Agora sí que damos por rematadas as actividades do primeiro semestre deste pandémico ano 2021 o próximo Venres 18 de xuño no que temos previsto realizar unha nova actividade de natureza consistente nun "ROTEIRO PARA COÑECER O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO DE PAZOS DE BORBÉN" pola Senda Arqueolóxica de Amoedo, baixo a dirección de Xurxo Constela Doce de A Citania Arqueoloxía, na que poderemos visitar restos de petróglifos e mámoas e, se é posible, pola vexetación, un foxo do lobo.
O obxectivo principal que pretendemos é
por en valor o patrimonio natural, arqueolóxico e histórico do municipio,
prestando especial atención tamén á recuperación da toponimia das sendas e dos
paraxes naturais.
Concertamos esta actividade co CPI
"Curros Enríquez" de Pazos e convidamos a realizala
aos alumnos de 5º e 6º de Primaria.
Non podemos admitir mais persoas que
puideran estar interesadas en realizar esta actividade debido a que temos que
cumprir cos protocolos do COVID-19.
Intentaremos convocar outros roteiros tan
pronto sexa posible para o público en xeral.
A ruta prevista está chea de posibilidades
amosándose como un recurso indispensable para a proxección social a través
dunha didáctica enfocada cara a arqueoloxía. O enorme nùmero de restos arqueolóxicos a converten nun referente para
toda Galicia das épocas da prehistoria recente, primordialmente Neolítico e
Idade do Bronce, representadas por mámoas e petróglifos respectivamente.
A catalogación recente dun foxo
de lobos de dobre converxencia aumentan o atractivo da ruta,
atopándonos cun resto insólito e representativo da Época Medieval na Galicia.
A nosa vontade é a de facer a RUTA SUR -concentrándonos na zona do
Alvedosa con 9 grupos de petróglifos, 6 mámoas e un foxo de lobos-, pola
interese de meter máis épocas históricas no roteiro e empalmar co Concello
de Redondela na ruta, ampliando a perspectiva do val e do propio
xacemento de Amoedo.
A ruta terá unha extensión aproximada de 2
Km e o tempo que se empregará na mesma estará entre 2 e 3 horas
aproximadamente. A saída está prevista ás 10:00 horas da mañá dende a
gasolineira de Chan de Amoedo.
Ademáis das recomendacións habituais
debido á pandemia do COVID-19 do uso
obrigatorio da máscara en todo momento e gardar a distancia de seguridade de 1,50 m, para facer a ruta con
seguridade recomendamos tamén as seguintes:
- Levar
algo de avituallamento (Auga e algo de comida - bocadillo ou
barras enerxéticas-)
- Levar pantalón
largo para protexe-las pernas en zonas de espiños, herba seca,
ramas baixa, etc.
- Levar calzado
adecuado para andar polo monte para evitar accidentes.
Recomendable que sexa calzado pechado evitando zapato de
tacón, zapato aberto tipo sandalias e/ou zapatillas de sola fina porque
resultarán incómodos. O ideal é levar un calzado
apto que teña unha sola grosa, suxeición no nocello e que sexa impermeable.
- Non
separase do grupo para evitar perderse.
Xa vos contaremos como foi a ruta, o que
coñecemos, o que aprendemos e como o pasamos.
Desde o Concello queremos agradecer a axuda de todos os que fixeron posible que esta actividade se leve a cabo.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.