Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.Neste exercicio teatral, os 2 ACTORES asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 PERSONAXES entre os 2.
Sergio Macías: Titulado en Interpretación pola RESAD de Madrid. Máster en Artes Escénicas pola Universidade Rey Juan Carlos. Actor, director de escena e profesor de interpretación. Como actor traballou con directores como José Tamayo: Luces de Bohemia, Jesús Campos: A Cegas, Ángel García Moreno: A febre do heno, Xavier Castiñeira: O Buscón ou Ángel Facio, con quen participou nunha decena de espectáculos, cinco deles producidos polo Teatro Español de Madrid: Romance de Lobos, Desventuras conxugais de Bartolomeu Morales, Os cornos de Don Frienta, O balcón e Moscova proximidades. Con De Ste Xeito traballou nas pezas Running, Backup, A resurrección de Nuno e Neura, unha comedia neurótico-festiva. Como director levou a escena diferentes producións: A Posadera (Bolito Producións para Ayto. de Madrid), A nosa Señora das Nubes (Caliteatro), Hamlet no espello (Teatro Hubert de Blanck da Habana), Listo para Sentenza (Cía Triatreros), Clerks (Kaspateatro) ou Papá Noel é unha Merda (Cía Goliardos para Teatros do Canal). No ámbito audiovisual participou en varias series como “Cuéntame”, “Centro médico”, “La que se avecina”, “Cámara café”, “Los Serrano”, “Fariña”, “Asunta”, entre outras. Desde 2013 imparte clases de interpretación na ESAD de Galicia e desde 2017 na Escola Municipal de Teatro de Vigo.EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA































