sábado, 21 de outubro de 2017

FANTASÍA COAS PALABRAS


FANTASÍA COAS PALABRAS
Papi & Mami
Tradución e adaptación dos textos: Jorge Juncal, María López, Charo Pita e Magín Blanco
Música: Jorge Juncal e María López
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial Galaxia S.A.
Colección Sonárbore

Xénero: Música - Poesía - Libro-CD

Idade recomendada: + 3 anos

Adaptación para o galego dos textos orixinais en castelán de Rosa María Modrego Tejada editados no libro "Versos de fantasía. Una letra para cada día" baixo o selo editorial: Istarduk Ediciones.

Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras.

Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida.

Que comece a maxia: Abracadabra!

ISBN: 978-84-9151-058-1
Nº de páxinas: 24
Deseño: Cartoné
Dimensións: 24 x 21 cm

venres, 20 de outubro de 2017

SIN MIEDO


SIN MIEDO
Autor: Manuel L. Alonso
Ilustraciones: Elena Odriozola 
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Colección: Loqueleo - Narrativa - Serie Azul

Género: Literatura Infantil - Narrativa

Edad recomendada: +12 años

Una historia valiente, auténtica, de superación y crecimiento personal.

Víctor, rechazado siempre por ser «diferente», vive con miedo a la hostilidad que despierta. Cuando por fin encuentra un amigo, está dispuesto a todo por no perderlo.

Temática: Amistad, Atención a la diversidad, Libertad

ISBN: 978-84-9122-042-8
Medidas: 13,50 x 20 cm
Encuadernación: Rústica
Nº de páginas: 112

xoves, 19 de outubro de 2017

2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"

Tódolos Venres

do mes de

NOVEMBRO

no

Auditorio do Concello

de

Pazos de Borbén



Por segundo ano a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal celebrará un novo CICLO DE TRADICIÓN ORAL coa programación tódolos venres do mes de novembro de diversas actuacións a cargo dalgunhas das mellores contadoras de historias de Galicia. 

Fátima Fernández, Sherezade Bardají, Soledad Felloza e Ana Carreira son as contadoras seleccionadas para esta 2ª edición coa que se pretende continuar homenaxeando ás nosas tradicións a través das historias de sempre que nos contaban os nosos antergos: contos e lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de mouras, de aparecidos, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais, de mitoloxía..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.

A inauguración deste 2º CICLO será a cargo da lucense Fátima Fernández o día 3 de novembro ás 13:00 horas co espectáculo "Contos revoltos" para os alumnos de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

"Había unha vez unha contadora de historias moi ordenada, levaba todos os seus contos colocadiños dentro das súas maletas; pero un día, un remuíño curioso quixo ver os seus contos, meteuse nas maletas e cando saiu delas, os contos estaban todos revoltos, os de amor cos de medo, os pequenos cos grandes..."

O mesmo día ás 20:00 horas para mozos e adultos ofreceranos outra actuación coa espectáculo "Contos en boca dunha muller".

"As mulleres non só somos personaxes da narrativa oral, fumos quen de transmitila. Na nosa Galicia, as nais e avoas abanearonnos nos seus berzes mentras nos contaban as historias que a elas lles contaron, ou que elas inventaban. Hoxe gostaríame contarvos algunhas das que eu escoitei na miña casa."

10 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Sherezade Bardají con "A noite nos ollos".

"Unha cadeira, máis de dúas historias, e tres caixas de galletas. Invítovos a sentarvos, para escoitar, para ver e vivir un espectáculo de contos. Con algúns obxectos que non son o que parecen e algunhas historias que parecen o que son. En definitiva, un xogo de luces, un espellismo."

Continuamos o ciclo o día 17 de novembro ás 20:00 horas coa contadora hispano-uruguaia Soledad Felloza co seu espectáculo "Unha mulata na corte do Rei García", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega...

"Á corte do Rei García chega unha mulata. A diferencia do ianqui que parou na corte do rei Artur, que tenga cambiar todo cos seus coñecementos de futuro, esta mulata fai unha viaxe ao pasado para celebrar a riqueza dun reino que algúns queren deixar perdido no fo0ndo dos tempos. Un espectáculo para percorrer o mapa do imaxinario dun territorio que ten un humor e unha historia tan rica como as súas altas ribeiras. Historias dun mundo onde a memoria vai máis alá, esfumándose e desdebuxándose en mil recantos para volver ser xuntada e contada de novo."

Para pechar este 2º Ciclo de Tradición Oral, o día 24 de novembro ás 13:00 horas Ana Carreira ofrecerálle aos alumnos de secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos o espectáculo"Moito conto".

"A través do lúdico faise unha revisión da concepción clásica do conto, para adaptala á necesidade dun discurso máis actual. Princesas que non queren ser princesas, títulos que conteñen outras historias, a forza dos pequenos fronte aos grandes. En definitiva, personaxes que cambian de rol para cambiar o mundo."

E ás 20:00 horas nova actuación de Ana Carreira dirixida a mozos e adultos contaranos "Pequenas historias".

"Un repertorio que xorde de fontes como a literatura, a tradición oral e o anecdotario persoal ou o imaxinario social. Trátese dun conxunto híbrido de contos cuxo nexo común son uns personaxes con pequenas vidas que non afectan á historia do mundo, pero que contan moito. Unha laretada sobre persoas, que deixan tal pegada nos corpos e no maxín, que hai que contalo."

Este ciclo de Tradición Oral está patrocinado pola



ENTRADA DE BALDE

ATA

COMPLETAR AFORO


ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!


 

EN FAMILIA!


EN FAMILIA!
Autora: Alexandra Maxeiner
Ilustracións: Anke Kuhl
Tradución: Rosa Marta Gómez Pato
Hércules de Ediciones

Xénero: Libros infantís -  Ciencias Sociais

Idade recomendada: +7 anos.

GAÑADOR DO PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ALEMAÑA NA CATEGORÍA DE NON FICCIÓN

Ben pexexa ás veces coa súa irmá Lisa.
Mía non ten irmáns, pero ten todo por duplicado.
Jakob ten un tres cuartos de pai a quen quere moito.
Carla e Moritz teñen dúas mamás e dous papás.
Jule está triste e non ten ganas de ter unha nova mamá.
Paula celebra o seu aniversario dúas veces ao ano.
A Moritz o seu pai lle chama "parrulo".
Leoníe ten a mesma voz ca a da súa nai. 

Pero todos teñen unha cousa en común: cada un pertence a unha familia e como esta só hai unha no mundo.

ISBN: 978-84-94-5896-8-3
Nº de páxinas: 40
Tamaño: 22 x 30 cm.
Encadernación: Tapa dura


mércores, 18 de outubro de 2017

AIRE


AIRE
María Fumaça
VV.AA.
Ilustracións: P. Pastor
Editorial Galaxia S.A.
Colección Sonárbore

Xénero: Música - Poesía - Libro-CD-DVD

Idade recomendada: +3 anos

Premio Martin Codax de Música Infantil 2017

Velaquí a terceira entrega da familia María Fumaça.

Unha nova viaxe deste tren festeiro que coñece, desta volta, novas latitudes musicais acompañadas pola ilusión de sempre.

E polo berro entusiasta que levan cantando dende o seu nacemento... Alegría!!!

De novo e coma sempre, un lote de cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir.

Unha ollada diferente sobre o mundo.

Unha ollada mellor.

Contén CD de música e DVD Karakoke.

ISBN: 978-84-9151-009-3
Nº de páxinas: 24
Deseño: Cartoné
Dimensións: 24 x 21 cm.

martes, 17 de outubro de 2017

RUFUS. O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES


RUFUS
O morcego que adoraba as cores
Adaptación: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra Senra Gómez y Óscar Senra Gómez
Kalandraka Editora
Coleción: Tras os montes
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
 
Idade recomendada: +6 anos
 
Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha boa idea tan boa!
 
Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito da súa cova e durmía. Polas noites, saía da cova e ía de caza. Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme. Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes...
 
“Rufus” é un clásico de 1961 a o que precederon outros álbums destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco convencionais como protagonistas: a boa “Críctor” (1958), a canguro “Adelaida” (1959) e o polbo “Emilio” (1960) tamén encarnaron intrépidas aventuras.
 
Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos. Porque cando Rufus descobre a luminosidade do amencer e decide pintarse de rosa, azul, violeta, verde... a xente reacciona con agresividade e violencia. Pero grazas á sensibilidade dun doutor, o pequeno quiróptero cura das feridas.
 
El axúdao a aceptar a negrura do seu aspecto e a súa natureza nocturna, que non serán obstáculo para que entre eles continúe a amizade.
 
Como en “Os tres bandidos”, Tomi Ungerer xoga cos contrastes, non só a nivel narrativo, senón tamén estético: de trazos grosos, as ilustracións destacan por alternar fondos escuros e claros sobre os que sobresaen os personaxes e outras figuras.
 
ISBN: 978-84-8464-315-9
Nº de páxinas: 40
Formato: 20 x 28 cm.

luns, 16 de outubro de 2017

LUCECÚS

 
LUCECÚS
Pirilampo
Editorial Galaxia S.A.
Colección Sonárbore

Xénero:  Música - Poesía - Libro-CD

Idade recomendada: +3 anos 

Aquí estamos, PIRILAMPO.

Así nos chaman. Así somos chamados. Hai quen prefire tratarnos de vagalume. A nós tanto nos dá. Que nos chamen como queiran, mais neste percorrido que agora iniciamos neste libro-disco imos ser lucecús.

Once lucecús a cantar e a sumar a nosa voz á vosa voz, á voz do pai, á voz da nai, á voz da Terra que nos acolle.

A ti. Cantas con nós?

ISBN: 978-84-9865-570-4
Nº de páxinas: 24
Deseño: Cartoné
Dimensións: 24 x 21 cm

domingo, 15 de outubro de 2017

INVENTARIO ILUSTRADO DAS AVES


INVENTARIO ILUSTRADO DAS AVES
Ilustracións: Emmanuelle Tchoukriel
Tradución: Fernando Moreiras
Kalandraka Editora, 2016
Factoría K de Libros

Xénero: Libros infantís - Ciencia - Zooloxía

Idade recomendada: +6 anos

Voar, poñer ovos, ter bico... non son dominio exclusivo das aves: os morcegos, que son mamíferos, voan; os caracois, que son gasterópodos, e os peixes poñen ovos; as tartarugas, que son réptiles, e os polbos tamén dispoñen de bicos córneos... Mais o que si teñen as aves que non ten ningún outro animal son... milleiros de plumas que lles recobren o corpo e as alas.

Das máis de 10.000 especies de aves que hai no mundo, este libro recolle 80: dende o pingüín ao colibrí, da anduriña ao merlo, da curuxa ao pelícano...

Ademais dun pequeno vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, descríbese a plumaxe de cada especie, peculiaridades da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos de apareamento, entre outros detalles sorprendentes, como o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos relativos ao tamaño e á envergadura media de cada ave para comparalas entre si.

Como en todos os volumes desta colección, as ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos antigos cadernos de campo: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas de fermoso colorido que ofrecen unha imaxe sutil e poética evocadoras criaturas.

Un libro atractivo non só pola vistosa representación gráfica das aves, senón tamén polos contidos técnicos -asequibles e informativos- sobre uns animais que aniñan, voan e pían nestas páxinas repletas de penuxe.

ISBN: 978-84-16721-02-3
Nº de páxinas: 80
Formato: 21,5 x 30 cm.
Encadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger