O pasado venres 17 de decembro deste pandémico ano de 2021 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén a entrega de premios do III CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén no que participaron 67 escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Presidiu o acto o Sr. Alcalde D. Andrés Iglesias Rodríguez e estiveron presentes a Concelleira de Ensino Blanca Mª Míguez Martínez; a Concelleira delegada da Biblioteca Mª Dolores Santoro Couñago que actuaba tamén como Presidenta do Xurado e os membros do mesmo Uxía Porritt Lueiro, Ana Mª Vázquez Facchini, Carmen Conde Gaute, Manuel González Pastoriza e José Manuel Soto Virulegio.
Todos os participantes non premiados foron agasallados cun diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro.
Tamén se entregou un lote de libros a cada aula do colexio que presentara máis dun participante ao certame.
Aos premiados con accésits se lles entregou un diploma acreditativo do premio e dous libros.
Os galardoados co 1º premio recibiron un diploma acreditativo do seu premio, e os premios que figuran nas bases: un libro electrónico e un lote de seis libros; e os 2º premios recibiron un diploma acreditativo e un lote de seis libros.
Os escolares premiados nesta III edición do Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén foron os seguintes:
CATEGORÍA A: 1º e 2º de PRIMARIA
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título de "A PRECIOSA CLASE" e o pseudónimo de "CATIA" de NOA FRAGUEIRO DOMÍNGUEZ, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.
Segundo premio ao traballo presentado baixo o título de "NO SAMAÍN" e o pseudónimo de “IMPOSTOR” de MARTÍN BAO GARRIDO, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.
O xurado considerou premiar con accésits nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo presentado baixo o título “O CERVO” e o pseudónimo de “SONIC” da autoría de ASIER DA SILVA JUAN, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.
CATEGORÍA B: 3º e 4º de PRIMARIA:
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “UNHA NOITE DE SAMAÍN” e o pseudónimo de “DELFINA 2015” de DANIELA COUÑAGO RODRÍGUEZ, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “A BIBLIOTECA ENCANTADA” e o pseudónimo de “POLICÁN” de XAIRO TOUCEDO COUÑAGO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
O xurado considerou premiar con accésits nesta categoría sos traballos seguintes:
Traballo presentado baixo o título “A NOITE DE SAMAÍN” e o pseudónimo de “MIKU” de MIREIA LAGO OTERO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
Traballo presentado baixo o título “DOUS OSOS RECÉN NACIDOS E A BRUXA MARÍA” e o pseudónimo de “ESTRELLA 235” de NOA CERNADAS EIJO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
CATEGORÍA C: 5º e 6º de PRIMARIA:
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O ATRAPA ALMAS” e o pseudónimo de “F.N.F.” de IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “UNHA NOITE ENTRE AS BESTAS” e o pseudónimo de “SR. MIYAGI 980” de CARLOTA PINTADO ALONSO, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
O xurado considerou premiar con accésits aos traballos seguintes:
Traballo presentado baixo o título “OUIJA” e o pseudónimo de “ARAY” de YARA PAZO MARTÍNEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Traballo presentado baixo o título “XEIN EN PERIGO” e o pseudónimo de “MALIA” de ÁNXELA DIMINGUEZ ÁLVAREZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Traballo presentado baixo o título “AMIGAS ATA O FIN” e o pseudónimo de “LÚA” de MELISA BOUZA MÍGUEZ, de 10 anos, estudante de 5º de primaria.
Traballo presentado baixo o título “UNHA HISTORIA FICTICIA PERO DA REALIDADE” e o pseudónimo de “FEDERICA” de ALBA ANDRÉS MÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Traballo presentado baixo o título “UNHA ÚLTIMA AVENTURA” e o pseudónimo de “MONOCARPIO” de LUCAS CASTRO MAESTÚ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
CATEGORÍA D: 1º e 2º de ESO:
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “A CASA NA QUE NON DEBERÍAMOS ENTRAR” e o pseudónimo de “EREA” de ALOIA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “O CASO DAS CATRO RAPAZAS” e o pseudónimo de “MEGAN MILLER” de PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
O xurado considerou premiar con accésit aos traballos seguintes:
Traballo presentado baixo o título “O MONTE DE CORES DE BRANCA” e o pseudónimo de “BRANCA” de ALDARA BUJÁN COMESAÑA, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.