Cantan os nenos (O libro de María)
Helena Villar / Xesús Rábade
Ilustracións de Xoán Carlos
Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. Vigo, 1983
Idade recomendada: + 6 anos
Conxunto de trinta e oito cancións concibidas para un uso escolar. Cada unha delas vai acompañada de notación musical e indicacións para o seu uso nas áreas de plástica ou lingua, matizando a súa posible escenificación, individual ou en grupo, e acompañamento instrumental, especialmente con elementos sinxelos de percusión. Ademais, tamén se aclara o significado dalgúns termos menos coñecidos polos receptores infantís.
A temática é variada: dende a inevitable presenza de animais ata compoñentes do espazo urbano como o semáforo ou o ascensor, ademais de cantigas de acompañamento de actividades cotiás ou conceptuais en torno á escola, a lingua galega, o Nadal ou as peregrinacións. Nalgunhas, ritmos como o alalá, a pandeirada ou a muiñeira serven de práctica para a aprendizaxe musical.
A sinxeleza estilística baséase en estruturas fónicas repetitivas nas que a onomatopea e outros elementos eufónicos facilitan a súa función fundamental de oralidade.

18,5 x 18 cm.