os desencontros e as reconciliacións. 

"Escribín Había unha vez un neno para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos (igual que as nenas) e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes triste."

ISBN: 978-84-16260-60-1
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura
Formato: 27 x 20,5 cm

domingo, 19 de abril de 2020

NATURIZO, UN PERIGO INESPERADO


NATURIZO, UN PERIGO INESPERADO
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A primavera transcorre con paz e tranquilidade, ata que un perigo descoñecido aparece na serra. Amelia precisa axuda e só Naturizo sabe como darlla.

¿Qué pasará?

ISBN: 978-84-945800-4-8
Nº de páxinas: 26
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger