NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Emigrantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emigrantes. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de maio de 2021

PERIPLO ATLÁNTICO

PERIPLO ATLÁNTICO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Rañolas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Panchito é un pingüín que vive na ría de Pontevedra, onde non hai ningún coma el. Un día sente, coma os mozos da súa vila, anceios de ver mundo, e embarca de polisón nun barco descoñecido que o levará a vivir un periplo atlántico cheo de aventuras.

Contén actividades relacionadas co polifacético autor de Rianxo.

Podes descargar de balde o seu póster aquí.

ISBN: 978-84-946043-1-7
Nº de páxinas: 21
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 23 cm

luns, 17 de agosto de 2020

MORRIÑA


MORRIÑA
Autor: Paula Ventimiglia
Edita: Hércules de Ediciones, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

A viaxe, un futuro incerto pero esperanzador. Xente que non é a túa e unha cidade descoñecida. A nostalxia da terra sempre queda no corazón. Un percorrido vital, sen palabras, no que moitas persoas se poden ver reflectidas.

ISBN: 978-84-949843-4-1
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 20,5 cm

martes, 11 de agosto de 2020

UNHA LONGA VIAXE


UNHA LONGA VIAXE
Autor: Daniel Hernández Chambers
Ilustrador: Federico Delicado
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +9 anos

Este libro conta duas historias paralelas de emigración: A dos gansos e a dos humanos. Uns fuxen do inverno e os outros da guerra.

Unha breve e apasionante ollada do perigo que entraña sair do fogar coñecido para adentrarse no descoñecido.

ISBN: 978-84-8464-410-1
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 25,5 cm

domingo, 17 de maio de 2020

MÚSICA NO FAIADO


MÚSICA NO FAIADO
Autor: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustradora: Laura Tova
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.

A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

ISBN: 978-84-9121-409-0
Nº de páxinas: 129
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm


domingo, 22 de abril de 2018

O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO

 

O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
Autor: Hector Cajaraville
Santillana Infantil y Juvenil S.L. e Edicións Obradoiro S.L 
Colección Oqueleo Narrativa Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil  Galega - Narrativa

David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns.

A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata entón tivera contacto, un misterio arredor da "casa de Formoso" que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que xorde de súpeto polo lado máis imprevisible...

ISBN: 978-84-16834-43-3
Nº de páxinas: 221
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger