sábado, 10 de xuño de 2017

OTROS MUNDOS, OTRA VIDA


OTROS MUNDOS, OTRA VIDA
Autor: José Luis de Vilallonga

Círculo de lectores, S.A. 2001

Colección: Memorias no autrorizadas

Género: Biografías

Con la misma rotunda vitalidad que caracterizó a La cruda y tierna verdad, Otros mundos, otra vida vuelve a recorrer los salones de la fama de la Europa de la posguerra. Un ramillete de personajes y personajillos que pululaban en los más diversos ambientes y que, a través de la mirada irónica e irreverente de José Luis de Vilallonga, componen un fresco impresionista.

ISBN: 84-226-8924-3
Nº de páginas: 360
Encuadernación: Tapa dura


venres, 9 de xuño de 2017

AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS - Animación á Lectura

Finalizamos as actividades de Animación á Lectura do 1º semestre deste ano cunha interesantísima e animada función para celebrar a chegada do solsticio de verán e o fin do curso escolar.

https://www.dropbox.com/s/vz5bszr80fo5jig/2017-06-14%20AS%20PARABOLAS%20DE%20PAKOLAS%20-%20Fecha%20rectificada.jpg?dl=0

Así o Mércores 14 de xuño ás 13:00 horas teremos no Auditorio do Concello a FRANCISCO CERDEIRA "PAKOLAS" coa actividade de dinamización con música, teatro e danza "As parábolas de Pakolas". 

Un espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música xirando en torno ao rock e mais estilos que entusiasman aos nenos e nenas. 

Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen, cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. 

Para este día están convidados novamente os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria e Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e tamén aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira.


Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

A PARTIR DE OUTUBRO MÁIS ACTIVIDADES

ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO


ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO
Autor: Concha López Narváez
Ilustracións: Teresa Cámara

Editorial Galaxia, S.A. 1992
Colección: ÁRBORE 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos


Endrina e o segredo do peregrino é unha novela que se desenvolve ó longo do Camiño de Santiago. A finais do século XII, Endrina, unha mociña navarra adicada ó pastoreo, coñece a dous homes que peregrinan a Compostela. A simpática rapaza non dubida en unirse a eles e tampouco tarda en decatarse de que un misterioso enigma preside a súa andaina. Un enigma que só o Camiño será quen de desvelar e que pervive entre as inumerables aventuras e episodios que os peregrinos viven ata chegar á cidade do Apóstolo. A narración avanza, pois, a medida que o fai o propio Camiño de Santiago, vivamente reflexado nas súas paisaxes e no seu ambiente cultural e humano.

ISBN: 84-7154-850-X
Nº de páxinas: 198
Encadernación: Tapa blanda



xoves, 8 de xuño de 2017

LA CRUDA Y TIERNA VERDAD


LA CRUDA Y TIERNA VERDAD
Autor: Jose Luis de Vilallonga

Círculo de lectores, S.A. 2000

Colección: Memorias no autorizadas
 
Género: Biografías

Con una demoledora y cáustica sinceridad, José Luis de Vilallonga rememora sus años de infancia y juventud y los entronca con los intensos aocntecimientos históricos que caracterizaron aquellas fechas: desde la caída de Alfonso XIII, hasta los primeros años del franquismo. La cruda y tierna verdad de la juventud de un escritor y aristócrata, capaz de evocar su pasado sin remilgos ni tapujos. Un retrato al desnudo de una vida, una casta, una sociedad y de toda una época.

ISBN: 84-226-8463-2
Nº de páginas: 447
Encuadernación: Tapa dura


mércores, 7 de xuño de 2017

MARINA

MARINA
Autor: Carlos Ruiz Zafón
Editorial Planeta S.A., 2016
Colección: Biblioteca Carlos Ruiz Zafón - Novela (Booket)

Género: Literatura en castellano - Narrativa

Marina nos desvela el secreto del personaje Oscar Drai, que tras años de huir de su gran aventura de joven, decide volver a su ciudad natal Barcelona para contarnos una historia de amor que nunca dejará de atormentarle.

La historia transcurre en un corto espacio de tiempo, para ser más exactos de finales de septiembre de 1979 hasta mayo de 1980, pero el personaje no decide contarnos su aventura hasta 15 años después, cuando se da cuenta que no puede huir de su pasado.

Oscar Drai es un joven de 15 años que vive en un internado, que por casualidad o por sus ganas de explorar los alrededores, decide adentrarse en un viejo caserón de Sarriá abandonado. Allí conocerá a Marina y a su padre Germán Blau, un pintor viudo, muy apenado por la muerte de su esposa. Poco a poco el personaje se involucra en su vida y se adentra en una historia llena de misterio que puede costarle la vida o algo más. Pero en realidad es una historia de amor, envuelta de misterio y de terror.

Luego irán apareciendo otros personajes que nos introducirán en la parte más misteriosa del argumento (Mijail Kolvenik, su esposa Eva Irinova, el doctor Shelley y su hija María, y como no el inspector Florián).

ISBN: 978-84-08-00434-9
Nº de páginas: 300
Formato: Bolsillo
Encuadernación: Tapa blanca 

 

O GAITEIRO E O RATO PÉREZ


O GAITEIRO E O RATO PÉREZ
Autor: Bernardino Graña
Ilustracións: Mª Fe Quesada

Edicións Xerais de Galicia, 1994
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos
 
Hai xentes (na cidade e na aldea), que, sen saber, sendo superficiais, PAiláns PErdidos de SUperficie (Pa-Pe-Sús), rin ás gargalladas (ha-ha) do que non entenden, mentres que un estraño ser que acompaña a Silvino, o gaiteiro, ri (Hi-Hi) con timidez e comprendendo.

Acompáñaos nas súas aventuras, medos e alegrías, e non lle digas aos maiores o que significa Perrepé. Así ti, vendo a maneira en que rin e como entenden (ou non entenden), saberás se son Papesús ou non. Pon a todos a proba sobre todo preguntando como entenden o asombroso final.

ISBN: 84-7507-782-X
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa blanda

martes, 6 de xuño de 2017

"BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?" con CRISTINA COLLAZO - PROGRAMA de Animación á Lectura "CONTOS NA NATUREZA"


Continuamos con máis actividades do programa de Animación á Lectura

"CONTOS NA NATUREZA"

O Martes, 13 de xuño cediño pola mañá imos camiñar pola Senda da Levada de Casqueiros na parroquia de Borbén cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Percorreremos esta senda acompañados do noso veciño e presidente da Comunidade de Montes de Borbén Antonio Fernández Costas xunto cou algunhas persoas máis da directiva que nos irán comentando como foi recuperada esta senda para uso e disfrute da veciñanza e as características da mesma.

Ao longo da andaina atoparémonos con Carmiña, meiga e menciñeira, alén de poetisa que vive entre fentos e carballos, e cada vez que aparece alguén na senda, fai un alto para preguntarlle

“BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?” 

Un espectáculo de narración oral da contadora de contos CRISTINA COLLAZO.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS


LA LEY DE LA CALLE


LA LEY DE LA CALLE
Autor: S.E. Hinton
Traducción: Javier Lacruz
Ediciones Alfaguara, S.A. 1989
Colección: Juvenil Alfaguara

Género: Literatura Juvenil

Sobrevivir en los suburbios de una gran ciudad exige respetar las duras leyes de la calle. Rusty James ha conseguido salir adelante... pero ha pagado un precio muy alto. Las pequeñas escaramuzas que pronto se convirtieron en asuntos graves, las drogas, las amenazas a la vuelta de cada esquina, el brillo del acero y el olor de la sangre, los reformatorios, también las fiestas salvajes y las chicas. Y al fondo de todo la muerte de un buen amigo que marcó su vida para siempre.

 Los personajes de La ley de la calle, llevada al cine por Francis Ford Coppola están llenos de humanidad y sentimientos, al igual que los protagonistas de Rebeldes, la primera novela con la que Susan E. Hinton sorprendió al mundo. 

ISBN: 84-204-3923-1
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa blanda 

luns, 5 de xuño de 2017

"CANTACUENTOS" - Animación a la Lectura con RUTH GALINDO


Novamente contaremos coa presenza, o Venres 9 de xuño no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, da contacontos andaluza RUTH GALINDO que desde Híjar-Las Gabias (Granada) traerános o seu espectáculo

“CANTACUENTOS”

Contos divertidos para cantar e bailar nos que algunhas marionetas sairán ao escenario e se divertiran con todos os asistentes.

Están convidados a acompañarnos ese día os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS

 

A NENA DE OURO


A NENA DE OURO
Autor: Ursula Heinze
Ilustracións: Miguel Vigo

Edicións Xerais de Galicia, 1992
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Susi pasa moito tempo soa xa que os seus país están moi ocupados e non poden xogar con ela.

Unha tarde de verán Susi está xogando soa na horta da súa casa. Tenta falar coas plantas, cos animais... pero non atopa resposta. De repente, aparece unha nena diminuta. Explícalle que se chama Áurica, a nena de ouro, e invita a Susi a unha viaxe para coñece-lo mundo que hai ó seu arredor. Mediante unhas palabras máxicas, a nena de ouro fai que Susi se volva tan pequena coma ela. E as dúas xuntas emprenden unha viaxe na que utilizarán os máis diferentes medios para se desprazaren: un cabalíño do demo, un carro tirado por dous escornabois, unha barca feíta coa vaíña dunha faba...Así, as dúas nenas van vivindo diferentes aventuras. 

Pero chega a noite, Susi ten que volver onda seus país, e deciden regresar. E Susi, sen saber como, atópase de novo ó pé da súa casa, xa coa estatura normal. ¿Fora todo un soño? Ela sabe que non, aínda que a nai se empeñe en non lle dar creto ás incribles aventuras da nena.

ISBN: 84-7507-517-7
Nº de páxinas: 104
Encadernación: Tapa blanda




domingo, 4 de xuño de 2017

"LOS CUENTOS DE ITí" - Animación a la Lectura con RUTH GALINDO



Seguimos coas actividades en BiblioPazos e nesta ocasión contamos coa presenza da contacontos andaluza RUTH GALINDO co seu espectáculo “LOS CUENTOS DE ITí”, que desde Híjar-Las Gabias (Granada) virá a acompañarnos o día 7 de xuño, ás 13:00 horas, na Sala de Lectura.

ITí é unha fermosa criatura que veu desde un universo afastado. Todos os seres fantásticos da terra chamárona para que nos ensinase aos humanos as marabillas do noso máxico planeta. 

ITí descubriranos nos seus contos o seu mundo de ilusión e os fascinantes personaxes que nel habitan.

Esperamos que nos acompañen os alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS

 

EU TAMÉN SON MANIÁTICA


EU TAMÉN SON MANIÁTICA
Autor: Aidan Macfarlane
Ilustracións: John Astrop
Traducción: Montserrat Paz Núñez

Edicións Xerais
de Galicia, S.A. 1994
Colección: Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ó seu irmán, Peter Payne, autor do Diario dun xove maniático.

Desde un punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis.

No diario inclúe recortes, folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacions das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar.

ISBN: 84-7507-725-0
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger