sábado, 24 de novembro de 2012

REDELIBROS A rede social galega do libro

 

Redelibros.com é unha plataforma cultural centrada no mundo do libro. Reúne a escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores. Somos, ante todo, unha rede social de literatura, un espazo común onde atoparnos, compartir experiencias, inquietudes, lecturas e intereses, un espazo en Internet que agrupa blogs persoais e profesionais, grupos de opinión, páxinas web de librerías, editoriais e autores, axenda de eventos, álbums persoais, etc. Unha rede de literatura na que atopar lectores que comparten os nosos gustos, buscar información sobre as nosas próximas lecturas, apuntar ou comentar o que lemos, recomendar libros, crear as nosas bibliotecas virtuais e estar ao día de canto acontece no mundo do libro, xa sexan lanzamentos editoriais, charlas de escritores, premios, etc.

Redelibros é, xa que logo, un espazo compartido. Temos clara a nosa filosofía: queremos construír un espazo cultural común, e por iso consideramos que cada membro da rede é parte integrante de Redelibros. Cada membro constrúe o seu espazo personalizado ao máximo, decide que compartir e que non, intégrase nos grupos que desexa ou crea os seus propios, etc. Redelibros, como rede social, busca abrir un espazo galego de literatura en Internet, un espazo de encontro, visible e dinámico, levantado entre todos.



Redelibros.com está formada tamén, ademais da rede social, por unha plataforma de difusión do libro, tanto electrónico como en papel. Como tal, a nosa plataforma agrupa a un número crecente de librerías que deste xeito se fan visibles e comercializan os seus libros en Internet. Unha páxina que agrupa a diferentes librerías que, mantendo a súa especifidade, comparten recursos e espazo e poden chegar así con maior facilidade aos lectores. Desde esta plataforma, entrando en calquera das librerías asociadas, podedes descargar obras aos vosos ereaders, teléfonos móbiles, tablets, ordenadores e demais “cacharros” que vaian aparecendo. Ou, se o preferides, podedes acceder a obras en papel e adquirilas para que vos sexan enviadas por correo tradicional.

En resumo: Redelibros.com é unha apaixonante oportunidade para construír un espazo cultural propio que brinde novas oportunidades a autores, editores, libreiros e, sobre todo, lectores. Unha rede ampla e descentralizada que responde, unicamente, aos intereses de todos e cada un dos seus membros. Unha rede común para debater, comentar e participar. Para vivir o libro

Entra na súa web e únete á rede.

Catorce trucos para manexar Twitter

Antes de empezar a utilizar esta rede social de mensaxes curtas, é necesario coñecer unha serie de consellos sobre o seu funcionamento.

A rede social Twitter xa supera os cinco millóns de usuarios en España, segundo datos da axencia de medición e análise ComScore. O crecemento no último ano foi superior ao 160% e continúa o seu ascenso de popularidade. Iniciarse no seu manexo é sinxelo, pero é necesario coñecer antes as súas características e normas para interactuar entre os usuarios, xa que o seu funcionamento é diferente respecto doutras redes sociais. Neste artigo dáse resposta ás preguntas máis habituais á hora de comezar a utilizar Twitter.

Para saber máis CLICA na seguinte IMAXE


CANCIÓN INFANTIL: O Polo Pepe

Divertida canción para pasar un rato agradable cos peques da casa.


venres, 23 de novembro de 2012

I PREMIO DE POESÍA "MANUEL LUEIRO REY"

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, convocan a I edición do premio de poesia MANUEL LUEIRO REY.

Prazo de presentación: ata o 31 de decembro de 2012.

Dotación do premio: 2.500 €.

Se queres saber máis mira as bases da convocatoria no seguinte enlace:

Concello

 

Revolución tecnolóxica



CONTO: Os sete cabritos

Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá; pero preto de alí roldaba un lobo feroz…

Conto tradicional amplamente difundido e popularizado a partir da versión do clásico de Grimm. Trátase, xa que logo, de todo un referente dentro dos relatos infantís que vén para alimentar a imaxinación dos pequenos lectores e achega calidade ao panorama da literatura infantil actual.

Un conto que produce emocións intensas e unha historia para perder o medo aos «lobos feroces». Aquí, os máis pequenos, dunha forma simbólica, enfrontaranse con conflitos básicos como a ausencia da nai, o encontro con seres malvados ou circunstancias adversas,… e iso axudáraos a confiar neles mesmos e a avanzar no seu proceso de maduración persoal.

A renovada versión de Tareixa Alonso complétase coas particulares ilustracións de Teresa Lima, que nos presentan uns personaxes ben definidos e mais un lobo que non deixa de ter o seu atractivo.

Distinción do Xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal. 
Texto de Tareixa Alonso, a partir dun conto popular
Ilustracións de Teresa Lima

Colección O, OQO Editora novembro 2008

xoves, 22 de novembro de 2012

O próximo domingo é o Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller



25 de novembro


--------------------------------------------------------------------------------
Resolución: A/RES/54/134

A Asemblea Xeral declarou o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e invitou os gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións no a que organicen ese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto do problema da violencia contra a muller (resolución 54/134, do 17 de decembro de 1999). As mulleres activistas observan o 25 de novembro como día contra a violencia dende 1981. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1961 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.

Enlaces relacionados
Unidos para poñer fin á violencia contra as mulleres
A ONU e a Muller
A ONU Trabaja para a Muller
 
Fonte: Sección de Servicios de Internet. Departamento de Información Pública de la ONU © 2012

CONTO: Chocolata


Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.

Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.

A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con mestría diferentes perfís humanos, encarnados nos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración. Alén diso, Helga Bansch enriquece o relato con personaxes da súa creación, que conduce habilmente ao longo das páxinas, dándolle así un sentido máis profundo á viaxe de Chocolata, e que o lector deberá deducir da interpretación das imaxes.

Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor daquilo que temos preto. 

En resumo, un álbum en que o texto e a ilustración xogan a complementarse de tal xeito que unha lectura sen imaxes nos evocaría unha historia diferente. 

Premio Internacional de Literatura Infantil 2007 da Fundación Espace Enfants. 
Texto de Marisa Núñez
Ilustracións de Helga Bansch
Colección O, OQO Editora, xuño 2006
 



Este é o novo traballo de Almudena Janeiro coeditado por PAI Música coa editorial OQO. Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos e música.

Un traballo pensado como un complemento didactico para incentivar a lectura, que vai dirixido a nenos e nenas entre 3 e 7 anos. O traballo inclúe CD coas cancións e un DVD cos videos e coas letras para cantar en formato "karaoke".

Un traballo sinxelo e directo que estamos seguro será a ledicia dos pequenos e os non tan pequenos. Como aperitivo podedes ver un dos video clip do traballo.

Os mellores libros pop-up

Comparte connosco a paixón por estas obras de arte en papel.

Os mellores libros pop-up ou libros desplegables 

Hoxe queremos ofrecervos un percorrido polos mellores libros pop-up. Un libro pop-up, tamén chamado libro desplegable, é aquel que aproveita e explota ao máximo as posibilidades tridimensionales do papel, xogando con todas as súas formas de pliegue. Mira este exemplo de libro desplegable de Peter Pan, e seguimos falando...


Non é incrible o que pode chegar a facerse nun libro de papel? Coñécese ao deseño e creación destes libros pop-up como enxeñería de papel, algo que se achega en certo sentido ao origami, a técnica xaponesa de plegado de papel para obter figuras de formas variadas.

Na historia dos libros pop-up fálase dun manuscrito dun libro astrolóxico datado en 1306, pero o certo e que é no século XIX cando irrompen con máis forza, grazas a personaxes e editoriais como Lothar Meggendorfer, Ernest Nister, Dean and Son e Tuck and Sons. A súa experiencia na manipulación do papel fixo posible a aparición, un século máis tarde, de figuras da talla de Robert Sabuda, David A. Carter, David Hawcock, Sam Ita ou Marion Bataille, auténticos mestres do xénero.

Podemos falar tamén dun resurximiento da paixón por estes libros na década dos 90 do século XX. Niso han ter moito que ver enxeñeiros de papel como Robert Sabuda e o seu discípulo Matthew Reinhart, creadores dalgúns dos mellores libros pop-up recentes. Nos últimos anos, a editorial Kókinos edita en España os libros de Robert Sabuda, auténticas obras de arte que gustan aos nenos e apaixonan aos maiores. Máis dun pai acabou gardando en lugar secreto os libros de Sabuda que regalou aos seus pequenos, intentando que se conserven para sempre…

Pero o mellor xeito de namorarche deste tipo de publicacións é visitando a nosa selección dos mellores libros pop-up. ¡Que a goces!

Continúa lendo >> 


mércores, 21 de novembro de 2012

Vivir en galego


   


  
O galego é a lingua propia de Galicia, entendida e falada por case a totalidade dos galegos.

O seu carácter cooficial faino lingua circulante na escola e na universidade, na actividade parlamentaria e de goberno, nos medios de comunicación, na rede, nunha parte da actividade comercial, investigadora e editorial.

A súa presenza esténdese á totalidade do noso territorio e prolóngase a áreas na linde das comunidades estremeiras. Máis de corenta universidades de todo o mundo fomentan o seu estudo e contribúen á difusión fóra das nosas fronteiras, o que fai do galego unha lingua de encontro e ponte entre culturas.

Portais educativos

Se queres saber máis navega por estas páxinas
 
Portal Galego de Contidos Educativos
 Linguanet. Recursos para a aprendizaxe
  Edugaliza.org
Proxecto Xogamos?

martes, 20 de novembro de 2012

Hoxe é o DIA UNIVERSAL DO NENO

«Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade,».

Nós, os nenos: exame de final de decenio dos resultados do Cumio Mundial en favor da Infancia Informe do Secretario Xeral (A/S-27/3 ) Documento PDF


En 1954 a Asemblea Xeral recomendou (resolución 836 (IX))Documento PDF que todos os países instituísen o DIA UNIVERSAL DO NENO, data que se dedicaría á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro e se destinaría a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo. A Asemblea suxeriu os gobernos que celebraran o Día na data que cada un deles considerara conveniente. O día 20 de novembro marca a data en que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do NenoDocumento PDF en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.

Para seguir lendo clica AQUÍ


CONTO: "Pocoyó - La llave maestra"

Pocoyó atopa unha chave que lle leva a unha nova aventura de exploración e descubrimentos.


CULTURGAL 2012

Nova edición de CULTURGAL en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro 

offculturgal2012 web

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal, celébrase en Pontevedra a partir do 30 de novembro e os días 1 e 2 de decembro. Nesta convocatoria 2012 a feira (decote moi centrada no que dá de si, na nosa terra, a ligazón cultura-TIC) celébrase baixo o epígrafe A casa da cultura galega é a túa casa, ti tes a chave e que ofrece un amplo programa de actividades que se desenvolverán no Pazo da Cultura de Pontevedra durante os días da súa celebración. O acceso será gratuíto, e haberá oferta para todos os públicos, desde os profesionais ata todos os membros da familia. Na presentación realizada o 6 de novembro, amais dos organizadores do salón, participaron o conselleiro e o secretario xeral de Cultura, Xesús Vázquez e Anxo Lorenzo, respectivamente.


 Ao seu xuízo, Culturgal é "unha oportunidade para o diálogo, para que xurdan ideas e para intercambiar experiencias, unha ocasión de espertar interese social nas propostas culturais, de aproximar os produtos á xente e de escoitar as súas achegas". Lembrar que a Consellería de Cultura e Educación patrocina este evento a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e da Secretaría Xeral da Política Lingüística. Ademais, o Culturgal 2012 conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas.
A actividade da Feira das Industrias Culturais artellarase arredor de dez espazos: o Cuarto dos nenos, o Salón, a Saliña, o Garaxe, o Patio, a Cociña, a Tenda, o Estudio, os Obradoiros e a propia cidade de Pontevedra. A maioría destes espazos están abertos ao público, que poderá facer súa "a gran casa da cultura galega". Só a Cociña, o Estudio e os Obradoiros están pechados á parte profesional que se dá cita neste encontro.

Código Cero

luns, 19 de novembro de 2012

Novo dispositivo de coñecemento bioóptico organizado BOOK

Cuento: "La Noche y el Día"

Deixámosvos este precioso conto para ler aos nosos niñ@s antes de durmir, recordar a importancia da lectura
 

capa Cuento: La noche y el día

Grazas ao blog de Marybel

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger