sábado, 9 de outubro de 2021

AS HISTORIAS DO LOBO DE AREA

AS HISTORIAS DO LOBO DE AREA
Autor: Åsa Lind
Ilustracións: María Elina Méndez
Tradución: Antón Lado
Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Continúan as aventuras e as novas experiencias de Zackarina co seu sabio amigo: a amizade, o medo, a morte…

A frescura e mais a rebeldía dunha nena que busca o seu espazo de resistencia no mundo adulto.

ISBN: 978-84-1343-032-4
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23,5 cm

xoves, 7 de outubro de 2021

A SEÑORITA BUBBLE. Baixo cero

A SEÑORITA BUBBLE
Baixo cero
Autora: Ledicia Costas
Ilustracións: Andrés Meixide
Edicións Xerais de Galicia
Colección: A señorita Bubble

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada.

Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro.

ISBN: 978-84-9121-763-3
Nº de páxinas: 128
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

mércores, 6 de outubro de 2021

PATIO DE LUCES


PATIO DE LUCES
Autora: Erica Esmorís
Ilustracións: Juan Berrio
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga, 2020

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír.

En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu.

Serán tal e como Lea os imaxina?

ISBN: 978-84-9121-764-0
Nº de páxinas: 96
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 5 de outubro de 2021

UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO

UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
Autora: Teresa González Costa
Ilustracións: María Brenn
Traductor: Ignacio Chao
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia.

O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en perigo, pero que pode facer un superheroe que non soporta os insectos, por moi máxicos que sexan?

ISBN: 978-84-9121-884-5
Nº de páxinas: 104
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

luns, 4 de outubro de 2021

AS POMBAS DE BASTIÁN

AS POMBAS DE BASTIÁN
Autora: María Canosa
Ilustracións: Noemí López
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir.

Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermosa amizade.

ISBN: 978-84-9121-845-6
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm

domingo, 3 de outubro de 2021

ANDAR AOS BIOSBARDOS

ANDAR AOS BIOSBARDOS
Autora: Charo Pita
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial Galaxia
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Se saísedes cazar biosbardos, que cazariades?

De seguro que algunha boa historia. Como as que atoparás aquí, e que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo.

Ou talvez non.  
Ti decides.

ISBN: 978-84-9151-611-8
Nº de páxinas: 60
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger