NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Xuvenil en Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Xuvenil en Galego. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de maio de 2021

O BOSQUE ANIMADO

O BOSQUE ANIMADO
Autor: Wenceslao Fernández Flórez
Tradución: Xela Arias
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Xabaril

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas.

Nesta novela fantástica latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da Fraga de Cecebre, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega.

Esta tradución galega dunhas das novelas principais de Fernández Flórez, preparada por Xela Arias e agora completamente actualizada e revisada, constitúe unha invitación afervoada a descubrirmos o rico mundo de noso.

ISBN: 978-84-9914-021-6
Nº de páxinas: 304
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

sábado, 14 de novembro de 2020

S.O.S - Pepe Caballude

S.O.S
Autor: Pepe Carballude
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Novela construída a partir duns feitos reais. O embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadea unha psicose colectiva e unha atmosfera de apocalipse inmediata.

O autor sitúa sobre ese telón de fondo o amor de dous rapaces en loita contra a adversidade e os prexuízos sociais.

Esta historia transcorre en paralelo a outra, protagonizada por un responsable político empeñado en manter unha conducta íntegra e de servicio público nunha situación na que proliferan a demagoxia, o alarmismo e un partidismo pueril e sectario.

Novela de acción que se le con interese e que solicita do lector unha reflexión sobre problemas tan do noso tempo como as catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.

ISBN: 978-84-7154-916-6
Nº de páxinas: 118
Formato: 12 cm x 21,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

xoves, 12 de novembro de 2020

A CITACIÓN

 

A CITACIÓN
Autor: Xavier López Rodríguez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en galego - Narrativa

A citación comeza cando Gabriela, unha rapaza estudiante de bacherelato, recibe un aviso certificado no que se lle ordena comparecer no xulgado para facer unha declaración.

Gabriela descoñece os motivos da citación xudicial, pero un vago sentimento de culpa impide que lle conte nada á súa nai. A vida transcorrerá con aparente normalidade (o colexio, a familia, os amigos, os estudios...) durante a semana que precede á cita coa Xustiza.

Pero Gabriela, como un personaxe de Kafka, vivirá pechada nun universo de angustias e temores difusos ata que chegue o día e a hora de comparecer diante do xuíz.

ISBN: 978-84-7154-943-3
Nº de páxinas: 73
Formato: 12 cm x 21,5 cm
Encadernación: Tapa blanda

mércores, 11 de novembro de 2020

ISILDA, A PORTUGUESA

 

ISILDA, A PORTUGUESA
Autor: Cristina Frasié
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Isilda, a portuguesa é unha novela policíaca que reune as características máis propias do xénero negro ó tempo que un sabor netamente galego.

A novela iníciase co secuestro de Isilda, unha rapaza portuguesa emigrada a Galicia por razóns familiares e económicas.

A última persoa que viu antes da súa desaparición foi o seu profesor de Lingua Galega, quen vai poñer o caso en mans do detective galego-cubano Ron Negriña.

A partir dese momento desenvólvese unha intriga que transcorre entre o sur de Galicia e Portugal e que indaga nas orixes da marxinalidade e a xenofobia, así como nas capacidades manipuladoras do medio televisivo.

ISBN: 978-84-8288-014-4
Nº de páxinas: 103
Formato: 12 cm x 21,5 cm
Encadernación: Tapa blanda


domingo, 8 de novembro de 2020

A ENCRUCILLADA DA TORRE

A ENCRUCILLADA DA TORRE
Autor: Xosé Ramón González Álvarez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Unha novela que non nega a súa inspiración autobiográfica dos recordos da infancia e adolescencia do autor.

O protagonista deste relato vai ser o observador privilexiado do transcorrer da vida nuns tempos tan cercanos na cronoloxía como paulatinamente afastados nos costumes e nos modos de vivir.

É o mundo da posguerra na Galicia rural e vilega, rodeada de montes case selváticos polos que aínda pululan partidas guerrilleiras e patrullas da Garda Civil, un mundo no que os rapaces alternan a estancia na escola coa participación nos labores agrarios.

ISBN: 84-7154-893-3
Nº de páxinas: 161
Formato: 12 cm x 21,5 cm
Encadernación: Tapa branda

domingo, 5 de xullo de 2020

NOITEBRA


NOITEBRA
Autor: Xavier López Domínguez
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nun atardecer de tormenta, dous quilómetros antes de chegar a Santiago, a moto e mais eu marchamos fóra da estrada. Ó erguerme, fun dándome de conta dos danos: Tiña unha dor forte na caluga, outra no ombreiro esquerdo e outra que me collía toda a coxa dereita. A noite estaba tan escura que non puiden ve-la miña moto nin o casco por ningures. Polo sabor salgado entre os labios, decateime de que non eran pingas, senón as bágoas que escapaban dos meus ollos.

ISBN: 84-8302-423-3
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

martes, 30 de xuño de 2020

DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN


DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN
Autor: Elena Gallego Abad
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas poder supor o desastre.

Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?

Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.

ISBN: 978-84-9121-540-0
Nº de páxinas: 393
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

domingo, 17 de maio de 2020

MEMORIA DO SILENCIO


MEMORIA DO SILENCIO
Autor: Eva Mejuto
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquesta. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.

ISBN: 978-84-9121-461-8
Nº de páxinas: 149
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21

xoves, 2 de abril de 2020

REMEXIDO DE PATACAS


REMEXIDO DE PATACAS
Autor: Eli Ríos
Ilustracións: Nana
Edita: Baía Edicións, SL

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os habitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

Guía de lectura do libro, clica AQUI.

ISBN: 978-84-9995-308-3
Nº de páxinas: 81
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 21 cm

sábado, 28 de marzo de 2020

O LADO DO QUE DORMES


O LADO DO QUE DORMES
Autor: María Canosa Blanco
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A Fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai quen lle custa atopala, scala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.

Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma unha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.

ISBN: 978-84-9121-559-2
Nº de páxinas: 196
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

mércores, 4 de marzo de 2020

OS CORPOS INVISIBLES


OS CORPOS INVISIBLES
Autor: Emma Pedreira
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

PREMIO JULES VERNE DE LITERATURA XUVENIL 2019

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea.

A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro.

As súas vidas non poden ser máis diferentes, pero ambas as dúas buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras.

ISBN: 978-84-9121-584-4
Nº de páxinas: 166
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

sábado, 28 de decembro de 2019

FAÍSCAS


FAÍSCAS
Autor: María Canosa
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Como Faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos. Como moxenas que salfiren de puntos de luz a noite, ese tempo feito para o acougo, para os soños ou para escoitar e ler historias.

ISBN: 978-84-9865-163-8
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm



martes, 23 de xullo de 2019

O CÓDICE DO SANTO LUGAR


O CÓDICE DO SANTO LUGAR
Autor: Pere Tobaruela
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola  espiscopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pirineos.

ISBN: 978-84-9914-462-7
Nº de páxinas: 161
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm.

venres, 19 de xullo de 2019

O ALIADO INESPERADO


O ALIADO INESPERADO
Autor: Xavier López Rodríguez
Edita: Santillana Ediciones

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Os principais protagonistas de O aliado inesperado son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. Na novela desenvólvese unha insólita alianza contra a soidade e o medo, nunha illada aldea da montaña.

A través dos recordos do home protagonista, que é o último habitante do seu pequeno mundo, Xavier López Rodríguez conta historias de tempos en que a loita contra os lobos se disfrazaba de necesidade para caer en ritos ateigados de crueldade, e outras máis actuais pero non menos inquietantes.

A novela invita a reflexionar sobre as razóns polas que moitas  aldeas acaban desertas, só cheas de espazo e silencio, precisamente dous dos bens que máis botan en falta moitos residentes nas grandes cidades.

ISBN: 84-8224-690-9
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22,5 x 13,5 cm.

venres, 5 de xullo de 2019

VESTIO


VESTIO
Autora: Xosé Miranda
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópanse cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas.

Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e acontecementos que non só se refiren ás habitantes da vila, senón a ela mesma,  ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descobre con abraio que o cadáver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seita priscilianista.

Vestio condúcenos de sorpresa en asombro polo labirintos máis inextricables da alma humana e das crenzas máis insospeitadas e terribles. Nin das sombras nin dos homes (como con dos e espanto descobre a doutora) pode fiarse o lector. Unha novela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica, labiríntica, aterradora.

ISBN: 978-84-9782-690-7
Nº de páginas: 96
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 13 cm.

mércores, 19 de xuño de 2019

NUBES DE EVOLUCIÓN


NUBES DE EVOLUCIÓN
Autora: Andrea Maceiras
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fora de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpiadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel  frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pinada nunha das plataformas de chegadas: "WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?"

ISBN: 978-84-9914-463-4
Nº de páginas: 186
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm.

luns, 17 de xuño de 2019

VELENO TINTO


VELENO TINTO
Autor: Ramón Carredano Cobas
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Naquela mañá de inverno de 1319, frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara Noia. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienzuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.

Veleno tinto é unha apaixoante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrucción histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual.

ISBN: 978-84-9782-723-2
Nº de páxinas: 186
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger