sábado, 23 de maio de 2020

A COLMEA


A COLMEA
Autor: Petra Bartíková
Ilustrador: Martin Sojdr
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. Como sería?

Na primaveira voarías de flor e flor recollendo pole que logo as túas amigas da colmea transformarían en doce mel.

Durante as túas viaxes para recoller pole, beberías delicioso nectar con sabor a limoada.

Terías que ir de campo porque as abellas non teñen baño na colmea.

E se tes sorte, ata podes aprender a facer mel. A que é apetecible?

Pois ven que te levamos a dentro da colmea!

ISBN: 978-84-9995-290-1
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm

venres, 22 de maio de 2020

QUEN É ESE BECHO?


QUEN É ESE BECHO?
Autor: Carmen Queralt
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Neste libro descubrirás quen é o maior becho de todos os bechos existentes. 

Anímaste a descubrilo?

ISBN: 978-84-8464-397-5
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 22 cm

xoves, 21 de maio de 2020

NICOLÁS COCIÑA SEN LUME


NICOLÁS COCIÑA SEN LUME
Texto: Asociación BATA
Ilustracións: Alicia Suárez
Tradución: Iago Nicolás
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Nicolás ensina a cociñar platos sinxelos sen lume para que os máis pequenos aprendan a manexarse na cociña.

Este libro conta con pictogramas para axudar a súa comprensión.

Gorro e mandil, mans limpas e a cociñar! Canapés, macedonia, xeado de plátano, batido de amorodo... Fácil e divertido, "día a día", seguindo os pictogramas.

Non esperes máis e aprende a cociñar con Nicolás.

ISBN: 978-84-8464-470-5
Nº de páxinas: 33
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,5 x 22,5 cm

mércores, 20 de maio de 2020

A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO


A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO
Autor: Cristina Sáez Cazallas
Ilustradora: Almudena Aparicio
Edita: Baía Edicións, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fora da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan as agachadas.

A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño. Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre.

A casa ten na porta da entrada un letreiro que di: <<A casa máis animada do mundo>>.

ISBN: 978-84-92630-33-2
Nº de páxinas: 157
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23 cm


martes, 19 de maio de 2020

A BANDA DE RAIMUNDA


A BANDA DE RAIMUNDA
Autor: Pablo Nogueira
Ilustrador: Manuel Uhía
Edita: Baía Edicións, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorza só bule un "croa, croa, croa".

Conseguirá finalmente cumprir o seu soño?

ISBN: 978-84-9995-317-5
Nº de páginas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 19,5 cm

luns, 18 de maio de 2020

CANTAMOS?


CANTAMOS?
Autor: Luis Vallecillo
Textos: Celtia Figueiras
Ilustracións: Blanca Millán
Edita: Guindastre Edicións

Xénero: Literatura Infantil Galega - Música - Poesía

Idade recomendada: +3 anos

Un audiolibro cheo de amocións, con contos que son cancións, música para xogar e bailar, debuxos de ler e letras para soñar.

Luis e Rosi convídante a cantar e descubrir un mundo de fantasía no que todo é posible.

Que? Animaste a formar parte do seu coro?

ISBN: 978-84-09-03640-0
Nº de páxinas: 39
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 25,5 cm

domingo, 17 de maio de 2020

SHANGAI A BARCELONA


SHANGAI A BARCELONA
Autor: Amador Castro Moure
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

PREMIO XERAIS DE NOVELA 2019

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser "segado" da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigracións a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.

Shangai a Barcelona é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espacios urbanos (especialmente a cidade de Barcelona) co máis que esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que sale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.

O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.

Shangai a Barcelona é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.

ISBN: 978-84-9121-592-9
Nº de páxinas: 193
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 15,5 x 23 cm

MÚSICA NO FAIADO


MÚSICA NO FAIADO
Autor: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustradora: Laura Tova
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.

A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

ISBN: 978-84-9121-409-0
Nº de páxinas: 129
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm


MEMORIA DO SILENCIO


MEMORIA DO SILENCIO
Autor: Eva Mejuto
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquesta. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.

ISBN: 978-84-9121-461-8
Nº de páxinas: 149
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA


A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA
Autor: Antonio Rodríguez Almodóvar
Ilustrador: Marc Taeger
Edita: Editorial Kalandraka, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Había unha vez unha nena moi xeitosa que vivía nunha aldea, preto dun bosque.

Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella, porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores, regaláralle unha capa desa cor, cuncha carapucha para o frío.

Á nena prestáballe tanto aquela peza que a quería pór un día si e outro tamén. Mais a súa nai dixéralle que era só para saír da casa, cousa que non ocorría moi a miudo.

ISBN: 978-84-8464-512-2
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 22,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger