sábado, 15 de outubro de 2016

OS BOLECHAS VAN AO PARQUE ACUÁTICO


OS BOLECHAS VAN AO PARQUE ACUÁTICO
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: + 6 anos

Os Bolechas van coa avoa Flora ao parque acuático.

Tras poñeren o traxe de baño, montan nunha balsa para botarse polos tobogáns.

Todos están entusiasmados, menos Sonia, que ten vertixe e non lle gustan nada as atraccións do parque.

Pola súa culpa teñen que volver a casa, mais Sonia ten unha idea xenial!

ISBN: 978-84-608-7008-1
Nº de páxinas: 20
Idioma: Galego


VIGO: As comarcas de Galiza - Patrimonio Natural -


VIGO
As Comarcas de Galiza -Patrimonio Natural-
Autor: Equipo Xea
Promocións Culturais Galegas S.A.
A Nosa Terra, 2008

Xénero: Xeografía

Un percorrido pola comarca de Vigo que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña.

Abrangue os concellos de Baiona, Fornelos de montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

ISBN: 978-84-8341-271-8
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa branda


venres, 14 de outubro de 2016

OS BOLECHAS VAN DE HOTEL


OS BOLECHAS VAN DE HOTEL
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: + 6 anos

Os irmáns Bolechas van de vacacións cos tíos Agostiño e Lupa e coa curmá Saladina.

No hotel onde se aloxan hai xente de moitas nacionalidades: alemáns, ingleses, franceses, italianos… e cada un fala no seu idioma.

Pero todos se entenden á hora de almorzar no bufete e xogar na piscina do hotel…

ISBN: 978-84-608-5970-1
Nº de páxinas: 20
Idioma: Galego

LA HORA VIOLETA


LA HORA VIOLETA
Autora: Montserrat Roig i Fransitorra
Traducción: Enrique Sordo
Editorial Argos Vergara S.A., 1980

Género: Narrativa

En La hora Violeta (que es tanto la hora del ocaso como la del alba) tres mujeres, que tal vez son la misma, se enfrentan al fracaso frente al sexo opuesto: el hombre-padre, el hombre-cerebro, el hombre como producto del ideal romántico. Y las tres descubren, por caminos diferentes, que sólo pueden mirar el mundo siendo cada una ella misma.

Retrato de una generación que no acaba de encontrar su lugar, obstinada en "presentar factura", olvidando que solamente asumiendo el pasado se puede afrontar el futuro, La hora Violeta es a la vez novela de confesión, novela psicológica y política, relato dentro del relato; narración, en fin, llena de emoción y vida.

ISBN: 978-84-7017-980-2
Nº de páginas: 272
Encuadernación: Tapa blanda


xoves, 13 de outubro de 2016

O POETA DO MIÑO


O POETA DO MIÑO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada                        Edicións do Cumio S.A., 2015                             
Colección: Ao noso xeito                              

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

"Olla ben, lector,
os camiños deste conto,
segue os pasos do Poeta do Río
que atopou a inspiración
nas frondosas espesuras
da beira do Miño"

Segunda entrega da colección Ao noso xeito que homenaxea a Manuel María, ao que se lle dedicou o "Día das Letras Galegas" de 2016. 

"O poeta do Miño" é un conto inspirado no poema Proclama ós peixes do Miño de Manuel María do poemario O Miño canle de luz e néboa.  

A historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada fala sobre o amor á natureza, o coñecemento do río Miño e o seu percorrido, e a ecoloxía, nocións que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

ISBN:978-84-8289-513-0
de páxinas: 47
Encuadernación: Rústica

Vive y Descubre A CORUÑA


Vive y descubre A CORUÑA
Colección Vive y Descubre
Género: Guías de Viaje - Geografía

En estas páginas encontrarás la información necesaria para organizar un viaje mágico e inolvidable. Incluye todos los aspectos básicos y esenciales para conocer la ciudad: rutas urbanas para ver lo más interesante, los alojamientos y restaurantes más recomendables, a qué lugares acudir si se viaja con niños...

Todos los datos prácticos actualizados por expertos de la localidad: monumentos, cultura, gastronimía, festejos y direcciones de interés.

Una guía imprescindible para no perderte lo mejor de A Coruña.

ISBN: 978-84-241-3756-6 
Nº páx.: 144
Encuadernación: Tapa blanda

mércores, 12 de outubro de 2016

O ESQUÍO RAMPANTE


O ESQUÍO RAMPANTE
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada                        Edicións do Cumio S.A., 2015                             
Colección: Ao noso xeito                              

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

"Contarei un segredo sobre a maxia: pode estar en calquera parte, porque a maxia non se adestra. Hai maxia nas árbores e nos ríos. Hai maxia na amizade e hai maxia nun balón. Hai maxia neste conto, unha maga, un reloxo e unha misión. Se te atreves, abre a tapa e comeza a viaxe chimpante!".

 "O esquío rampante" é un conto que relata as aventuras que lle suceden a Cósimo, da familia Piogalego de Siador, na procura dun remedio sanador para tratar unha doenza do carballo centenario onde reside esta prole de esquíos.

A historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada fala sobre a amizade, a solidariedade, o amor á natureza, o coñecemento das árbores e plantas son valores que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

Os autores como contadores de contos comezan con esta obra o que vai ser unha interesante colección de inspiración literaria, pois grandes personaxes históricos como o Mestre Mateo ou senlleiros literatos como Federico García Lorca, Blanco Amor, Xulio Verne, Valle-Inclán ou Castelao van ser homenaxeados en sucesivas entregas.

ISBN: 978-84-8289-493-5
Nº de páxinas:73
Encuadernación:Rústica

ERROS E TÁNATOS

 

ERROS E TÁNATOS
Autor: Gonzalo Navaza
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1996
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

"Erros e Tánatos", a primeira incursión do Gonzalo Navaza no xénero narrativo, é un conxunto de dez textos breves nos que a trama se artella sobre diversas formas de engano, da inxenuidade ou da impostura.

Con estructuras compositivas ben trabadas e prosa limpa e directa, impregnada sempre da máis sútil humor, búscase nestes textos explorar os recursos da ironía e da dosificación dos elementos de intriga e sorpresa.

ISBN: 978-84-7507-981-4
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda


martes, 11 de outubro de 2016

OS BOLECHAS VAN Á NEVE


OS BOLECHAS VAN Á NEVE 
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro 
Bolanda Ediciones y Marketing 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 6 anos 

A avoa Balbina e o avó Marcelo levan os Bolechas á neve. 

Van pasalo en grande tirándose na zorra. Pero Loli ten moito frío, así que pon todos os anoraks que hai na casa. E aínda así tremelica.

Só lle falta poñer o edredón, mais con tanta roupa non cabe ninguén máis na zorra…

ISBN: 978-84-608-7007-4 
Nº de páxinas: 20 
Idioma: Galego

O CORAZÓN PORTUGUÉS


O CORAZON PORTUGUÉS
Autor: Ramón Loureiro
Editorial Galaxia S.A., 2000
Colección: Literaria

Xénero: Narrativa

Un mundo que abala entre os soños e a melancolía, no que a terra e o mar se mesturan co Trasmundo.

É a Terra de Escandoi, o imaxinario universo atlántico onde latexa O corazón portugués, unha novela na que a fantasía e o humor conviven coas eternas preguntas sobre o sentido da existencia, da vida e da morte.

Esta novela foi proclamada finalista do Premio Carlos Blanco de narrativa galega e portuguesa 1999, que convocan o Eixo Atlántico e a Asociación Galega de Editores.

ISBN: 978-84-8288-366-6
Nº de páxinas: 196
Encadernación: Tapa branda


luns, 10 de outubro de 2016

A AVOA DO CEO


A AVOA DO CEO
Autor: Anna Lavatelli
Ilustracións: David Pintor
El Patito Editorial, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Este é un libro dedicado a unha unión que nada nin ninguén pode romper: a relación entre unha avoa e a súa neta, unha relación que non coñece límites e na que todo é posible, mesmo montar en bicicleta e saír percorrer o horizonte, co seu querido can, entre unha nube e un raio de sol...

Anna Lavatelli é unha autora italiana recoñecida da literatura infantil contemporánea, galardoada, entre outros, co prestixioso Premio Andersen en 1988 e en 2005.

"A avoa do ceo" está ilustrado polo galego David Pintor, debuxante ben recoñecido e galardoado dentro e fóra das nosas fronteiras; os seus sinxelos e emotivos debuxos achéganlle ao texto unha luz inconfundible porque, en palabras da escritora, «as ilustracións nos libros infantís teñen que ser non bonitas, senón marabillosas».

ISBN: 978-84-943231-6-8
Nº de páxinas:24
Encuadernación: Tapa dura

EFECTOS SECUNDARIOS


EFECTOS SECUNDARIOS
Autor: Germán Sierra
Círculo de Lectores S.A. 2002

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Dividida en capítulos de acuerdo a las instrucciones de un producto famacéutico y ambientada en un futuro próximo en el que las corporaciones multinacionales han sustituido a los gobiernos, Efectos secundarios es, ante todo, una historia de imposturas, conspiraciones y biotecnología escrita al modo de una novela de detectives

La acción se desarrolla a partir de la visita que un misterioso personaje realiza al abogado Oriol, sicario legal de varias multinacionales, para encargarle la búsqueda de un tal Lázaro Barrón, quien, supuestamente, es depositario de un importante secreto que podría poner en peligro el buen nombre de alguna de las empresas implicadas.

De esta tarea se encarga, a cambio de la promesa de una buena suma de dinero, un antiguo amigo del doctor Valcárcel, víctima de la reconversión industrial.

Pero, sobre todo, la novela aborda de un modo irónico muchas de las obsesiones contemporáneas con el cuerpo y la farmacología, las conjuras, la globalización, la comercialización del arte, los alimentos transgénicos, la ley, las residencias de jubilados, la paranoia, los centros comerciales, las relaciones familiares, las artes adivinatorias, el sexo y los medios de comunicación.

ISBN: 978-84-226-9342-9
Nº de páginas: 258
Encuadernación: Tapa dura

domingo, 9 de outubro de 2016

OS BOLECHAS DORMEN NA CASA DOS CURMÁNS


OS BOLECHAS DORMEN NA CASA DOS CURMÁNS
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro 
Bolanda Ediciones y Marketing 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 6 anos 

Esta historia transcorre na casa dos tíos Lisardo e Camila.

Os seis irmáns Bolechas van durmir cos seus curmáns, Sarela, Ying e Kofi, á casa da aldea. Pero son moitos e van ter que durmir moi apertados. Ata que a Sarela se lle ocorre unha idea: montar a tenda de cámping.

Mais cando xa están todos acomodados, aparecen novos compañeiros de acampada…

ISBN: 978-84-608-5975-8
Nº de páxinas: 20
Idioma: Galego

VIDA E OBRA DE RAMÓN PIÑEIRO. Escolma de textos


VIDA E OBRA DE RAMON PIÑEIRO
Escolma de textos
Autora: Beatriz García Turnes
Editorial Galaxia S.A.k, 2009
Colección: Letras Galegas

Xénero: Biografías - Memorias - Narrativa

Biografía e antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida de Ramón Piñeiro.

Escrito por Beatriz García Turnes, profesora de Lingua e Literatura Galegas, autora de A lingua galega entre 1875 e 1916, situación social e consciencia idiomática, este libro amosa as distintas facetas da biografía do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009 e achega unha selección de textos que abranguen a súa importante actividade epistolar, a súa concepción do papel da lingua na sociedade, os ensaios sobre a saudade e a función da literatura como expresión da cultura dun pobo.

ISBN: 978-84-9865-150-8
Nº de páxinas: 188
Encadernación: Tapa branda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger