Todo ben
Edicións Xerais de Galicia, xuño 2010
Colección Fóra de Xogo
Literatura Xuvenil - Narrativa
Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de  Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no  estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal  sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do  fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en  Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novos horizontes en Brasil colaborando  no xornal O Globo coas súas crónicas deportivas, nas que defende un fútbol  forte e teimoso coma os ventos do norte, alegre coma o son dos tambores que  chegan dos mares do sur e de ideas longas coma as ondas do océano.25 anos  despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha  completa revisión do autor. A obra mantén a cerna dunha historia que se move en  «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e  na política como coordenadas temáticas principais.Unha feliz re-existencia da  primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo.
13,5 x 21,5 cm
Rústica cosido a fío 
136 Páxinas
ISBN: 978-84-9782-631-0
Fonte: Xerais


 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.