venres, 12 de outubro de 2012

Recomendación de lectura para adultos


"Once minutos" de Paulo Coelho:
 
Maria é dun pobo ao norte de Brasil. Aínda adolescente, viaxa a Río de Janeiro, onde coñece un empresario que lle ofrece un bo traballo en Xenebra. Alí, Maria soña con encontrar fama e fortuna pero acabará exercendo a prostitución. A aprendizaxe que extraerá das súas duras experiencias modificará para sempre a súa actitude ante si mesma e ante a vida. Once minutos é unha novela que explora a natureza do sexo e do amor, a intensa e difícil relación entre corpo e alma, e como alcanzar a perfecta unión entre ambas as dúas. Once minutos ofrece ao lector unha experiencia inigualable de lectura e reflexión.

xoves, 11 de outubro de 2012

Kalandraka,Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial 2012

 
A editorial Kalandraka obtivo o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2012, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo “seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía”.
 
Para ler máis CLICA AQUÍ





mércores, 10 de outubro de 2012

Talleres de escrita REDELIBROS

Gústavos escribir? Queredes profundar no coñecemento das técnicas narrativas fundamentais para capturar a atención e o interese do lector: a creación de personaxes, o tempo e o ritmo da narración, os trucos do oficio, a consecución dun estilo propio, etc.? 

Se é así, tomade nota: durante o fin de semana do 26 ao 28 de outubro, na Casa Grande do Bachao, preto de Santiago, organizamos o primeiro Taller de escrita Redelibros. Durante dous días, nunha contorna ben fermosa, alternaremos a teoría narrativa co debate aberto, o fomento da creatividade e a imaxinación, a realización de exercicios narrativos e a análise individual e colectiva dos traballos dos participantes. Falaremos tamén da actuali dade editorial e trataremos de orientarvos nos camiños para acadar a publicación das vosas obras. 
Inscrición aberta ata o 15 de outubro! Queres máis información? Fai clic aquí.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger