sábado, 8 de decembro de 2012

Do berce á rúa - Medra coa lingua

biberón Dámosvos a benvida á web da campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queremos achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena. Nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude.
 
Falarlle galego representa unha vantaxe importante xa que vai mellorar a súa adquisición doutras linguas, algo moi necesario posto que vivimos nunha sociedade plurilingüe. A través do galego, crearemos un vínculo co seu territorio, a súa historia e a súa identidade cultural.
 
Mediante este material queremos ofrecervos unha axuda para iniciar este camiño cos nenos e as nenas que van encher as nosas casas, as nosas escolas infantís, os nosos parques e, por suposto, as nosas vidas.


Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

Recomendación de LECTURA ADULTOS


A Deputación de Pontevedra publicou a edición dixital do libro:
Edición Magdalena Aguinaga
Deputación de Pontevedra, 2012
A introdución, seleción de textos e notas foi realizada por Magdalena Aguinaga, doutora en Literatura española e catedrática de Língua e Literatura española de Ensinanza Media.

Para ler este libro só tes que descargalo no teu ordenador. Podes facelo clicando na IMAXE. 

Goza da súa lectura. 

Se non tes instalado o Adobe Acrobat no teu ordenador podes descargalo AQUÍ. 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

venres, 7 de decembro de 2012

Video actividades Mayo 2011


Video coas actividades realizadas no mes de maio de 2011 na Biblioteca no que participaron os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esperamos que sexa do voso agrado e pasedes un rato divertido.

Feliz Nadal. 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

Recomendación de LECTURA INFANTIL

Érguete!
Carmen Baz 

Ilustracións de Marta Rivera Ferner 
Colección Ler é Vivir. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 6 anos

En sinxelas cuartetas explícanse as normas para facer máis agradable e divertida a vida, dirixíndose ao lector en segunda persoa: Érguete pola mañá cun sorriso, bica os teus pais, toma o saboroso almorzo e recolle todo logo. Saúda a toda a xente pola rúa, xanta o que che poñan e despois de xogar deixa todo ordenado. Mira a tele con moderación, fai debuxos no caderno e non nas paredes, respecta as flores do parque e os niños dos paxaros. Sei cariñoso coa familia e respecta aos maiores e cando vaias de compras non queiras comprar todo... Á hora de durmir recorda todas as cousas que fixeches a gusto durante o día e explícalle á noite os teus sonos: faranse verdade.

A ilustración, con técnica de colaxe, reforza o texto e mesmo cobra unha dimensión propia con interesante atractivo visual. 
48 p. - 19x12 cm.          ISBN    978-84-403-1114-6 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar
 

EU FALAREI (En defensa da Lingua Galega)



O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI. 

EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova. 
 

Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.

Podes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no MAKING-OF:
http://youtu.be/HCsm1Wv9xXw

O EDLG do IES de Chapela decidiu permitir o libre uso do logo EU FALAREI por calquera entidade que teña como obxectivo a promoción ou defensa da Lingua Galega.

O 6 de novembro de 2012 o lipdub EU FALAREI recibiu o 1º premio no IV Certame OUFF Escola do 17 Festival Internacional de Cine de Ourense.
http://youtu.be/u0ae65sIIEw

AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org

Audios empregados:
"Behind the murderer" de Opusvertigo
Versión instrumental do "I will survive" de Gloria Gaynor

Traducións dos subtítulos:
Eva Lago - Alex Vorbeck (Alemán)
Mohamed Matala (Árabe)
Xavier Vila - Ariadna Purroy (Catalán)
Ander Arana (Euskara)
Ángeles Alemparte (Francés)
Magdalena García (Inglés)
Guido Traficante (Italiano)
Miguel Rodríguez Penas (Galego-Portugués)
Diegu Corràine (Sardo)
 


Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

xoves, 6 de decembro de 2012

Declaración universal dos Dereitos dos nenos a escoitar contos


1. Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os contos mais fermosos de todas as tradicións orais dos povos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno tene pleno dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día. Aqueles paies que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un neno, non só incorren nun grave delito de omisión culposa, senón que estanse a autocondenar a que os seus fillos xamais lles volvan pedir outro conto.

3. Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este o faga con amor e tenrura, que é como se deben contar os contos.

4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que, por diversas razóns, non teñan avós que llos conten. Do mesmo modo, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde, con enteira liberdade, poderán contar cantos contos queiran.

5. Todo neno está no dereito de saber quen é José Martí, Hans Christian Andersen, Elena Fortún, Lewis Carroll, Elsa Bornemann, Carlo Collodi, Gloria Fuertes, María Elena Walsh, entre outros. As persoas adultas están na obriga de poñer ao alcance dos nenos todos os libros, contos e poemas deses autores.

6. Todo neno goza a plenitude do dereito a coñecer as fábulas, mitos e lendas da tradición oral do seu país.

7. O neno ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como modificar os xa existentes, creando a súa propia versión. Naqueles casos de nenos moi influídos pola televisión, os seus pais están na obriga de descontaminalos conducíndoos polos camiños da imaxinación da man dun bo libro de contos infantís.

8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos, o único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.

9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto, e tamén a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno, por último, ten dereito a crecer acompañado das aventuras de Alicia e o lobo, do "Tío Tigre e Tío Coello", daquel burrito que se chamaba Platero, do gato que tiña unhas botas de sete leguas, da cor rechamante colorada dos contos e do inmortal "Había unha vez... ", palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara aos sonos máis fermosos da nenez.

DECRÉTESE E PUBLÍQUESE
----------------
NOTA: Este manifesto, recopilado e adaptado pola Red Internacional de Cuentacuentos (RIC), circula de modo anónimo entre os contacontos latinoamericanos desde hai varias décadas. Apareceu publicado por primera vez en Venezuela nos anos 70 do século pasado, e existen múltiples variantes españolas, colombianas, cubanas, arxentinas e mexicanas. 

Fonte:

 Deixanos o teu comentario. 
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir. 
Grazas por participar.

10 consellos para ser unha boa lectora, un bo lector

Para ser unha boa lectora, un bo lector, Qué podes facer?
Se queres sabelo clica na seguinte IMAXE
 Goza da lectura
Fonte:
leer 
 Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

mércores, 5 de decembro de 2012

Recomendación de LECTURA XUVENIL

O caderno vermello
Daniel Ameixeiro 
Col. Catavento. Ed. Tambre. Vigo, 2009 
Literatura Xuvenil

Novela de iniciación, de paso dunha a outra idade. O protagonista, un rapaz de trece anos, queda só mentres os pais realizan unha viaxe. Ten tempo para coñecer novos amigos, para descubrir o primeiro amor, para tomar decisións e facerse cargo das súas responsabilidades¿Que pode deparar un verán cando a pedra das desavinzas abriu unha fenda no teu mundo afectivo? ¿Que pode deparar en ausencia duns pais que marcharon de viaxe? Inesperadamente, para o mozo protagonista ese verán acaba por ser o tempo de mudar unhas coordenadas emocionais que colleron ferruxe. A porta que nos elixe e que non eliximos. A chaira inexplorada do amor. E a nostalxia e as certezas de todo o que quedou anotado anos antes nun caderno de tapas vermellas, cando aínda un conserva amigos invisibles e aparece xente coma o capitán Blood. 
166 p. - 21x14 cm.               ISBN    978-84-92404-59-9 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar
 

Mancomún: Software libre en galego

   

Que é Mancomún?

A Xunta de Galicia, da man da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Fundación), poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.
 
Mancomún
Este portal web pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
  1. Servir como canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas FLOSS, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia.
  2. Proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento ... do software libre e de fontes abertas en Galicia.
Secretaría Xeral de Modernización e Innovación TecnolóxicaA Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) asume as competencias da Xunta de Galicia en materia de promoción, desenvolvemento e difusión da sociedade da información e do coñecemento a través dunha estratexia integradora e próxima á cidadanía. Entre os seus obxectivos está o impulso á implantación do FLOSS e o uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que faciliten compartir e reutilizar o software.

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de GaliciaDentro deste ámbito a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia xestiona e coordina as iniciativas públicas relacionadas co fomento e a promoción do FLOSS, de acordo coas estratexias marcadas pola SXMIT.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger