sábado, 2 de setembro de 2017

ÉSE NO ES MI ZOO


ESE NO ES MI ZOO
Autora: Elvira Menéndez
Ilustraciones: Mª Luisa Torcida
Editorial Bruño
Colección: Altamar

Género: Literatura en Castellano -Narrativa

Edad Recomendada: + 6 anos

Con la mejor intención, Marta, Pablo y Antonio "secuestran" a un simpático mono del zoo para llevarlo al "zoológico" de los hombres: la ciudad.

Las peripecias que viven los cuatro convierten esta historia en una auténtica carcajada.

ISBN: 84-216-2060-6
Nº de páginas: 136
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 19 cm

O HOME MÁIS RICO DO MUNDO


O HOME MÁIS RICO DO MUNDO
Autor. Xosé A. Neira Cruz
Ilustrador: Fernando L. Juárez
Editorial Kalandraka S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura infantíl en galego - Contos.

Idade Recomendada: +3 anos

A ambición dun rei que quería ser o home máis rico do mundo...

ISBN: 84-8464-097-3
Nº de páxinas: 32
Tamaño: 23 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 1 de setembro de 2017

A SENDA ARQUEOLÓXICA DE AMOEDO - Autor: Jorge Álvarez

"Os petróglifos de Amoedo sitúan á zona como un xacemento destacado de Galicia"

Así o sinalaba Manuel Santos Estévez, arqueólogo e investigador do Laboratorio de Patrimonio do CSIC, nunha entrevista concedida ao xornal Faro de Vigo en 2009. Este foi o comezo dunha senda arqueolóxica aínda sen perfilar, pero que comezaba a súa andaina.

Os primeiros petróglifos inéditos que comezaron a saír a luz foron estudados por Manuel Santos no 2003 atendendo ao aviso da súa existencia de Jorge Alvarez, veciño de Amoedo, afeccionado á arqueoloxía e un dos impulsores da senda; quen, a mediados dos 90 e de xeito constante, comezara a súa busca. Nos anos posteriores e debido ao numero de petróglifos e mámoas descubertos, que foron en aumento, volveu a poñerse en contacto con Manuel Santos, quen confirmou Amoedo como unha das zonas máis importantes en gravados rupestres do sur de Galicia. Esta aseveración foi ratificada nese 2009 polos traballos de campo realizados polo arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar, tamén impulsor da senda de Amoedo e que a día de hoxe colabora nas andainas nocturnas “Amoedo Lenda en Pedra”.

 https://www.dropbox.com/s/e7n1kr485ct77v6/Zonas%20de%20dispersi%C3%B3n%20arqueol%C3%B3xica%20en%20Amoedo.png?dl=0

Toda esta riqueza patrimonial foi posta a disposición do departamento de Patrimonio de (Concello, Deputación de Pontevedra) entre 2009 e 2011 en formato CD e papel, coa consecuente actualización do inventario de xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra, observable nos planos actualizados de 2005 a 2011. Tamén esta mesma información, pero como alegación, foi rexistrada no Concello de Pazos debido á falta de rigorosidade na redacción e formulación do proxecto do PXOM con respecto ao patrimonio arqueolóxico e etnográfico de Amoedo. Do mesmo xeito consta rexistrada na delegación provincial da Consellería de Industria debido ao despropósito por parte dunha empresa de extracción de pedra, que varrería toda unha zona montañosa rica en restos arqueolóxicos e como espazo natural en Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior. Unha nova alegación foi presentada, polo perigo que supuña para estes gravados rupestres e impacto medio ambiental, un vetedoiro de cascallos produto da construción dunha estrada de alta capacidade.

Pese a todo, comezan a realizarse as primeiras andainas cos escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén e cos do IES "Mendiño" de Redondela, amosándolles a historia máis descoñecida da súa terra, concienciando e inculcando a importancia na protección desta riqueza.

https://www.dropbox.com/s/sm59asbemtfoo5s/Amoedo%20Lendra%20en%20Pedra%202016.png?dl=0

Coa incorporación de Antonio Graña -antigo vicepresidente da comunidade de montes de Amoedo- ao traballo comezado por Lois Vilar e Jorge Alvarez, a idea da senda comeza a coller forma entre os tres, sendo no 2011 cando a Senda Arqueolóxica de Amoedo comeza o seu periplo, rexistrando unha solicitude para a súa creación no departamento de Patrimonio de Pontevedra. É neste período, iniciados os traballos da senda, cando comezan as andainas arqueolóxicas nocturnas co nome “Amoedo Lenda en Pedra”. Estes paseos nocturnos, realizados tódolos agostos de cada ano, resultarán ter boa acollida entre o público en xeral.

Na primavera de 2014 é cando o percorrido da mesma queda realizado na súa totalidade, contando con uns 13.300 metros de lonxitude de norte a sur. O seu percorrido consta de tramos de dificultade baixa, media e alta, sendo o nivel medio o predominante.
https://www.dropbox.com/s/6eqzmo7c6dfd86q/Traballos%20de%20construcci%C3%B3n%20da%20Senda%20Arqueol%C3%B3xica%20de%20Amoedo.jpg?dl=0
Traballos de construción da Senda Arqueolóxica de Amoedo
Aínda que a extensión de terreo ocupado polos xacementos é maior que o abarcado pola senda, esta percorre os máis relevantes. Debemos
salientar o valor etnográfico e natural da zona comprendida entre Cepeda e Amoedo polo sur, que comprende a bacía húmida de Valongo e As Lagoas entre os montes da Serra e o Buxel, así como as chás e outeiros dos montes do Pedroso e do Espiño, con lugares como A Matanza, A Rabadeira, Veighuiña Longa, Léghoa Seca ou o Reghueiriño polo norte, abarcando unha extraordinaria concentración de elementos arqueolóxicos e etnográficos con máis de 80 petróglifos e 20 mámoas. A día de hoxe seguen aparecendo petróglifos no monte de Amoedo, algúns deles na zona de influencia da senda. Na súa maior parte abranguen o grupo de motivos coñecidos como xeométricos ou abstractos, aínda que tamén se foron achando gravados coñecidos como os figurados ou naturalistas: cérvidos, armas, podomorfos, antropomorfos, cánidos, équidos, etc.
https://www.dropbox.com/s/qfw5fiewpbdof2h/Senda%20Arqueoloxica%20Amoedo.png?dl=0

Entre os elementos etnográficos contamos co Foxo do Lobo no río Alvedosa, así como un grupo importante de construcións do ciclo da auga que comprenden pozas, regos, levadas, muíños, lavadoiros e fontes. Todos eles reflexo da asisada organización do complexo rural agrogandeiro galego sen solución de continuidade desde o Neolítico. A senda tamén inclúe zonas de hábitat no monte Buxel cun posible asentamento no monte da Serra, no lugar coñecido como as Chouzas. 

Neste 2017 a senda comezou o camiño da súa sinalización gracias a unha subvención da Deputación de Pontevedra solicitada desde o Concello de Pazos de Borbén, consistente en paneis informativos que poñen en coñecemento a súa localización. Nunha segunda fase e para facer o percorrido pola senda o máis cómodo e interactivo posible, a colocación de postes indicadores de dirección e paneis informativos no percorrido da senda son completamente necesarios, pero haberá que esperar ao 2018 segundo previsións do Concello. O mantemento do propio trazado da senda tamén se fai necesario e este ano, en colaboración co Concello, unha brigada limpou de maleza a zona norte e espérase que se realice a da zona sur este mesmo ano.



O traballo non foi nin é pequeno. É un traballo que necesita a man de moitos e moitas para que a senda sexa unha realidade e se propague no tempo o modelo de recuperación patrimonial que se comezou coa senda hai xa 6 anos. Neste caso, os integrantes da Senda arqueolóxica de Amoedo agradecen a axuda prestada polos compoñentes da antiga directiva da Asociación de Veciños de Amoedo, da antiga Comunidade de Montes en Man Común de Amoedo, da Área de Cultura, do Segundo Tenente Alcalde do Concello e de tódalas persoas que, de forma directa ou indirecta, apoiaron a creación dun camiño para a recuperación e protección dun anaquiño importante da historia desta terra.

Autor: Jorge Álvarez García

ROMANCE DE SINFOROSA


ROMANCE DE SINFOROSA
Texto e ilustraciones: Nono Granero
Editorial Libre Albedrío

Género: Literatura Infantíl en Castellano- Poesía 

Edad Recomendada: +6 años 

Finalista del Premio Fundación Cuatro Gatos 2017

Cuando cumple cinco años, la princesa Sinforosa sólo tiene un deseo: que todo sea de color rosa. Su padre, el Rey, concede este "extravagante" deseo a su hija.

A partir de ese momento, el palacio se pinta de color rosa y también todo lo que hay en él. Mas los caprichos de la princesa no se quedan ahí y ordena que todo el mundo vista de color rosa.

Las consecuencias de esta "alocada" idea hacen resentir la estabilidad y el orden en el país ¡y en todo el universo!

Un cuento escrito en romance, que provocará la risa y la sorpresa en los pequeños lectores. Con desplegables en los que descubrirán un punto de vista diferente. 

ISBN: 978-84-944172-2-1
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Cartoné

O TESOURO DA LAGOA DE REID´LS


O TESOURO DA LAGOA DE REID´LS
Autor: Agustin Agra
Ilustracións: Andrés Meixide
Edicións Xerais de Galicia S.A. 

Xénero: Literatura en Galego -Narrativa 

Idade Recomendada: + 12 anos 

Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo.

O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid´ls.

Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e otras alfaias, de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago.

¿Cómo fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino?

¿Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? 

ISBN: 978-84-9782-481-1 
Nº de páxinas: 84 
Encadernación: Tapa blanda 
Formato:19 cm

xoves, 31 de agosto de 2017

OS OFICIOS DE XAN

OS OFICIOS DE XAN
Autor: Antonio Rubio
Ilustracións: Rebeca Luciani
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Os oficios de Xan narra a historia de Xan, un neno que lonxe de pasar unha noite de prácido descanso, vive unha trepidante aventura chea de doces soños de sabas brancas.

Deste xeito, o protagonista desta historia, a partir das súas rutinas cotiás de alimentación, hixiene persoal e descanso; soña entre outros oficios e profesións: que é medico de grilos, albanel de casas de ladrillo... e ata domador de golfiños!!! 

ISBN:84-8464-089-2
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm




mércores, 30 de agosto de 2017

VECIÑOS


VECIÑOS
Autor: Angeles Jimenez
Ilustracións: Pablo Prestifilippo
Kalandraka Editora S.L.
Colección: Maremar 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos 

Idade Recomendada: +6 anos 

Outra explicación emocional acerca de como funciona un ecosistema. 

Sobre a terra hai unha árbore redonda e verde. Cando o sol se esconde, na terra acéndense tres ventás. Baixo a árbore, dentro da terra, hai unha casa...

ISBN: 84-8464-140-6
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 30 cm

martes, 29 de agosto de 2017

O ROBOT INTERNOT


O ROBOT INTERNOT 
Autor:Àngels Prat 
Ilustracións: Fina Rifà 
Editorial Combel 
Colección: Galope 

Xénero: Literatura Infantil en galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Naquela casa todo cambia o día que decidiron buscar un canguro por Internet.

Deste xeito chega Internot, un robot tenro, listo, que tamén sabe soñar.

Un canguro que sabe vixia- las nenas e os nenos mellor ca ninguén. Pero este robot non chega só... 

ISBN:84-8464-090-6 
Nº de páxinas:28 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm






luns, 28 de agosto de 2017

UNHA PANTASMA CON ASMA


UNHA PANTASMA CON ASMA
Autor: Carmen Gil
Ilustracións: Sarah Webster
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Ata as pantasmas ponde chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes insalubres ou solitarios.

Pero as divertidas rimas desta historia recetarannos o remedio infalible que cura todos os males, incluidos os pantasmales.

ISBN:84-8464-012-4
Nº de páxinas:40 
Encadernación: Tapa dura 
Formato: 22cm

domingo, 27 de agosto de 2017

MISTERIO NA HORTA


MISTERIO NA HORTA 
Autor: Lawrence Schimel 
Ilustracións: Sara Rojo 
Kalandraka Editora S.L 
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Conta a historia dun rapáz chamado Xan que atopa un baúl duns supostos piratas onde había unha lupa e foi a buscar pistas e imaxinou que era un detective.

ISBN:84-8464-125-2
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger