NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantís.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantís.. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de febreiro de 2018

UN BAÚL CHEO DE PIRATAS


UN BAÚL CHEO DE PIRATAS
Autora: Ana Rossetti
Ilustración: Alfonso Gómez
Traducción: Antón Palacio
Santillana Infantil y Juvenil S.L e Edicións Obradoiro S.L.
Colección Oqueleo Narrativa Serie Amarela 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: A partir de 6 anos. 

No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro. 

Abre a porta do baúl, vive coma un pirata e suca os mares do Sur. 

ISBN: 978-84-16834-00-6
Nº de páxinas: 61
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

luns, 29 de xaneiro de 2018

EL HADA PIMIENTA Y OTROS POEMAS


EL HADA PIMIENTA Y OTROS POEMAS
Autora: Vanesa Pérez-Sauquillo
Ilustración: Emilio Urberuaga
Santillana Infantil y Juvenil, S.L
Colección Loqueleo Poesía Serie Amarilla

Género: Literatura Infantíl - Poesía

Edad Recomendada: A partir de 6 años.

¿Se puede arreglar el mundo estando de mal humor?

¡Que se lo pregunten al hada de la Pimienta ! Diviértete con ella, sus aventuras, su canción, el secreto de su mal genio...

¡Con entrevista exclusiva! 

Además, viaja a la selva más educada del mundo, descubre las maravillosas chapuzas de un papá, poemas para vencer el miedo, la tristeza... 

La poesía que te hará reír, cantar y querer abrazar a todo el planeta. 

En el siguiente enlace encontrarás una audición del propio libro de poesía que podrás escuchar.

Haz clic y escúchalo: https://www.loqueleo.com/es/libro/el-hada-de-la-pimienta-y-otros-poemas 

ISBN: 978-84-9122-160-9
Nº de páginas: 62
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

sábado, 28 de outubro de 2017

SAMAÍN


SAMAÍN
Autor: Clara de Saá 
Ilustracións: Sandra Fernández 
Radio Galega
Kalandraka Editora S.L 

Xénero: Literatura Infantil en galego -Contos 

Idade  recomendada: +3 años 

O día un de novembro é o primeiro do ano no calendario celta e celébrase a tradicional noite de Samaín, na que ocorren cousas máxicas e póñense cabazas con velas acesas nas portas das casas.

Fermín, o monstro das castañas, que comía de dúas en dúas, preparouse para o concurso de sustos desa noite. Quería ser o gañador. Peiteando a súa longa melena vermella descubriu no espello, alarmado, que o seu pelo era agora verde. Así non podería asustar aos nenos.

A rata Casilda, unha experta gañadora do concurso de sustos varios anos, díxolle que lle pasase por comer tantas castañas na noite de Samaín. Suxeriulle facer máis terrible o seu aspecto poñendo un rabo longo: atou unha corda á cintura, pero enredouse con ela. Probou a poñer dentes e bigotes de rata coas pinzas da roupa e os cordóns dos zapatos, pero non era capaz de falar ben e os bigotes facíanlle cóxegas.

Uns nenos que o viron con esa pinta riron del. Entón púxose contento e xa non lle importou non poder gañar o concurso de sustos: este ano faría rir.

ISBN:84-8464-034-5 
Nº de páxinas:32 
Encadernación: Cartoné
Formato: 17 x 23 cm

sábado, 9 de setembro de 2017

MANU


MANU
Autor: Irene Pérez Pintos
Ilustracións: Ramón Trigo Alonso
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Conta a divertida historia dun rapaz chamado Manu que lle vai facer un recado a súa nai pero como lle tiña entrado auga nos oídos non escoita ben o que lle manda comprar a súa nai e traelle outras cousas...

ISBN: 84-8464-110-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

venres, 8 de setembro de 2017

A CASA DA MOSCA CHOSCA


A CASA DA MOSCA CHOSCA
Autor: Eva Mejuto
Ilustracións: Sergio Mora
Kalandraka Editora S.L
Colección: Os contos do trasno

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Conto popular ruso: Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar.

Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta.

ISBN:84-8464-155-4
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm

mércores, 6 de setembro de 2017

RAPUNZEL

 


RAPUNZEL
Autor: Maite García
Ilustracións: Antonio Caíña
Kalandraka Editora S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Conta a historia dunha familia da realeza que por causa da enfermidade da muller o marido fai un trato coa bruxa Gothel para coller unhas campaiñas coa condición de que cando teñan un fillo o entreguen. 

 Teñen unha filla que é nomeada Rapunzel e que vai vivir coa bruxa que por causa dun feitizo non para de crecerlle o pelo e queda encerrada no castelo en espera de alguén que a veña a rescatar...

ISBN: 84-8464-111-2
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 27,5 cm

sábado, 2 de setembro de 2017

O HOME MÁIS RICO DO MUNDO


O HOME MÁIS RICO DO MUNDO
Autor. Xosé A. Neira Cruz
Ilustrador: Fernando L. Juárez
Editorial Kalandraka S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura infantíl en galego - Contos.

Idade Recomendada: +3 anos

A ambición dun rei que quería ser o home máis rico do mundo...

ISBN: 84-8464-097-3
Nº de páxinas: 32
Tamaño: 23 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 25 de agosto de 2017

O BOSQUE ANIMADO


O BOSQUE ANIMADO
Autor: Varios autores
Ilustracións: Editorial Evergráficas S.L

Xénero: Literatura Infantil en galego - Contos 

Idade  Recomendada: +9 anos

Descubre as aventuras de Furi, Linda e todos os seus amigos neste precioso álbum ilustrado baseado na pelicula de debuxos  O bosque animado.

No bosque animado viven animais de diversas especies, mesmo Furi, unha toupa. Furi está namorado de Linda e faría calquera cousa por conseguir que ela sentira o mesmo por el.

Un día, a Linda ráptana con fins terribles, pero cando ela máis precisa a axuda de Furi, el, paralizado polo pánico, non pode responder.

Finalmente, Furi consegue reaccionar con rapidez e logra atopar a maneira de salvar a súa amiga Linda dun tráxico final...

ISBN:84-8464-090-6 
Nº de páxinas:28 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

martes, 15 de agosto de 2017

O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO


O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO
Autor: Miquel Obiols
Ilustracións: Roger Olmos
Kalandraka Editora S.L
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: +9 anos

Esta obra é unha recreación do mundo artístico de Joan Miró a través dunha viaxe imaxinaria que o pintor realiza na procura de cinco manchas de pintura fuxidas do seu estudo.

O autor plantexa unha metáfora da arte de Miró nun texto de ton surrealista e cunha gran carga poética, que reborda imaxinación.

Se queres coñecer o punto de mira de Miró, deberás seguir as peripecias de cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas, moitas ganas de manchar.

ISBN:84-8464-098-1
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 27,5 cm

domingo, 13 de agosto de 2017

O PESCADOR E A SUÁ MULLER


O PESCADOR E A SUÁ MULLER
Autor: Manuela Rodríguez
Ilustracións: Josep Rodés
Kalandraka Editora S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos 

Un dos moitos contos tradicionais que escribiron os irmáns Grimm, adaptado por Manuela Rodríguez e con ilustracións de Josep Rodés.

Conta a historia dun pobre pescador que vive coa súa muller nunha pequena choza e que un día ao ir pescar saca do mar un enorme rodaballo, que di ser un príncipe capaz de conceder desexos.


Ao decatarse a muller do pescador, obriga ao seu marido para volver e pedirlle ao rodaballo unha casa para os dous, que se lles concede. Con todo a avaricia da muller non terá límites o que forzará ao pescador para volver día tras día para falar co rodaballo. 

Un conto que segue enganchando aos máis pequenos pola fantasía e as ilustracións.

Unha excelente lectura para traballar cos nenos temas como a avaricia, a xenerosidade, compartir... 

ISBN: 84-8464-161-9
Nº de páxinas:44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

mércores, 9 de agosto de 2017

CONTO PARA CONTAR MENTRES SE COME UN OVO FRITO


CONTO PARA CONTAR MENTRES SE COME UN OVO FRITO
Autor: Pep Bruno
Ilustracións: Mariona Cabassa
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: +6 anos

O periplo dun ovo de galiña ata chegar ao seu destinatario e ser comido é o argumento deste interesante álbum.

Unha divertida historia que supón un percorrido de ida e volta a través dunha serie de personaxes e situacións.

O texto ten unha cadencia e un ritmo que convidan a lelo en voz alta e lembran o ton e a estrutura dos contos tradicionais.

As suxestivas ilustracións completan perfectamente o texto e engádenlle unha gran expresividade.

ISBN: 84-8464-162-7
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

xoves, 20 de xullo de 2017

IGOR

IGOR
Autora: Charo Pita
Ilustracións: Carmela Mayor 
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora 

Género: Literatura Infantil en galego -Contos

Idade Recomendada: +3 años 

Aos seus catro anos Igor xa facía cousas incribles: subía ás árbores, internábase en selvas escuras e... coidaba do seu irmán. 

Igor é todo un home de catro anos capaz das máis grandes fazañas: percorrer selvas escuras e darlle a papa ao seu irmán. Quen non estaría orgulloso de alguén como el? 

Igor é un libro para nenos de 4-5 anos, no que os nenos/as poden chegar a soñar con Igor. É un libro cunha xeniais ilustracións, xa que ocupan toda a páxina. As ilustracións son moi representativas, con palabras que interpretan o que din as imaxes. Este libro esta composto por imaxes que a Igor vénlle á cabeza, e que os nenos/as cando o lean pódense imaxinar no mundo que observan.

Precisamente, este conto trata de que os nenos/as se mergullen un mundo cheo de imaxinación e de ilusión, cunha imaxes moi divertidas. E así aos poucos, poder ir superando os obstáculos das selvas escuras, as grandes fervenzas e de saír do mundo descoñecido para todos.

ISBN:84-8464-090-6
Nº de páxinas:28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger