NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 17 de xullo de 2022

BIBLIOPAZOS RECIBE OUTRO ANO MAIS O PREMIO MARIA MOLINER DA CONVOCATORIA DO ANO 2022


¡Boas novas para a biblioteca!

O pasado día 12 de xullo foi novamente outro día MOI ESPECIAL para a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén-BiblioPazos, para todos os que traballamos na mesma ao longo destes anos 2021/2022, e tamén para todos aqueles usuarios, persoas, entidades, asociacións e fundacións que colaboran coa mesma habitualmente.

Ese día comunicáronnos por correo electrónico que se publicara na páxina web do Ministerio de Cultura e Deporte a proposta de resolución definitiva da concesión dos premios Maria Moliner deste ano; e que a Biblioteca de Pazos de Borbén foi outro ano mais premiada neste concurso de proxectos de animación á lectura que convoca anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte polo seu proxecto "PAZOS TAMÉN CONTA EN IGUALDADE”. Soamente queda pendente a publicación da orde de concesión definitiva que sairá publicada en breve e, como en anos anteriores, normalmente sen cambios.

O Concurso de Proxectos de Animación á Lectura “María Moliner” realizase anualmente grazas ao convenio subscrito entre o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias, vai dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes, e ata un máximo de 370 proxectos son seleccionados para recibir un premio en metálico para adquirir, principalmente, lotes de libros.

Dos 370 proxectos seleccionados os dez proxectos que obteñan mellor puntuación recibirán un premio por un importe individual de 10.000 euros; mentres que os 360 proxectos seguintes por orde de puntuación recibirán un premio por un importe individual de 2.777,77 euros.

O premio obtido pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén-BiblioPazos consiste na concesión dunha subvención en metálico por importe de 2.777,77 euros para a compra de libros para mellora das súas coleccións bibliográficas.

En total 23 bibliotecas da Comunidade Autónoma de Galicia foron premiadas.

Entre as nove bibliotecas premiadas da provincia de Pontevedra, ademais da de Pazos de Borbén, recibirán o premio as bibliotecas dos concellos de O Grove, Soutomaior, Campo Lameiro, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves e Poio.

Na provincia de A Coruña foron premiadas as bibliotecas dos concellos de Mañón, Ares, Oleiros, Ortiqueira, Laracha, Miño e Carballo; na provincia de Lugo as dos concellos de Sober e Xermade; e na provincia de Ourense as de Verín, Ribadavia, Esgos, O Pereira de Aguiar, e Bande.

A todas queremos enviarlles os nosos parabéns pola consecución deses premios e polo traballo realizado.

O certo é que en Pazos de Borbén estamos contentísimos pois das catro veces que nos presentamos ata agora a este concurso, nos anos 2017, 2018, 2021 e 2022, fomos premiados en todas as ocasións.

No proxecto levado a cabo entre os meses de setembro de 2021 a marzo de 2022 realizáronse un total de 20 actividades (Contacontos, obradoiros literarios, certames literarios, conferencias, etc.) nas que participaron Diego González Hermida “O Calborota”, Al Guanella, Fran Campos de “Bandullo Azul”, Manuel Pombal, a compañia de teatro “Fulano, Mengano e Citano”, Carmen Conde de “Tarabela Creativa”, Uxía Tenreiro e Marcia Ares do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO,CSIC); e Irene Lorenzo Rey, Paula Regueiro García e Lucía L. Golán de “Trémola Teatro”. A todos eles grazas polo seu traballo e profesionalidade e por axudarnos a acadar este premio.

O ter conseguido este novo premio e este recoñecemento pola realización deste proxecto non sería posible sen a aportación económica do Concello de Pazos de Borbén; a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia; e da imprescindible colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela; da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI); da directiva, persoal docente e persoal non docente do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Grazas a todos e todas pola súa colaboración; aos socios e usuarios da biblioteca, compañeiros de traballo, e todas aquelas persoas e institucións que de algunha forma participaron e colaboraron para levar adiante este proxecto premiado.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger