sábado, 18 de setembro de 2021

O CONTO DO OUTRO DÍA

O CONTO DO OUTRO DÍA
Autor: Roberto Aliaga
Ilustracións: Noemí Villamuza
Tradución: Manuela Rodríguez
Kalandraka
Coleción: Demademora

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

O conto do outro día representa o amor incondicional aos fillos a través dun tenro diálogo (na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir) do que se desprende a capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere, da súa etapa infantil pasada, a emoción e a fantasía perdidas.

Moitas familias identificaranse con esta estampa nocturna, agardando a que os máis pequenos da casa queden vencidos polo sono.

ISBN: 978-84-1343-022-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

venres, 17 de setembro de 2021

ELMER E WILBUR

ELMER E WILBUR
Autor: David Mckee
Traductor: Xosé M. González Barreiro
Kalandraka Editora
Colección: Tras os montes

Xénero: Literatura infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Volven as andanzas do entrañable elefante multicolor, que recibe a un curmán tan traste coma el.

Atopalo na espesura da selva converterase nunha divertida aventura, entre simpáticas bromas.

ISBN: 978-84-1343-059-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 X 23 cm

xoves, 16 de setembro de 2021

PAXAROS

PAXAROS
Autora: Natacha Ortega
Ilustracións: Lucía Franco
Tradución: Xosé Ballesteros
Kalandraka
Coleción: Demademora

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Un poema musical onde nenas e nenos converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade, creatividade e imaxinación.

Interpretación musical: Paco Nogueiras

ISBN: 978-84-1343-060-7
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

mércores, 15 de setembro de 2021

RATO EN FUGA

RATO EN FUGA
Autor e ilustrador: Miguel Ordóñez
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú
Coleción: Carantoña

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Rato inicia unha viaxe que é unha sinxela arenga pola vida: 

* Colle as rendas e decide o teu futuro.

* Goza do que atopas polo camiño e sé quen de abandonar o que non che convence.

* Corre e explora cos ollos ben abertos

* Os lugares, a xente e as experiencias vividas no traxecto son, á fin e so cabo, o máis importante, se cadra o único, que temos.

ISBN: 978-84-121848-6-0
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23 cm

martes, 14 de setembro de 2021

BA

BA
Autor e ilustrador: Dani Padrón
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

A curiosidade e a imaxinación son unha linguaxe universal.

O protagonista deste álbum ilustrado non necesita saír da súa casa para divertirse explorando con moita creatividade mundos marabillosos poboados de criaturas fantásticas.

Aventura, curiosidade, diversión e tenrura transmitidas grazas á xenialidade das ilustracións, cheas de cor e expresividade, que nos mostran o mundo interior dun pequeno que aínda apenas fala. Nin falta que fai.

ISBN: 978-84-122577-8-6
Nº de páxinas: 26
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 22 cm

luns, 13 de setembro de 2021

"UN RATO MÁXICO" con Diego González Hermida "O CALBOROTA" - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola amigas e amigos da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.


A primeira das actividades terá lugar o próximo XOVES 16 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 12:30 HORAS, no que contaremos con DIEGO GONZÁLEZ HERMIDA "O CALBOROTA" que nos traerá o seu espectáculo "UN RATO MÁXICO" no que "Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias".

Un show interactivo de maxia educativa onde se mestura o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.

Estamos seguros que durante os 60 minutos que dura o espectáculo os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, pasarán "UN RATO MÁXICO" estupendo e moi divertido.

A actividade se realizará no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

O OSO BOMOZO

O OSO BOMOZO
Autor: Santiago Luna Lupo
Ilustración: María Isabel Correa V.
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú
Coleción: Carantoña

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Esta é a historia dun oso
sen un talento asombroso
e co soño glorioso
de ser un mozo grandioso.
Había un problema curioso:
Ser un pouco coidadoso
nun lugar prestixioso
podía ser desastroso!

O noso protagonista pon moito empeño nas súas aspiracións e, aínda que é un pouco calamitoso, suple os seus desatinos e contratempos con moita imaxinación e graza para conseguir que os seus clientes sempre rematen contentos e esquezan os erros grandiosos deste oso fabuloso… oi!, xa se nos pegou a rima deste conto marabilloso.

Un novo protagonista adorable e divertidísimo para a nosa colección Carantoña, en letra maiúscula, para axudarlles aos primeiros lectores nos seus inicios e animar aos prelectores a descubrir historias cheas de ritmo e humor.

Un libro perfecto para desenvolver as habilidades lingüísticas (expresión oral e capacidade comunicativa) participando na narración e favorecendo a comprensión lectora, ademais de traballar e exercitar a memoria, fomentar a lectura, o afán de superación e a autoconfianza.

ISBN: 978-84-122577-8-6
Nº de páxinas: 26
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 22 cm






domingo, 12 de setembro de 2021

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA SETEMBRO-OUTUBRO 2021

Ola de novo veciños e veciñas de Pazos de Borbén; seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS".

Volvemos a retomar as actividades de animación á lectura despois do período vacacional cunha serie de actividades para público infantil e mozo coas que queremos contribuír a animar un pouco esta época de pandemia que non da rematado.

O noso obxectivo é seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo, animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades xa que ésta é un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal que debemos aproveitar toda vez que é un servizo gratuito prestado polo concello.

BIBLIOPAZOS segue ofrecendo espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.

As próximas actividades que presentamos para os vindeiras semanas atópanse incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

As actividades as realizaremos no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio ao acceder ao recindo o uso de máscara, a desinfección das mans e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.


LER CONTA MOITO ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios. Con este programa preténdese:


  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTAS ACTIVIDADES É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

A ESTRAÑA VISITA

A ESTRAÑA VISITA
Autora: Gracia Iglesias
Ilustración: Vicente Cruz
Tradución: Ana Mª Camiño López
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Unha velliña que soa estaba
sempre desexaba ter compaña
e todas as noites, moi triste e rechumida,
sentaba a fiar, agardando visita.

Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba,
pero a visita non chegaba.
Entón o moucho ouleou.
o vento zoou,
a porta se desfechou
e entrou...

ISBN: 978-84-18667-02-2
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 22,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger