sábado, 14 de setembro de 2019

OS CAZATESOUROS DA REDE - Intérnate no mundo dixital


Continuamos coa programación de actividades de Animación á Lectura e o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.

Este divertido xogo de pistas promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Realizarase na Aula de Informática de BiblioPazos ás 13:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización lingüística no medio natural e novas tecnoloxías para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VEN A BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!

LA VOZ SOLA


LA VOZ SOLA
Autora: Ana María Martínez Sagi
Edita: Fundación Banco Santander
Colección: Obra Fundamental

Género: Literatura en Castellano - Poesía - Crítica Literaria.

Fundación Banco Santander pretende contribuir al ámbito literario redescubriendo y recuperando, a través de la colección Obra Fundamental, a aquellos escritores contemporáneos en lengua española a los que la desmemoria histórica injustamente ha conducido al olvido, siendo casi imposible por diferentes razones encontrar actualmente su obra publicada. En este caso nos referimos Ana María Martínez Sagi.

El escritor Juan Manuel de Prada realiza esta edición antológica como revindicador de la figura de esta deportista, feminista y escritora olvidada, que recuperó hace ya dos décadas en su novela las Esquinas del Aire.

ISBN: 978-84-17264-10-9
Nº de páginas: 602
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 17 cm


venres, 13 de setembro de 2019

NOVE CONTOS


NOVE CONTOS
Autor: Jerome David Salinger
Edita: Sotelo Blanco Edicións

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Nove contos é unha colección de relatos curtos do escritor estadounidense J. D. Salinger.

O libro inclúe dous dos relatos máis famosos do autor, Para Esmé, con amor e sordidez e Un día perfecto para o pez banana, protagonizado este último por Seymour Glass, o maior dos irmáns Glass.

ISBN:84-7824-214-7
Nº de páxinas: 249
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm




xoves, 12 de setembro de 2019

UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)


Continuando coa programación de animación á lectura de BiblioPazos para estes últimos meses do ano, presentamos unha nova actividade de narración oral que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horasmércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" e o seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS SÚAS ACTIVIDADES!!!


mércores, 11 de setembro de 2019

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA MES DE SETEMBRO 2019

Unha vez finalizada a programación do primeiro semestre do ano e despois do descanso polas vacacións do verán, retomamos de novo as actividades na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BiblioPazos" coas que, como sempre, queremos contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, mediante a realización dun conxunto de actividades para achegar á cidadanía a lectura e a información dun xeito lúdico e atraente.

As actividades deste período iniciaranse o mércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" co seu espectáculo de narración oral "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horas e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.


De seguido, o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.

A actividade realizarase na Aula de Informática de BiblioPazos ás 13:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Este divertido xogo de pistas promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización lingüística no medio natural e novas tecnoloxías para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Continuaremos con outra actividade enmarcada no programa LER CONTA MOITO que se realizará o Mércores 25 de setembro, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.


Nesta ocasión contaremos con Manuel Solla Barragáns de Expresión producións que nos traerá o espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

"Para tomar conciencia de que somos iguais cos mesmos dereitos e deberes o mellor é facelo de forma lúdida, amena e divertida coa axuda dos contos, xogos, a maxia e a participación."

Nesta ocasión están convidades a participar desta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Por último e para rematar as actividades deste mes teremos con nós o Venres día 27 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello a ANDREA VÁZQUEZ acompañada dos irmáns Fuco e Xela "OS PIÑEIRIÑOS" co seu espectáculo "GALEGAS NO MUNDO" a través do que queremos facer visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura Galega.

Nesta ocasión participaran neste evento os alumnos de 1º a 4º de Primaria e Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os da EEI "A Galeriña" de Nespereira, xunto con algúns usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmarcase no programa de narración oral para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

En todas elas a entrada é de balde ata completar o aforo dos locais onde se celebran e hai que facer a inscrición previa no teléfono 986 49 72 73 da Biblioteca.

NON VOS ESQUEZADES!

VINDE Á BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!!!

luns, 9 de setembro de 2019

ESTIRPE



ESTIRPE
Autor: Xose Luis Méndez Ferrín
Edita: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Edición especial conmemorativa para o Concello de Redondela: Xuño 2019

Género: Literatura en galego - Poesía

Premio Crítica, 1994 (poesía) - Premio Losada Dieguez, 1995 (Creación Literaria)

É a poesía que afunda as suas raices na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que atopamos en Estirpe, o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética.

Coma unha luz que ilumina as conciencias, en Estirpe emerxe unha voz poética actualizadora, que xorde das raíces profundas da terra, da historia da patria oprimida, da diferenza e do relato ficcional ateigado de referentes literarios e culturais, coa intención de intervir no presente. X.L. Méndez Ferrín escribiu estes versos con esa vocación da épica e da razón ancestral creando unha poesía polifónica, con múltiples rexistros, que converte o libro nunha obra mestra da literatura galega.

ISBN: 978-84-9121-564-6
Nº de páginas: 141
Encuadernación: tapa blanda
Formato: 14,5 x 22 cm.


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger