CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
sábado, 19 de xuño de 2021
COLMILLOS EN PELIGRO
venres, 18 de xuño de 2021
HOXE COÑECEREMOS O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO DE PAZOS DE BORBEN pola Senda Arqueolóxica de Amoedo
E o facemos cunha actividade de natureza, un roteiro pola Senda Arqueolóxica de Amoedo para coñecer parte do patrimonio arqueolóxico e histórico de Pazos de Borbén percorrendo a Ruta Sur da senda, baixo a dirección de Xurxo Constela Doce de A Citania Arqueoloxía, na que imos visitar restos de petróglifos e mámoas e un foxo do lobo.
Con esta actividade pretendemos por en valor o patrimonio natural, arqueolóxico e histórico do municipio,
prestando especial atención tamén á recuperación da toponimia das sendas e dos
paraxes naturais.
Faremos a ruta cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, sen que poidamos admitir mais persoas que puideran estar interesadas en realizar esta actividade debido a que temos que cumprir cos protocolos do COVID-19.
A ruta prevista está chea de posibilidades sendo un recurso indispensable para a proxección social a través dunha didáctica enfocada cara a arqueoloxía cun enorme nùmero de restos arqueolóxicos que a converten nun referente para toda Galicia das épocas da prehistoria recente, primordialmente Neolítico e Idade do Bronce, representadas por mámoas e petróglifos respectivamente.
A catalogación recente dun foxo
de lobos de dobre converxencia aumentan o atractivo da ruta,
atopándonos cun resto insólito e representativo da Época Medieval na Galicia.
Na RUTA
SUR nos concentraremos na zona do Alvedosa con 9 grupos de
petróglifos, 6 mámoas e un foxo de lobos, pola interese de meter máis
épocas históricas no roteiro e empalmar co Concello de Redondela na
ruta, ampliando a perspectiva do val e do propio xacemento de Amoedo.
A ruta dunha extensión aproximada de 2 Km pretendemos facela en 2 e 3 horas aproximadamente, saíndo ás 10:00 horas da mañá dende a gasolineira de Chan de Amoedo, tal e como está previsto inicialmente.
Recordamos as recomendacións debidas á pandemia do COVID-19 do uso obrigatorio da máscara en
todo momento e gardar a distancia de seguridade, e tamén que os participantes procuren:
- Levar
algo de avituallamento (Auga e algo de comida - bocadillo ou
barras enerxéticas-)
- Levar pantalón
largo para protexe-las pernas en zonas de espiños, herba seca,
ramas baixa, etc.
- Levar calzado
adecuado para andar polo monte para evitar accidentes.
Recomendable que sexa calzado pechado evitando zapato de
tacón, zapato aberto tipo sandalias e/ou zapatillas de sola fina porque
resultarán incómodos. O ideal é levar un calzado
apto que teña unha sola grosa, suxeición no nocello e que sexa impermeable.
- Non
separase do grupo para evitar perderse.
Agradecer de novo a axuda de todos os que fixeron posible a realización desta actividade.
Nos próximos días contarémosvos como foi esta mañán de natureza, arqueoloxía e historia.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA.
PROHIBIDO MORDER
xoves, 17 de xuño de 2021
¡QUÉ AMIGA TAN DELICIOSA!
mércores, 16 de xuño de 2021
COA ACTUACIÓN DE ANXO MOURE "CARBALLO CON BOTAS" REMATA A "IX EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA" EN PAZOS DE BORBÉN
Remata a participación do Concello de Pazos de Borbén na "IX EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA", con esta segunda cita do Atlántica 2021 prevista para hoxe mércores 16 de xuño, no Auditorio do Concello, ás 12:30 horas, na que participarán os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Contos con
ecoloxía
Nesta ocasión os contos chegarán da man de Anxo Moure "Carballo con botas" co seu espectáculo "Nubinete contra o cambio climático", unha proposta de viaxe de contos e cantigas ate as nubes para coñecer a problemática da contaminación e o cambio climático. Cun singular paraugas reciclado de nome Dameaugas os máis cativos intentarán conseguir que chovan contos, soños, esperanzas e futuro. Este espectáculo está baseado no libro "O paraugas Dameaugas" do propio Moure (ed. Urco) e forma parte do proxecto CUCO (Cultura Contra o Cambio Climático).
BOCAS
martes, 15 de xuño de 2021
HISTORIA DE BABAR. El pequeño elefante
DE CARBALLO CALERO A CARVALHO CALERO
luns, 14 de xuño de 2021
BRAIS DAS HORTAS INICIA A "IX EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA" EN PAZOS DE BORBÉN CO SEU ESPECTÁCULO "CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS"
Hoxe comeza a IX Edición do Festival Atlántica quentando motores cunha función para escolares no Auditorio de Pazos de Borbén grazas á colaboración do concello.
A actuación terá lugar ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello a cargo Brais das Hortas que traerá ata Pazos de Borbén o seu espectáculo "Contos para caghar patatillas", unha mestura de música, clown e contos a partes iguais. Ao longo dos seus 50 minutos pode acontecer calquera cousa: que a Santa Compaña cante un trap, escoitar a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, que sete bruxas voen de Moaña a Sevilla nunha barca e mesmo crear instrumentos de refugallo en directo.
Participarán nesta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.