CONCURSO
“ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO”
Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso:
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" súmase a esta iniciativa e convoca aos seus usuarios/as, lectores/as e veciños a participar:
- Dirixido a lectores que estean a cursar PRIMARIA ou o primeiro ciclo de SECUNDARIA.
- Escoller un libro en galego xa lido polo/a participante, no que o animal (real ou fantástico) teña relevancia na historia.
- Facer un debuxo dese animal, tal e como o imaxina. Valoraráse a orixinalidade, así como que non se deben copiar posibles ilustracións!
- Cada orixinal deberá ter un formato de 10 x 10,5 cm. Por un lado o debuxo e polo outro un breve texto, manuscrito, explicando o motivo polo cal foi escollido ese animal de conto. Deberán de figurar tamén os datos do libro a partir do cal fixeron a escolla do "animal de conto": título de libro, autor e editorial.
- A Biblioteca seleccionará un máximo de tres traballos por curso que serán remitidos a GALIX.
- Para participar é preciso entregar o debuxo na Biblioteca antes do xoves, 31 de marzo, e cumprimentar un boletín de participación.
Para máis información podes dirixirte a BIBLIOPAZOS:
- Por correo electrónico: biblioteca@pazosdeborben.org
- Polo Facebook: https://www.facebook.com/bibliopazos
- Por Teléfono: chamando ao nº 986 497 273.
PODES DESCARGAR AS BASES COMPLETAS DO CONCURSO FACENDO CLIC AQUÍ.
VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!