A partir do próximo martes 2 de outubro, a Aula Informática do Centro Antena-Biblioteca Pública Municipal recibirá semanalmente a 83 alumnos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías.
As clases terán unha duración aproximada dunha hora e media semanal e con elas os alumnos aprenderán:
- As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral.
- O manexo básico do programa de tratamento de textos Word
- A coñecer as ferramentas necesarias para a aprendizase da navegación por Internet
- As utilidades e as funcións do correo electrónico a dagún programa de comunicación a través de Internet.
Esta actividade, que comezou no pasado curso escolar, é producto da colaboración do Concello de Pazos de Borbén e do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" co obxectivo de supera-la fenda dixital e servir de apoio ao proxecto ABALAR para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, co obxecto de que os alumnos aproveiten da mellor forma posible os equipamentos e infraestructura tecnolóxicas postos a súa disposición polo centro educativo a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Alumnos do curso 2011-2012