sábado, 1 de agosto de 2020

OLLOS: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS


OLLOS: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Autor: Xulio Guitérrez
Ilustrador: Nicolas Fernández
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Ollos é o quinto volume da colección Animais Extraordinarios.

A visión da maioría dos animais é moi diferente á dos seres humanos. Uns teñen mellor visión diúrna, outros ven mellor de noite; hai animais que captan movementos imperceptibles para nós e outros distinguen cores que os humanos non podemos nin imaxinar.

Nesta obra descubrimos a asombrosa visión de doce animais extraordinarios.

ISBN: 978-84-15250-98-2
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 35 cm

venres, 31 de xullo de 2020

ABORRÉCESTE, MINIMONI?


ABORRÉCESTE, MINIMONI?
Autora e ilustradora: Rocio Bonilla
Edita: Algar Editorial, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Minimoni xa medrou e, aínda que continúa a pintar, tamén fai moitas outras cousas: ir de excursión, reencontrarse cada luns cos seus amigos e amigas no colexio, practicar hóckey, ler na biblioteca, xogar coa súa avoa...

Mais os domingos non hai nada que facer.

Que aborrecemento! Ou quizais non?

ISBN: 978-84-9142-289-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 29,5 x 21,5 cm

xoves, 30 de xullo de 2020

A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO


A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO
Autora e ilustradora: Rocio Bonilla
Edita: Algar Editorial, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Lucas estaba convencido de que nacera para voar.

Ollaba os avións, intentaba fabricar ás de todo tipo, mesmo pediu poder voar como agasallo de Nadal! Máis nada parecía funcionar...

Un día, a súa nai explicoulle que había outros xeitos de cumprir o seu soño e púxolle un libro nas mans.

Ese mesmo día, sen decatarse, Lucas comezou a voar...

ISBN: 978-84-9142-101-6
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 29,5 cm

mércores, 29 de xullo de 2020

CON TANGO SON TRES


CON TANGO SON TRES
Autores: Justin Richardson e Peter Parnell
Ilustrador: Henry Cole
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Roi e Silo son unha parella de pingüíns singular: os dous son machos. Fanse reverencias, camiñan xuntos, cantan o un para o outro e nadan xuntos. O problema é que non poden ter crías propias.

A solución ven da man dun coidador e Tango entra nas súas vidas.

ISBN: 978-84-8464-985-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 28,5 x 22 cm

martes, 28 de xullo de 2020

A TÚA HISTORIA


A TÚA HISTORIA
Autor: Kathryn Strobel
Ilustradora: Vanesa Álvarez
Edita: Galaxia Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Esta historia é só túa, para que aprendas como chegaches, como baixaches da lúa...

Fantástico libro para que os máis pequenos entendan o especiais que son para os seus pais.

ISBN: 978-84-9151-315-5
Nº de páxinas: 27
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5

luns, 27 de xullo de 2020

A VIAXE DE MAMÁ


A VIAXE DE MAMÁ
Autora e Ilustradora: Mariana Ruiz Johnson
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A mamá do elefantiño vaise de viaxe, de modo que este terá que aprender o que é vivir só co pai unhas semanas, sin ela.

Poderá soportalo?

ISBN: 978-84-8464-992-2
Nº de páxinas: 25
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 22,5

domingo, 26 de xullo de 2020

POLO CAMIÑO


POLO CAMIÑO
Autora e ilustradora: Mariana Ruiz Johnson
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Conto

Idade recomendada: +3 anos

A balea cumpre 10 anos!

E todos os seus amigos e as suas familias están invitados. Cantos serán?

ISBN: 978-84-8464-297-8
Nº de páxinas: 14
Encadernación: Tapa dura
Formato:19 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger