sábado, 26 de xaneiro de 2013

Todo ben - LITERATURA XUVENIL

Edicións Xerais de Galicia, xuño 2010
Colección Fóra de Xogo
Literatura Xuvenil - Narrativa

Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novos horizontes en Brasil colaborando no xornal O Globo coas súas crónicas deportivas, nas que defende un fútbol forte e teimoso coma os ventos do norte, alegre coma o son dos tambores que chegan dos mares do sur e de ideas longas coma as ondas do océano.25 anos despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha completa revisión do autor. A obra mantén a cerna dunha historia que se move en «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e na política como coordenadas temáticas principais.Unha feliz re-existencia da primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo.

13,5 x 21,5 cm
Rústica cosido a fío
136 Páxinas
ISBN: 978-84-9782-631-0

Fonte: Xerais

La emoción de ver la Tierra desde el exterior


 

En el 40 aniversario de la fotografía Blue Marble, tomada por la tripulación de la nave Apollo 17, a una distancia de unos 45.000 kilómetros, el Colectivo Planetario presentó una breve película que documenta cómo la vida de los astronautas cambian a raíz de una perspectiva que nadie en la humanidad había tenido antes: contemplar la Tierra desde el exterior. 

Sergio Parra   22 de enero de 2013

venres, 25 de xaneiro de 2013

Ler cos teus fillos é divertido


A lectura non só proporciona información, senón que forma, educa. Un neno co hábito da lectura esta preparado para aprender por si mesmo toda a vida e resolver os diferentes problemas académicos e persoais que se lle presenten.

Ademais, a través da lectura, os nenos divírtense, gozan, entretéñense por que a lectura ábrelles a mente e estimula a imaxinación.

É necesario xerar maior conciencia no goberno, o sector privado e a sociedade civil, sobre a importancia e a transcendencia da lectura buscando con iso xerar políticas, programas, proxectos, accións e eventos encamiñados a fomentar cambio de hábitos e unha cultura de lectura.

  

A OCDE (1995) define a educación de calidade como aquela que "asegura a todos os mozos a adquisición dos coñecementos, capacidades, destrezas e actitudes necesarias para equipararles para a vida adulta."

 
 
A práctica da lectura desenvolve a capacidade de atención, observación, análise e reflexión, polo que coadyuva a mellorar o rendemento escolar dos estudantes.

 

O desenvolvemento da habilidade lectora é un dos elementos que permiten e facilitan a aprendizaxe durante toda a vida.

 

A través da lectura mellórase a calidade de vida, elévase a productivida e fórxanse competencias cidadás que contribúen ao desenvolvemento e crecemento dos pobos do mundo.

 Si quieres ver mas clica neste enlace: Diviértete leyendo

Pel de Muller - LITERATURA ADULTOS

Pel de muller
Asun Estévez

1ª Edición, 2008
Editorial: Ir Indo
Poesía

Despois dalgúns anos, Ir Indo Edicións recupera a súa liña poética dando voz a unha nova creadora, Asun Estévez. Nos versos desta voz feminina, cheos de referencias aos distintos elementos da natureza, como o mar, a auga, o vento ou a chuvia, tamén está presente o “eu” poético, que acariña a presenza do amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. A loita da alma por aferrarse á vida, na súa batalla contra a enfermidade, aparece narrada dunha forma anovadora, como a sombra dos primeiros aires do inverno na herba dos campos.

ISBN: 978-84-7680-628-9
Nº páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda
Medidas: 13 x 20 cm
Idioma: Galego

Escoite poemas do libro pel de muller en mp3:
Arroupame
Daría o que non teño
Mar meu 

Tamén podes escoitar poemas de Asun Estévez neste video:

Polos carreiros é un poema que Asun Estévez adica ao seu irmán, no que nos relata parte da sua infancia, os sentimentos dunha cativa hacia o seu irman.
 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

 

Xerais afianza a súa andaina no Kindle

Kindle, o lector de libros electrónicos de Amazon, unha das estrelas do Nadal en cuestión de agasallos para seareiros da lectura, comezou a súa andaina oficial cos nosos grandes selos de publicación. A editorial Xerais vén de lanzar os seus primeiros libros electrónicos para o devandito lector Kindle, entre os que se contan, por un custe que anda arredor dos 10 euros, Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, ou Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz. Asemade, Galaxia achega xa Esperando ao leiteiro, de Xosé Neira Vilas.

Segundo informa o editor Manuel Bragado acerca desta aposta de Xerais, con estes lanzamentos en Kindle, iníciase "así en Xerais un catálogo literario electrónico, creado en formato e-pub, que será distribuido en diversas librarías dixitais (polo de agora en Amazon, axiña en Apple e Todoebbook) no que incluiremos de forma sistemática as novidades de Narrativa, Poesía e Ensaio, ao tempo que iremos recuperando algúns títulos esgotados en formato impreso".

A maiores, Xerais anuncia que prepara lanzar en formato dixital unha serie de volumes que xa estaban esgotados en formato tradicional.

luns 17 de decembro do 2012, por Redacción
Fonte: Código Cero

xoves, 24 de xaneiro de 2013

¿Que son las licencias Creative Commons?

Creative Commons
CC-logo.svg
Acrónimo CC
Fundación 2001
Fundador(es) Lawrence Lessig, Hal Abelson, Eric Eldred
Sede Mountain View (California), Flag of the United States.svg Estados Unidos
Productos Promover tipos de licencias de autor que tienen forma flexible y razonable
Marcas Licencias Creative Commons
Sitio web http://creativecommons.org/

Creative Commons Corporation (Creative Commons o CC) (en español: «bienes comunes creativos») es una organización sin ánimo de lucro, cuya oficina central está ubicada en la ciudad de Mountain View en el estado de California en los Estados Unidos de América, que permite usar y compartir tanto la creatividad como el conocimiento a través de una serie de instrumentos jurídicos de carácter gratuito.
Clica aquí para seguir leyendo...


Viaxes dun can de palleiro - LITERATURA INFANTIL

Viaxes dun can de palleiro
Pere Tobaruela
Col. Xuvenil Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2009
A partir de 12 anos

Conta un can de palleiro, un can de aldea, coma quen di un ninguén, que os gregos apropiáronse d´A Odisea, pero a verdade é que o seu amo, Ulises, nunca viviu en Ítaca: naceu, medrou, e casou con Penélope no Xobre, unha vila da ría de Arousa. Era un barbanzán. Disponse a contar, pois, a versión auténtica d´A Odisea, aínda que ás veces lle falle a memoria. Comeza así a narración das aventuras de Ulises, nunha lectura en clave lúdica de diferentes pasaxes da obra clásica.

Na primeira parte conta a viaxe de Telémaco para saber do pai. Así, na asemblea dos deuses no Courel, presidida por Zeus, suplicoulles que lle perdoasen ao seu amo, que levaba sete anos retido pola ninfa Calipso. A deusa Atenea, baixo a forma do mariñeiro Héctor de Fisterra, puxo a Telémaco sobre a pista do pai: un comerciante de cabalos de Fisterra embarcara con el e outros cinco comerciantes cara á remota Eirín en busca de posibles compradores de acibeche. Só volveran el e Menelao de Ribadeo, casado coa fermosa Helena de Troia, que lle di que os deuses puxéronlles unha brétema espesa fixo que el fose parar a Exipto. E conta que segundo Proteo, que ve a través das profundidades do mar, Ulises está nunha das illas Sías, vertendo bágoas, no pazo da ninfa Calipso.

Na segunda parte narra as aventuras de Ulises, das que el foi testemuña. Regresaban de Eirín con doce barcos cheos de ouro, cando apareceu a brétema que mandara Posidón e sen GPS chegaron á illa dos lotos, onde tres mariñeiros tolearon por comelos. Noutra illa, o cíclope Polifemo pechounos na súa cova por lle comeren os queixos, e cada noite el ía comer mariñeiros. Disfrazado cunha túnica con capucha, Ulises díxolle que era Ninguén, cravoulle unha estaca no ollo e liscaron atados na barriga dos años. En vinganza, o cíclope pediulle a Posidón que Ulises pasase moitas penalidades ante de retornar. En Eolia, o deus dos ventos, Eolo, regaloulle a Ulises unha bolsa con todos os ventos, que os mariñeiros abriron, escapando todos os ventos en medio dunha tempestade enorme. Na illa de Lamos, os lestrigóns, xigantes antropófagos, devoraron as tripulacións das outras once embarcacións. Na illa de Ea, a feiticeira Circe, filla de Helios, o deus do Sol, converteu a mariñeiros en porcos: mais o superdeus Hermes deulle unha herba a Ulises que o fixo inmune e ameazou a Circe (quen tamén se apaixonou por el), que restituíu os mariñeiros ao seu ser. Navegaron onda a illa das sereas, librando do seu poder de atracción grazas a que os mariñeiros tiñan tapóns nas orellas e Ulises, amarrado ao mastro, berráballes aos remeiros que parasen pero como non o oían... Pasaron o estreito entre a perigosa rocha de Escila e o remuíño de Caribdis convencendo Ulises aos mariñeiros de que bogasen sen reparar nos homes que agarraron os monstros. En Trinacia, algúns mariñeiros comeron unhas cantas vacas, malia a advertencia do profeta Tiresias. Entón Helios queixouse a Zeus, que botou un raio devastador que fixo arder a embarcación, os homes botáronse á auga e só quedaron con vida o amo e o can. Coa axuda de Atenea apareceron nas Sías, as illas da ninfa Calipso, que tamén se namorou del e retívoo alí case un lustro e medio que ao amo lle pareceron días. Só cando el puido ir ao Courel grazas a Cerne, o deus celta dos animais, a pedirlles aos deuses que lle ordenaran a Calipso que deixase partir a Ulises, saíron nunha balsa. E cando Posidón mandou unha treboada, en vinganza polo de Polifemo, salvouno a ninfa-deusa Leucotea, tamén namorada del, que lle deu un veo máxico co que aínda que se afundiu na auga non afogou. Despois de dous días aboiando no mar chegaron a unha praia de Baiona, onde tamén se namorou del a princesa de Nausica. Alí, a raíña Arte e o rei Alcínoo cedéronlle a nave que o levou á casa.

Na terceira parte relata o regreso ao Xobre: disfrazado de mendigo, Ulises durmiu no cortello, porque o porqueiro o recoñeceu, avisando a Telémaco; nela sufriu un pequeno e porco incidente. O can Argos morreu da emoción ao recoñecelo co olfacto. Penélope, que tecía de día e destecía polas noites un sudario para o sogro Laertes, anunciara que casaría con quen tensase o arco de Ulises. Só el foi quen de conseguilo, e Pe convenceuse de que era o seu home cando lle dixo que a cama non se podía mover porque un dos piares era unha cepa de oliveira que plantara el coas súas mans. E, por fin, déronse moitos abrazos. Mesmo o pai, Laertes, púxose moi contento.

126 páx.
13 x 20 cm.
ISBN 978-84-7824-573-4

Fonte: BLIX

O Universo Coñecido

O Universo Coñecido leva os espectadores do Himalaia través da nosa atmosfera e da pintura negra de espazo para o brillo do Big Bang. Cada estrela, planeta e Quasar visto na película é posible por mor do mundo o máis completo mapa de catro dimensións do universo, o Digital Universe Atlas que é mantido e actualizado por astrofísicos do Museo Americano de Historia Natural. O novo filme, creado polo Museo, é parte dunha exposición, Visións do Cosmos: A partir do Océano Láctea para un universo en evolución, no Museo Rubin de Arte de Manhattan a través de maio de 2010.

Datos: Universo Dixital, Museo Americano de Historia Natural

Software de visualización: UniView por SCISS

Director: Carter Emmart
Curador: Ben R. Oppenheimer
Produtor: Michael Hoffman
Produtor Executivo: Ro Kinzler
Co-productor executivo: Martin Brauen
Manager, Dixital Universe Atlas: Brian Abbott
Música: Suke Cerulo

Para máis información, visite http://www.amnh.org

Categoría
Ciencia e tecnoloxía
Licenza estándar de YouTube


Fonte: Youtube

mércores, 23 de xaneiro de 2013

Jordi Bertran Company

Un pequeno video sobre unha marioneta que intenta saltar cara a unha cunca con auga, acompañada dunha boa guitarra con bos acordes e o humor de Jordi Bertran Company.

Jordi Bertran Company dedícase á elaboración e produción de espectáculos de marionetas e figuras animadas. Recibiu a admiración do público e da crítica internacional dende o seu primeiro espectáculo.

Para vostedes, o video máis famoso de Jordi Bertran Company. Non se lles esqueza comentar o video.

Categoría: Comedia
Licenza: YouTube estándar


Fonte: Youtube 

Juegos infantiles de ordenador para aprender inglés

Los juegos de ordenador enseñan a los niños sus primeras palabras en inglés o les permiten practicarlo de manera divertida

Por AZUCENA GARCÍA 26 de diciembre de 2012

Imagen Aron Kremer
 Juegos para aprender o practicar con los números, las letras o los colores en inglés. Son algunas alternativas que Internet pone a disposición de los pequeños para que se familiaricen con este idioma. Su importancia hace que cada vez más niños empiecen antes a aprender esta lengua y, por este motivo, hay que buscar vías que les supongan menos esfuerzo. Aprender de manera lúdica ayuda, además, a ver esta tarea como un momento de diversión, en el que también pueden tomar parte los padres. A continuación se destacan varios juegos para aprender palabras en inglés, ampliar el vocabulario e, incluso, vídeos.

Aprender palabras

Los juegos son una de las maneras más atractivas de aprender. Por eso se idean alternativas para los más pequeños, con contenidos de lo más variado. Entre estos, los idiomas son una de las opciones más habituales, sobre todo, el inglés. Y es que dominar esta lengua es fundamental y nuestro país no ocupa los primeros puestos en este sentido.


Fuente: Eroski Consumer

A patria de Colón - LECTURA ADULTOS

A patria de Colón
Colección: Memoralia
Editorial: Toxosoutos
Ensaio Biográfico

Pontevedra conta con dous factores vantaxosos para ser a patria de Cristovo Colón: que no século XV había veciños con este apelido, e que contaba con embarcacións que facían a ruta do norte ata Inglaterra e Flandes, e a do sur ata a illa de Sicilia. Barcos pontevedreses rexístranse nesta época en case todos os portos do Mediterráneo: Valencia, Barcelona, Xénova, Sicilia, Ibiza, Mallorca, Niza, Nápoles, Savona, Sardeña, Pisa, etc.

Neste libro publicado en 1914, Celso García de la Riega baseándose nos documentos descubertos ata entón nos que figura o apelido Colón, chega á conclusión de que o descubridor de América puido nacer en Pontevedra no ano 1436 ou 1437, e seren seus pais Domingo de Colón, O Mozo, e Susana Fonterosa. 

ISBN: 978-84-96673-35-9
200 páx.
15 x 23,5 cm.


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

martes, 22 de xaneiro de 2013

O sistema solar para nenos

O Sistema solar


No noso sistema solar os materiais máis pesados concentráronse xunto ao novo Sol formando os planetas. Os máis lixeiros acumuláronse dando lugar aos planetas máis afastados do Sol. 

O Sol, unha estrela de tamaño medio (1.400.000 quilómetros de diámetro), situada a dous terzos do centro da galaxia, concentra o 99% da materia do sistema solar. Fornece enerxía luz e calor, procedente das reaccións nucleares que converten o hidrógeno en helio. A súa temperatura, no centro, mantense contorna aos 15 millóns de grados centígrados, o que impide o seu contracción. A súa masa central diminúe a razón de 4 millóns de toneladas de hidrógeno por segundo. Cada gramo de hidrógeno queimado produce a calor equivalente a 100 billóns de lámpadas eléctricas. Aínda lle queda combustible para seguir radiando enerxía durante miles de millóns de anos. 

O séquito do Sol 

O Sol é unha estrela solitaria que se formou illada, acompañada: dos nove planetas e os seus satélites, de planetas menores (asteroides) e de cometas e meteoritos. A súa condición solitaria facilita o desenvolvemento de vida, pois cando nun sistema hai dous ou máis estrelas os planetas que viran ao seu ao redor vense sometidos a bruscos cambios de temperatura debido á inestabilidade das súas órbitas. 

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno son os planetas exteriores, os "xigantes gaseosos", e están compostos, esencialmente de metano e amoniaco. A masa de Júpiter é dúas veces e media superior á do resto dos planetas xuntos. Plutón estaba considerado como o noveno planeta, pero algúns astrónomos considérano un asteroide ou unha lúa escapada de Neptuno con cuxa órbita coincide ás veces.

 
Júpiter e Saturno teñen uns dezasete satélites cada un cuxos os seus diámetros varían enormemente. Ganímedes (satélite de Júpiter descuberto por Galileo) ten un diámetro de 5.000 quilómetros e Deimos, satélite de Marte, non supera os 8 quilómetros. A Lúa, a unha distancia media da Terra de 384.000 quilómetros, ten un diámetro de 3.476 quilómetros e unha masa 81 veces inferior á da Terra. A súa órbita é de 27,3 días, o mesmo tempo que tarda en virar sobre o seu eixe, por iso sempre nos ofrece a mesma cara.

As distancias espaciais









 Estas magnitudes son tan enormes que se buscou un novo patrón para medilas. Á distancia media que existe entre o Sol e a Terra chamóuselle "unidade astronómica" (ua). Os planetas interiores: Mercurio, Venus, Tierra e Marte (nomeados segundo a súa crecente distancia do Sol) atópanse nunha banda de distancia ao Sol entre 0,3 e 1,7 ua. Entre Marte e Júpiter ( a 4,7 ua do Sol) atópanse os asteroides. Os planetas exteriores atópanse entre distancias ao sol de 4,7 e 30,3 ua. Plutón desenvolve a súa órbita a unha distancia media do Sol de 39,4 ua, preto de 6.000 millóns de quilómetros.

Para máis información sobre o sistema solar podes ver o seguinte documental:

O Día e a Noite para nenos

Recursos educativos para nenos para comprender como o movemento da terra produce o día e a noite e o aparente movemento do sol.

1.- Video educativo onde se explica o movemento de Rotación da Terra.


2.- Aquí poderás repasar a lección mediante test para saber si xa a tes aprendida: El Día y la Noche 

3.- Conto para os máis pequenos: Cuento "La Noche y el Día" 

Fonte: Skoool.es - Youtube

Bea - LITERATURA INFANTIL

Edicións Xerais de Galicia - Abril 2008
Colección: INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
De 6 anos en adiante

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as plantas… pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira, astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior.

18 x 20 cm
Rústica cosido a fío
32 Páxinas
I.S.B.N.: 978-84-9782-742-3


Fonte: Xerais

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

luns, 21 de xaneiro de 2013

Vituin, unha nova plataforma social galega e en galego



Unha nova plataforma social chega á Internet baixo o nome de Vituin, que presume de ser "a rede social de Galicia" e destaca por estar dispoñible en inglés, español, portugués e galego (RAG e AGAL), e que permite aos seus usuarios comunicarse cos seus amigos, crear blogues, compartir fotografías e vídeos, establecer discusións e organizar eventos, na liña doutras plataformas semellantes, e coas características propias de mooSocial, xestor de contidos co que funciona este novo espazo web, o que pode lembrar lixeiramente ao que aconteceu con servizos como Pervi.es e Socialtrend.com (que facían uso dos motores SocialEngine e iSocial respectivamente).

JPEG - 103.1 KB
Polo momento Vituin presenta moi pouca actividade social
Aínda que entendemos que Vituin é un proxecto ben intencionado, non podemos deixar de comentar que estamos ante un servizo que incumpre a lexislación española (tanto a LSSI-CE como a LOPD) por non identificar aos seus titulares (o que é especialmente grave nunha plataforma social que almacena principalmente información persoal), polo que as súas condicións de servizo e a súa política de privacidade non inspirarían ningunha confianza aos seus usuarios. Agardemos que corrixan a situación no futuro, pois a proliferación de servizos na nosa lingua debería de ser sempre benvida.
JPEG - 98.4 KB
O servizo conta con funcións sociais típicas como a organización de eventos
venres 18 de xaneiro do 2013, por Marcus Fernández
Fonte: Código Cero

Usted puede sanar su vida - LECTURA ADULTOS

USTED PUEDE SANAR SU VIDA
Ediciones Urano, 2003
Autoayuda y desarrollo personal

Sinopsis

El mensaje de Louise L. Hay es muy sencillo y básicamente se puede formular en pocas palabras. De hecho, a la autora le basta una de las páginas iniciales de esta obra para presentarnos lo esencial de su pensamiento. Para él lo importante es que lleguemos a comprender que lo que pensamos de nosotros mismos puede llegar a ser verdad para nosotros, que todos somos responsables en un cien por ciento de todo lo que nos sucede, lo mejor y lo peor. Porque cada cosa que pensamos está creando nuestro futuro, es decir, cada uno de nosotros crea sus experiencias con lo que piensa y siente. Y esto nos abre enormes posibilidades de cambio porque en nuestras mentes los únicos que pensamos somos nosotros. Cuando creamos paz, armonía y equilibrio en nuestras mentes, los encontramos en nuestras vidas.

A partir de estos principios, Louise L. Hay nos sugiere una forma de vivir que tendrá como resultado una mayor autoestima, una convivencia en paz con nosotros mismos y los demás y la posibilidad de conseguir lo que queremos para nuestras vidas.

Nº de páginas: 230
Lengua: ESPAÑOL
ISBN: 84-86344-65-4

HAZTE SOCIO DE LA BIBLIOTECA Y LLÉVALO PARA LEER EN TU CASA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger