sábado, 25 de setembro de 2021

"FILIPA COS CONTOS" con FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola de novo, estamos outra vez aquí para seguir presentando as actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

E continuamos coas mesmas o Xoves 30 de setembro ás 12:30 horas co espectáculo "FILIPA COS CONTOS" de FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" que nos traerá unha "FILIPANTE" e "RENOVADA" sesión de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público. 

Filipa e Fran agárdanvos. Vai ser "flipante"!

Este día están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que, de seguro, pasarán unha mañá formidable con este espectáculo.

Realizarase no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

NON PARE A FESTA

NON PARE A FESTA
É tempo de entroido, 2
Autor: Ramón D. Veiga
Ilustracións: David Sierra
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa.

Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

ISBN: 978-84-9121-780-0
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 19,50 x 26,60 cm

venres, 24 de setembro de 2021

O ABRAZO

O ABRAZO
Autor: Eoin McLaughlin
Ilustracións: Polly Dunbar
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío
Algar editorial

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Ourizo está triste. Tan triste como se pode sentir un ourizo. Tan triste, que só hai unha cousa que pode animarlle: un abrazo. Pero ningún animal quere abrazalo.

A Tartaruga pásalle exactamente o mesmo.

Curuxa explicaralles que o problema é que Ourizo é demasiado  puntiagudo e Tartaruga demasiado  huesuda. 

Conseguirán que alguén os abrace?

ISBN: 978-84-9142-488-8
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm

xoves, 23 de setembro de 2021

"OBRADOIROS DE NARRATIVA BREVE" impartidos por CARMEN CONDE


O Concello de Pazos de Borbén, a través da Biblioteca Pública Municipal, acaba de convocar o III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN" no que poden participar todos os alumnos e alumnas residentes no concello que estiveran ou estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria no municipio durante os cursos 2020/2021 e/ou 2021/2022; e que presentan os orixinais en lingua galega.

Para reforzar e animar á escrita entre os escolares temos organizado tamén uns "OBRADOIROS DE NARRATIVA BREVE" que impartirá CARMEN CONDE  GAUTE de Tarabela Creativa SC.

CARMEN CONDE é filóloga pola USC, guionista e dramaturga pola ENERC (Buenos Aires). Contadora con funcións nas dúas beiras do Atlántico. Autora de relatos breves para nenos e para adultos, humorista de comedia unipersoal dende 2004. Narradora oral autora de 'Premios Darwin' (2016)— gañadora do premio a Mellor Comedia por parte de Hipócrita Teatro— e de 'Tabú', actualmente en xira. Guionista en Dama Negra Films ('El Rastro del Cazador') e en Falperra Producciones ('Pase de Estrela'). Cofundadora de Tarabela Creativa xunto a Diego Gallego, con quen produce a serie da que é autora: 'Premios Darwin'. Dende 2009 imparte obradoiros de relato breve, poesía, micorrelato e narración oral. Colaboradora ocasional en Radio Galega, en Cadena Ser e na TVG.

Estes obradoiros realizaranse nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; se desenrolaran en 4 sesións de dúas horas cada unha en dous días consecutivos, o xoves 30 de setembro e o venres 1 de outubro; e contarán coa participación dos alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.

Están pensados para aquelas persoas que queiran coñecer a anatomía das historias. Para que as conten misturando os ingredientes segundo lles conveña. Porque é tan importante o que contamos como o xeito en que o facemos. Aprenderán dende a práctica, manchando as mas con textos e traballarán con estímulos creativos variados. E, como o mundo é da xente valente, recomendable que vaian as sesións sen medo.

primeira parte será de asimilación de conceptos, a través de diversas propostas lúdicas de escrita, que axudarán aos asistentes a coñecer con algo máis de profundidade as entrañas dunha historia. Esta parte contará con certo marco teórico.

segunda parte será absolutamente creativa, a partires dos disparadores máis diversos. O obxectivo último é lograr un primeiro achegamento ao manexo do espazo e do tempo, a atopar a diferencia entre personaxes, a distinguir entre tipo de narrador e punto de vista. E a combinar todo o mencionado como mellor lle veña ao noso relato. Porque o certo é que para escribir só hai que poñerse a escribir. Por iso a práctica será o fundamento de todo. Mimando tanto ou máis o outro pilar da escritura: a lectura constante.

Esta actividade enmárcase no programa de "obradoiros e certame de creación literaria" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.

Para ampliar a información sobre a programación ademais de consultala no blog e nas redes sociais da biblioteca, podedes contactarnos por teléfono chamando ao número 986 497 273 no noso horario habitual de apertura, ou solicitando a información escribíndonos ao correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org.

PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ERNESTO O ELEFANTE

ERNESTO O ELEFANTE
Autora: Anthony Browne
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Kalandraka editora
Coleción: Tras os montes

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Ernesto perdeuse na selva e ningún dos seus habitantes parece querer axudalo a volver coa súa manda de elefantes. 

Nin o máis forte, nin o máis fero, nin o máis veloz dos animais fai o mínimo ademán de escoitalo e trátano con desdén.

Pero a máis cativa das criaturas sorpréndeo dándolle a comprensión e a colaboración que precisa.

ISBN: 978-84-1343-049-2
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 27 x 24 cm

mércores, 22 de setembro de 2021

III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN


O Concello de Pazos de Borbén, a través da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS", convoca o III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN co obxectivo de fomentar a creatividade entre os escolares do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega, fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos -particularmente no ámbito da narrativa/relato breve- e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar neste certame literario.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estiveran ou estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2020/2021 e/ou 2021/2022, e que presenten os orixinais en lingua galega.

O prazo para presentar os relatos será entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro, ambolos dous inclusive.

Os participantes poderán presentar un único relato -escrito en lingua galega- dentro do prazo sinalado nas bases do certame e que deberán entregar na Biblioteca Pública Municipal no seguinte enderezo:

Concello de Pazos de Borbén
Biblioteca Pública Municipal
Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)

Haberá como nas anteriores edicións 5 categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de Primaria
  • Categoría B: 3º e 4º de Primaria
  • Categoría C: 5º e 6º de Primaria
  • Categoría D: 1º e 2º de ESO
  • Categoría E: 3º e 4º de ESO

dous premios por categoría:

1º Premio: 1 libro electrónico + 1 lote de libros.
2º Premio: 1 Lote de libros

Ademáis o xurado poderá conceder mencións a aqueles traballos que considere que reúnen calidade para elo.

Desde a Biblioteca animamos a todo o profesorado do centro, aos pais, nais e demáis familiares dos alumnos para que os estimulen a escribir e a participar nesta nova edición do certame na que esperamos superar a participación das edicións anteriores; e co obxectivo de fomentar unha maior participación este ano, todos os que presenten un relato serán obsequiados cun libro soamente por participar.

Podedes descargar as BASES e a FICHA DE INSCRICIÓN nos seguintes enlaces:

Para máis información podedes dirixirvos á Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 no horario habitual de apertura ou a través do correo electrónico: biblioteca@pazosdeborben.org.

Toda a información sobre o desenrolo do Certame irá publicandose neste Blog e nas redes sociais da biblioteca (Facebook e Twitter).

Este III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN enmarcase no programa de "obradoiros e certame de creación literario" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

E NON VOS ESQUEZADES DE QUE EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR

ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR
Autor: Eoin McLaughlin
Ilustracións: Polly Dunbar
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío
Algar editorial

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Ourizo e Tartaruga non se poden abrazar, pero saben que se queren, porque hai moitos xeitos de demostralo... ata que nos poidamos abrazar!

ISBN: 978-84-9142-486-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm

martes, 21 de setembro de 2021

CONVOCATORIA DO "III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" E "OBRADOIROS DE NARRATIVA BREVE"

Despois de publicar en datas pasadas as actividades de animación á lectura que comezamos o día 16 de setembro coa actuación de Diego González Hermida "O Calborota" e continuaremos os próximos días 24 de setembro con Al Guanella; 30 de Setembro con Fran Campos; e 8 de outubro don Manuel Pombal, nos que participarán os alumnos de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, sacamos agora á luz outras novas actividades para seguir animando á lectura e dinamizar a lingua galega.

Convocamos outro ano máis o Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén que, nesta ocasion, acada a súa terceira edición.


Neste III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN poderán participar os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estiveran ou estean cursando estudos de Educación Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2020/2021 ou 2021/2022; e que presenten os orixinais escritos en lingua galega.

Haberá 5 categorías para participar:

  • A: 1º e 2º de primaria
  • B: 3º e 4º de primaria
  • C: 5º e 6º de primaria
  • D: 1º e 2º de ESO
  • E: 3º e 4º de ESO

Os relatos poderán presentarse entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro, ambos inclusive, deste ano 2021.

Coa convocatoria desta terceira edición do certame pretendemos seguir fomentando a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega entre os escolares, fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos - particularmente no ámbito da narrativa/relato breve, e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar nun certame literario.

Desde a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" animamos a todo o profesorado do centro e tamén aos pais, nais e demais familiares dos alumnos e alumnas para que os estimulen a escribir e a participar nesta nova edición na que esperamos superar a participación da celebrada no ano 2019.

Ademáis para reforzar e animar á escrita temos organizado tamén un "OBRADOIRO DE NARRATIVA BREVE" que impartirá a filóloga, docente, escritora, guionista, dramaturga, narradora oral e humorista CARMEN CONDE GAUTE de Tarabela Creativa SC e no que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO co CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Este obradoiro terá lugar o xoves 30 de setembro e venres 1 de outubro nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos nos seguintes horarios:

Xoves 30 de setembro:

  • 10:00 a 12:00        5º de Primaria
  • 12:30 a 14:30        6º de Primaria

Venres 1 de outubro:

  • 09:30 a 11:30        1º de ESO
  • 12:30 a 14:30        2º de ESO

Cada grupo terá unha sesión dunha duración de dúas horas neste obradoiro pensado para aquelas persoas que queiran coñecer a anatomía das historias. Para que as conten misturando os ingredientes segundo lles conveña. Porque é tan importante o que contamos como o xeito en que o facemos. Aprenderán dende a práctica, manchando as mas con textos e traballarán con estímulos creativos variados. E, como o mundo é da xente valente, recomendable que vaian as sesións sen medo.

A primeira parte do obradoiro será de asimilación de conceptos, a través de diversas propostas lúdicas de escrita, que axudarán aos asistentes a coñecer con algo máis de profundidade as entrañas dunha historia. Esta parte contará con certo marco teórico.

A segunda parte será absolutamente creativa, a partires dos disparadores máis diversos. O obxectivo último é lograr un primeiro achegamento ao manexo do espazo e do tempo, a atopar a diferencia entre personaxes, a distinguir entre tipo de narrador e punto de vista. E a combinar todo o mencionado como mellor lle veña ao noso relato. Porque o certo é que para escribir só hai que poñerse a escribir. Por iso a práctica será o fundamento de todo. Mimando tanto ou máis o outro pilar da escritura: a lectura constante.

Estas actividades enmárcanse no programa de "obradoiros e certame de creación literaria" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

NO OVO

NO OVO
Autora: Emma Lidia Squillari
Tradución: Xosé Ballesteros
Kalandraka editora

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Doce ovos e, en cada un (todos de diferentes tamaños, cores e texturas) unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero axiña o espazo vai minguando a medida que os animaliños medran. 

Ata que chega o emocionante momento de nacer!

O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo... unha ducia de especies ovíparas (entre aves, mamíferos e réptiles) habitan neste libro, no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións. Nelas está a chave para comprender o sentido do texto, breve, sinxelo e enigmático.

ISBN: 978-84-1343-043-0
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23,5 x 28,5 cm

luns, 20 de setembro de 2021

ÁS VECES MAMÁ TEN TRONOS NA CABEZA

ÁS VECES MAMÁ TEN TRONOS NA CABEZA
Autora:  Bea Taboada Diez
Ilustracións: Dani Padrón
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío
Algar editora

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Ás veces mamá ten tronos na cabeza: fala moi alto e aperta os dentes. Ás veces ten nubes na cabeza: esquece preparar o xantar e chegamos tarde aos aniversarios.

Outras veces ten un arco iris na cabeza: canta no coche e dáme moitos bicos. É posible que eu tamén teña tronos, nubes e un arco iris na cabeza?

Un relato que nos axuda a entender as emocións e a convivir con elas.

ISBN: 978-84-9142-483-3
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 25 cm

domingo, 19 de setembro de 2021

"CONVERSAS CON TANA" con AL GUANELLA - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola de novo amigos e amigas, seguidores e seguidoras, usuarios e usuarias e socios e socias da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".


Continuamos coa programación de dinamización da lectura; e a segunda actividade terá lugar o Venres 24 de setembro tamén ás 12:30 horas e neste caso visitarános AL GUANELLA co seu espectáculo "CONVERSAS CON TANA", un espectáculo teatral baseado na ventriloquía onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta tamén de divertidas cancións.

Para este evento están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que de seguro pasarán estupendamente neste formidable espectáculo de AL GUANELLA.

A actividade se realizará no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ISTO E AQUILO

ISTO E AQUILO
Autor: Tomi Ungerer
Tradución: Xosé Ballesteros
Kalandraka
Coleción: Tras os montes

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Un xogo de sorprendentes contrastes que estimula a intelixencia e a creatividade dende o humor e o sentido lúdico das palabras. A obra definitiva dun autor que nunca perdeu o neno que foi.

Máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse, por parellas e de xeito confrontado, neste libro visual de Tomi Ungerer. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir - chorar, amar - compartir, ver - mirar, cantar - baila

ISBN: 978-84-1343-041-6
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger