Despois de ter que aprazar a actividade o pasado dia 4 de xuño por culpa do mal tempo, informamos que a realizaremos o próximo Luns día 10 de Xuño á mesma hora e no mesmo lugar previstos inicialmente.
BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, retoma as actividades de animación á lectura este próximo luns día 10 de xuño cunha nova actividade de natureza que se inclúe no proxecto de promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega de 2019, patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén e a Deputación Provincial.
Os obxectivos desta actividade son:
- Promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio animando aos mais novos a utilizala máis polo miúdo, tanto na fala como na escrita, así como a difundir o seu entorno promovendo e dinamizando o uso da lingua galega no municipio.
- Fomentar a animación á lectura.
Incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega.
A posta en valor do patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial, prestando especial atención á recuperación da toponimia do concello nas sendas e nos paraxes naturais do municipio; en concreto, nesta ocasión na Senda Arqueolóxica de Amoedo.
A actividade iniciarase sobre as 10:00 horas da mañá e desenrolarase na Senda Arqueolóxica de Amoedo no entorno do "Carballo de Martiz" durante 2 horas e 30 minutos aproximadamente, tendo previsto rematala sobre as as 12:30 horas. Nela participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus profesores.
Realizarase por equipos, e consistirá nunha “busca do tesouro”, seguindo as pistas (cachés) cun GPS para, unha vez atopadas, resolver as mesmas. Desta forma se pretende ademais do achegar ao mundo rural aos escolares, ensinarlles o funcionamento da xeolocalización e familiarizalos coa mesma. Para elo deseñarase unha ruta na que se esconderán as pistas (cachés) para que os participantes as atopen e resolvan os enigmas que esconden as mesmas adecuadamente, mentres se divirten e aprenden no medio natural novas cousas sobre o seu entorno, sobre o concello, e tamén sobre a toponimia do lugar e o medio ambiente.
Ao finalizar, mentres recuperamos os folgos, haberá unha sesión de contacontos coa que remataremos a actividade para voltar aos puntos de orixe.
RECOMENDACIÓNS PARA OS PARTICIPANTES:
- Aconsellable levar avituallamento (Auga e algo de comida -bocata ou barritas enerxéticas).
- Aconsellable levar gorra para resgardarse do sol, no seu caso.
- Levar pantalón largo en vez de curto para protexe-las pernas si pasamos por zonas de espiños, herba seca, ramas baixas, etc.
- Levar calzado adecuado para andar polo monte para evitar accidentes. Recomendable que sexa calzado pechado. Evitar zapato aberto tipo sandalias e ou zapatillas de sola fina porque resultarán incómodos. O ideal é levar un calzado apto que teña unha sola grosa, suxeición do nocello e que sexa impermeable.
- Non separarse do grupo para evitar perdernos.
NOTA INFORMATIVA:
Por último comentar que a zona acaba de ser repoboada con carballos e otras especies autóctonas polo que pedimos aos participantes que teñan moito coidado por onde pisan para axudar a protexer a zona repoboada e o medio ambiente.
Agora soamente queda que, nesta novo intento, a climatoloxía permita realizar a actividade e que gocemos dela.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS