sábado, 2 de xaneiro de 2021

LAS TINIEBLAS Y EL ALBA

LAS TINIEBLAS Y EL ALBA
Autor: Ken Follett
Plaza & Janés

Género: Literatura en Castellano - Novela

Año 997, finales de la Edad Oscura. Inglaterra se enfrenta a los ataques de los galeses por el oeste y de los vikingos por el este. La vida es difícil y aquellos que ostentan algo de poder lo ejercen con puño de hierro y, a menudo, en conflicto con el propio rey.

En estos tiempos turbulentos, tres vidas se entrecruzan: el joven constructor de barcos Edgar, a punto de fugarse con la mujer a la que ama, comprende que su futuro será muy diferente a lo que había imaginado cuando su hogar es arrasado por los vikingos.

Ragna, la rebelde hija de un noble normando, acompaña a su marido a una nueva tierra al otro lado del mar solo para descubrir que las costumbres allí son peligrosamente distintas; y Aldred, un monje idealista, sueña con transformar su humilde abadía en un centro de saber admirado en toda Europa. Los tres se verán abocados a un enfrentamiento con el despiadado obispo Wynstan, decidido a aumentar su poder a cualquier precio.

El gran maestro de la narrativa de acción y suspense nos transporta al ocaso de una época violenta y brutal y al comienzo de un nuevo tiempo en un monumental y emocionante relato de ambición y rivalidad, nacimiento y muerte, amor y odio.

ISBN: 978-84-01-02287-6
Nº de páginas: 936
Formato: 16 cm x 23 cm
Encuadernación: Tapa dura

ATRAPAMIRADAS

ATRAPAMIRADAS
Autora: Marina Núñez
Ilustracións: Avi Ofer
Tradución: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora
Coleción Demademora

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Finalista do XII Premio Internacional Compostela

"Hoxe Beira levantouse animada, disposta a atopar unha solución dunha vez por todas. Hai xa tempo que anda preocupada e esta mañá, por fin, decidiu saír a atrapar miradas. Crúzase con moita xente, pero... miradas!? non atopa ningunha…"

Atrapamiradas é o espello da realidade na que moitas nenas e nenos ven reflectidos cada día, coa sociedade enganchada aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable a “as cousas máis marabillosas” que se poden apreciar, non a través dunha pantalla, senón da retina.

ISBN: 978-84-1434-008-9
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm

venres, 1 de xaneiro de 2021

"OBRA COMPLETA" de FEDERICO GARCÍA LORCA


OBRA COMPLETA
Autor: Federico García Lorca
Akal Ediciones
Colección: Básica de bolsillo

Género: Literatura en Castellano - Novela

Presentamos la edición de Akal de la obra completa de Federico García Lorca bajo la dirección de Miguel García-Posada.

En ella se incluyen todas las obras de poesía, teatro y narrativa con las que el genial escritor granadino ha deleitado a todos los públicos: mitificado, exaltado, idealizado y, a veces, en siniestra contrapartida, grave, indecentemente vilipendiado, encontrará aquí el lector la obra completa de un autor cuya popularidad inmensa no ha dañado jamás su calidad.


CONTENIDOS

I. Poesía 1: Libro de poemas. Poema del cante jondo. Suites. Canciones.

II. Poesía 2: Romancero gitano. Odas. Poemas en prosa. Poeta en Nueva York. Tierra y Luna. Diwán del Tamarit. Seis poemas galegos. Llanto por Ignacio Sánchez Mejías. Sonetos. Poemas sueltos. Otros poemas.

III. Teatro 1: FARSAS. Los títeres de Cachiporra: Tragicomedia de don Cristóbal y la señá Rosita; Retablillo de don Cristóbal. La zapatera prodigiosa. Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín. TRAGEDIAS. Bodas de sangre. Yerma.

IV. Teatro 2: DRAMAS. El maleficio de la mariposa. Mariana Pineda. Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores. La casa de Bernarda Alba. Los sueños de mi prima Aurelia. APÉNDICE: Del amor (Teatro de animales); Sombras.

V. Teatro 3: (Teatro imposible). Cine, Música TEATRO IMPOSIBLE. Diálogos. Otros diálogos. El público. Así que pasen cinco años. Comedia sin título. CINE. Viaje a la luna. MÚSICA. Colección de canciones populares antiguas. Otras canciones populares antiguas. Dos melodías del «Primer romancero gitano». Canciones del teatro. Música para la barraca. Granada.

VI. Prosa 1: Primeras prosas. Conferencias. Conferencias-Recitales. Alocuciones. Homenajes. Varia. Vida, poética, antecríticas. Entrevistas y declaraciones.

VII. Prosa 2: Epistolario.

ISBN: 978-84-7600-413-5
Nº de páginas: 4.316
Formato: 12 x 18 cm
Encuadernación: Tapa blanda

O PEQUENO INDIO

O PEQUENO INDIO
Autor: Ricardo Alcántara
Ilustrador: Gusti
Traductor: Xosé Ballesteros
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

CARA PINTADA E UN PEQUENO GUERREIRO DA TRIBO DOS MOI LARPEIROS. NA ALDEA NON PARA UN MOMENTO, SÁBENO BEN NO CAMPAMENTO

As aventuras de Brais ambiéntanse no lonxano Oeste a través da estética das icónicas películas de indios e vaqueiros. O protagonista volve amosar a súa ilimitada capacidade para converter calquera obxecto no penacho de plumas máis impoñente, na montura máis veloz, no arco máis certeiro

ISBN: 978-84-8464-472-9
Nº de páxinas: 14
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18 x 22 cm

xoves, 31 de decembro de 2020

22 SEGUNDOS

22 SEGUNDOS
Autora: Eva Mejuto
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.

Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.

Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.

22 segundos relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

ISBN: 978-84-9121-239-3
Nº de páxinas: 136
Formato: 13 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

SE CHE PICA UN MOSQUITO

SE CHE PICA UN MOSQUITO
Autor: Jordi Gastó
Ilustracións: Christian Inaraja
Tradución: Xosé Ballesteros
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Se che pica un mosquito é un divertimento que, a partir dun pequeno percance cotiá, invita os prelectores e os primeiros lectores a probar un atípico remedio para as molestias dunha picadura.

Saltar, facer acenos, xogar e compartir bos momentos en agradable compañía son algunhas das contrastadas recomendacións de Jordi Gastó e Christian Inaraja.

ISBN: 978-84-1343-002-4
Nº de páxinas: 22
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 23 cm
 

mércores, 30 de decembro de 2020

TRESCATORCEDEZASEIS

 
TRESCATORCEDEZASEIS
Autor: Rocío Leira Castro
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela

Finalista do XI premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.

Comeza o xogo!

ISBN: 978-84-9121-624-7
Nº de páxinas: 144
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

UN RICO PASTEL

UN RICO PASTEL
Autor: Christian Voltz
Traductor: Xosé Ballesteros
Kalandraka

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +2 anos

"Oh! Que desatre! Invitei a dona Branca a merendar? Dende hai unha hora, estou intentando facer un pastel? Pero non hai xeito nin dereito! Está a quedar como un puré! E iso que fixen a receita paso a paso?"

Facer Un rico pastel non é tan doado como parece, nin como explican os libros tradicionais de receitas, nin os dispositivos móbiles actuais.
E se non, que llo digan ao pobre Don Antón, desesperado ante a chegada inminente da súa invitada. O doce que está preparando ten moi mala pinta, pero menos mal que uns simpáticos amigos veñen na súa axuda... Ou non!

ISBN: 978-84-1343-027-0
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 23 cm

martes, 29 de decembro de 2020

BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO PAPAGAIO QUE FALABA DE MAIS

BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO PAPAGAIO QUE FALABA DE MAIS
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Editorial Galaxia
Colección: Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela

Despois de facerse cargo da axencia de detectives de seu pai, paralizado na cama tras un accidente que en realidade fora un intento de asasinato, que Berta Mir resolveu, mergúllase noutro caso, aparentemente sinxelo: buscar un papagaio roubado; pero que se complicará enredándose cunha rede mafiosa de tráfico de animais, un asasinato, unha misteriosa desaparición e o descubrimento das miserias e segredos dunha podente familia industrial barcelonesa.

Un novo caso que, xunto co primeiro concerto do seu grupo de rock, os desenganos amorosos e o enfrontamento coa dura realidade cotiá, fai que Berta abandone de golpe a adolescencia e se descubra a si mesma.

ISBN: 978-84-9151-403-9
Nº de páxinas: 324
Formato: 14 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

FROITAS

FROITAS
Autor: Antonio Rubio
Ilustracións: Óscar Villán
Tradución: Manuela Rodríguez Lorenzo
Kalandraka
Colección: Do berce á lúa

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Froitas contén unha escolma de saborosos alimentos procedentes das súas respectivas árbores. Os seus destinatarios son nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas.

Un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a educar o ollo e adozar o oído do pequeno lector-

ISBN: 978-84-84644866
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16 cm

luns, 28 de decembro de 2020

ATRANCO NO BANCO

ATRANCO NO BANCO
Autor: Manuel Núñez Singala
Editorial Galaxia
Colección: Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Teatro

Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.

Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto.

Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida. 

E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

ISBN: 978-84-9151-405-3
Nº de páxinas: 108
Formato: 13 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

ANIMAIS

 

ANIMAIS
Autor: Antonio Rubio
Ilustracións: Óscar Villán
Tradución: Manuela Rodríguez Lorenzo
Kalandraka
Colección: Do berce á lúa

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Animais reúne unha amigable e heteroxénea sucesión de fauna silvestre e salvaxe. Os seus destinatarios son nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas.

Un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a “educar o ollo e adozar o oído” do pequeno lector, como explica o seu autor, Antonio Rubio.

ISBN: 978-84-84644842
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16 cm

domingo, 27 de decembro de 2020

48 HORAS

 
48 HORAS
Autor: Cándido Paniagua Pousa
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela

Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido.

Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais.

A súa busca ten tempo límite: 48 horas. Entre todos serán quen de atopalo?

ISBN: 978-84-9121-674-2
Nº de páxinas: 152
Formato: 13 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

EL PIOJO SALTARÍN

 

EL PIOJO SALTARÍN
Autora: Raquel Díez
Ilustradora: Anna Laura Cantone
Legua Editorial

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Poesía, magia, ilusión… en el corazón de un álbum ilustrado en el que la musicalidad del texto se funde entre divertidas ilustraciones, garantizando la diversión y el aprendizaje.

Con un trasfondo educativo, el piojo Saltarín, flota en estas páginas para advertirte que… Puede estar en cualquier parte, PENSANDO CUÁNDO PICARTE… ¡Te está esperando!

Con el piojo Saltarín aprenderemos hábitos básicos que fomenten el cuidado personal, la higiene, la alimentación saludable y el ejercicio físico, aspectos claves en el desarrollo de la autonomía, la responsabilidad y la iniciativa personal en las rutinas diarias.


ISBN: 978-84-944739-6-8
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 30 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger