Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar o próximo Venres día 18 de febreiro coa que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. Esta conmemoración celébrase desde que a ONU (ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo
principal de lograr unha maior
participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a
tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.
Tamén convidou a todos aos Estados Membros, organizacións e órganos do sistema das Nacións Unidas, a outras
organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo
académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non
gobernamentais e os particulares, a celebrar este día a través de actividades de educación e
sensibilización pública a fin de promover
a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na
educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na
ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas
esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas,
sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do
establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos
programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación
das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na
ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.
Como dixemos ao principio desta
noticia para conmemorar este importantísimo día realizaremos unha actividade que
será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC).
“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e
manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel e que se
desenrolará da seguinte forma:
En primeiro lugar haberá presentación
e información xeral sobre o CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO empregando imaxes do libro “OS BOLECHAS. O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO” que
pode descargarse en formato PDF no seguinte enlace:
http://www.ieo.es/es_ES/web/vigo/libro-os-bolechas
Seguidamente representarese o conto “A
camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas
campañas de investigación que leva a cabo o Instituto Español de Oceanografía. Finalizado o conto os
participantes realizarán a través da papiroflexia do buque oceanográfico
Ángeles Alvariño.
|
Imaxe da web https://oceanicas.ieo.es/ |
Presentaráse de forma breve "OCEÁNICAS", un proxecto do INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) en colaboración coa FUNDACIÓN ESPAÑOLA PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA (FECYT) do MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN, que enmarca en 2022 as actividades lo 11F; e daremos por rematada a actividade coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.
Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en
tres sesións:
- De 09:45 a 10:45 horas no Auditorio
do Concello asistirá o alumnado de Infantil
do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
- De 11:00 a 12:00 horas tamén no Auditorio
do Concello asistirá o alumnado de 1º
e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
- De 12:45 a 13:45 horas na EEI
“A Galeriña” de Nespereira asistirá o alumnado
desta escola infantil.
Desde a Biblioteca Pública Municipal e desde o Concello de Pazos de Borbén
queremos agraceder a disposición e facilidades outorgadas polo personal do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) para que este evento se puidera levar a cabo.
EN
BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA