FARSA DE BULULÚ
UNHA VEZ FOI O TREBÓN
Autor: Manuel María
Editorial Compostela
Edicións El Correo Gallego
Colección: Biblioteca 114
Xénero: Literatura Galega - Teatro
Dúas pezas dramáticas de Manuel María.
A farsa de Bululú, comezada no nadal do 1969 e rematada no ano seguinte, foi gañadora, "ex aequo", no 1º Concurso Abrente de Ribadavia (1973).
A vida pacega dende perspectivas irónico-humorísticas así como a evolución dalgún dos personaxes da corte do rei Bululú e da raíña Facunda.
Unha vez foi o trebón foi escrita no 1975 e estreada un ano despois polo Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense en O Carballiño.
Peza de carácter histórico á beira das revoltas irmandiñas, do Mariscal Pardo de Cela... cronoloxicamente ó redor do século XV e das seis principais casas galegas: Lemos, Andrade, Trastámara, Soutomaior, Altamira e Sarmiento.
Nº de páxinas: 95