NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Xuvenil. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2021

O DERRADEIRO DOS MOHICANOS

O DERRADEIRO DOS MOHICANOS
Autor: Fenimore Cooper
Tradución: Xela Arias 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A imaxe que temos dos indios americanos débese máis ós contos de Ollo-de-falcón e, en particular a O derradeiro dos mohicanos, que a calquera outro texto escrito.

Non ha ser difícil para os lectores situárense na paisaxe e na acción referencial de centos de películas e libros onde os pobos indios, os "pel vermella", deambulan a través desa épica e enorme fronteira americana. Alí a natureza convértese en parte integrante dos acontecementos.

É a historia dos mohicanos, tribo algonquin asentada na costa de Connecticut.

ISBN: 84-7507-768-4
Nº de páxinas: 483
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

luns, 8 de marzo de 2021

AS LÁGRIMAS DE SHIVA

AS LÁGRIMAS DE SHIVA
Autor: César Mallorquí 
Editorial: Rodeira 
Coleción: Periscopio

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego

Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2002

En certa ocasión, fai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; pódelo chamar como queiras, o caso é que o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que adoita chamarse unha novela de terror.

Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas. "As lágrimas de Shiva", así se chamaba ese obxecto extraviado. Ao seu redor tiveron lugar vinganzas cruzadas, e amores prohibidos, e estrañas desaparicións.--Houbo unha pantasma, si, e un vello secreto oculto nas sombras, pero tamén houbo moito máis.

ISBN: 978-84-96352-54-4
Encadernación: Tapa branda
Nº de páxinas: 238

domingo, 17 de novembro de 2019

O GRUPO


O GRUPO
Autora: An Alfaya
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador?

Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, Mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade

Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.

Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.

ISBN: 978-84-9121-541-7
Nº de páxinas: 117
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

martes, 5 de febreiro de 2019

IRIDIUM

IRIDIUM
Autor: Francisco Castro
Editorial Galaxia
Colección: Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa
-Iridium é unha historia de amor.
-Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas
-Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades.
-Ou é unha historia sobre unha raíña do Instragram e un malote moi malo.
Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, como tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademáis, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos "normais" que desprezan a todas e a todos os que son diferentes. 

Máis, sobre todo, Iridium conta unha historia de amor.

Porque todas e todos, independientemente do que nos suceda, sentimos igual.

E Iris sente, e goza, e chora, e ri, e sofre coma calquera.

ISBN: 978-84-9151-193-9
Nº de páxinas: 103
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA



O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA
Autor: Antonio M. Fraga
Ilustrador: Victor Rivas
Urco Editoria

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium scientificus. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.

O PREMIO MARIA VICTORIA MORENO DE LITERATURA XUVENIL

ISBN: 978-84-948755-3-3
Nº de páxinas: 251
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

domingo, 30 de decembro de 2018

PALABRA DE BRUXA


PALABRA DE BRUXA
Autora: Andrea Barreira Freije
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

As portas do muíño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo.

Berenice, a última muller da casa das Xanas, vai ser xulgada. Xúlgase o seu xeito de vida, o seu ser. Xúlgana a ela e ás mulleres que a precederon. A ela e ás mulleres que comparten a súa forma de entender e estar no mundo.

Esta é a historia de Berenice, pero tamén de Xoana, de Morgana, de Marga, de Catalina, de Quiteria... das mulleres que non renunciaron á voz propia. Elas toman a palabra con forza e sentímola poderosa no aquelarre, no fogar, na rúa, nos espazos onde as sitúa a vida. E canda elas as persoas que as acusan, que as sinalan, que as xulgan e as condenan sen escoitalas, que exercen o seu poder. E á súa vez aquelas coas que comparten o seu amor.

A través destas páxinas saberás o que contan as bruxas e a súa verdade.

ISBN: 978-84-9151-181-6
Nº de páxinas: 164
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm.

xoves, 27 de decembro de 2018

A BALADA DOS UNICORNIOS


A BALADA DOS UNICORNIOS
Autora: Ledicia Costas 
Ilustradora: Mónica Armiño
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e demais proezas.

Ágata McLeod é unha das mellores alulmnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.

Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita ser cuartel que enfronta corvos e unicornios.

ISBN: 978-84-9121-405-2
Nº de páxinas: 191
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 22 cm.

mércores, 28 de novembro de 2018

A BATALLA POR AVALON | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN III


A BATALLA POR AVALON
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN III
Autor: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustradora: Jara Zambrano
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.

Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa, que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias e inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto.

ISBN: 978-84-15699-52-1
Nº de páxinas: 298
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

luns, 26 de novembro de 2018

UN FARO NA ESCURIDADE | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN II


UN FARO NA ESCURIDADE
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN II
AUTOR: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustrador: Iván Valladares
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns... A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que habita no noso interior.

Regresan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e arqueólogo de mundo ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. Nesta ocasión a súa procura do lendario Diario do Cartógrafo levarao a descubrir novos e misteriosos lugares, abraiantes inventros alquímicos, inquietantes criaturas, e tamén a desenterrar escuros segredos que nunca deberían ver a luz.

ISBN: 978-84-15699-17-0
Nº de páxinas: 362
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 23 cm.

domingo, 25 de novembro de 2018

PALABRAS ENVELENADAS


PALABRAS ENVELENADAS
Autora: Maite Carranza
Edita: Rodeira

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL

¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable.

Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga.

Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente canto tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. Ás veces, a verdade permanece oculta na escuridade e só se iluna ao abrir unha xanela.

Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas apariencias que disecciona a hipocresía da sociedade moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

ISBN: 978-84-8349-254-3
Nº de páxinas: 261
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20,5 cm.

sábado, 24 de novembro de 2018

O LADRÓN DE SOÑOS | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN I


O LADRÓN DE SOÑOS
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN I
Autor: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustrador: Ivan Valladares González
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben más prezado: o poder da imaxinación.

Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos, e unha infinidade de curiosos personaxes.

ISBN: 978-84-938121-9-5
Nº de páginas: 348
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

venres, 23 de novembro de 2018

ALAIA E A DEUSA


ALAIA E A DEUSA
Autor: Tomás González Ahola
Ilustrador: José Ángel Ares
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Alaia, unha moza da tribo dos neiros, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a máis grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro.

ISBN: 978-84-15699-56-9
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19,5 cm.

mércores, 21 de novembro de 2018

O GUME ÍGNEO | OS GARDIÁNS DO SAMPO I


O GUME ÍGNEO
Os gardiáns do Sampo I
Autor: Timo Parvela
Ilustrador: Jussi Kaakinen
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nun pasado remoto, alén das néboas do tempo, houbo unha gran guerra. O bardo Väinämöinen, das terras de Kalevala, e mais a feiticeira Louhi de Pohjola, o país das tebras, enfrontáronse nunha batalla sen cuartel por posuír o Sampo, un muíño máxico que traía prosperidade ás xentes que o posuísen. Como resultado da contenta, o artello milagreiro ficou feito cachizas e formou as estrelas do firmamento, dando luz e vida ás terras da humanidade, pero Väinamöinen apañou e agochou os anacos máis grandes para que o Mal nunca se fixese con eles.

Máis isto é historia pasada... Ou non.

A vida de Ahti é como a de calquera outro adolescente finlandés, mais el garda un segredo: vive só e ninguén o sabe. Polo demais, vai ao colexio, está a montar un grupo de música folque cos seus amigos Ilmari e Anni, e goza mentres pode da súa benquerida liberdade sen a tutela dos adultos.

Porán, todo cambia canto unha vella arpa finlandesa cae nas súas mans. Este instrumento, procede dos tempos lendarios, levarao a descubrir que é descendente, xunto con Ilmari e Anni, dos Gardiáns do Sampo, unha antiga orde destinada a protexer o mundo contra as tebras.

Xuntos hanse embarcar nunha aventura sen precedentes onde as antigas lendas cobran vida e unha nova sombra se ergue sobre o mundo para o alagar de maldade e unha nova noite eterna.

ISBN: 978-84-16212-68-7
Nº de páxinas: 236
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

domingo, 18 de novembro de 2018

...ALÉN DO REMUÍÑO


...ALÉN DO REMUÍÑO
Autor: Roberto A. Rodrigues
Ilustrador: José Ángel Ares
Urco Editora

Colección: Urco Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demáis só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella... mais este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas.

Un novo traslado no traballo do seu pai abrígao a cambiar de escola, e hoxe precisamente é o primeiro día. A experiencia resulta traumática e algúns compañeiros recíbeno con formas pouco amábeis. Malia que Xoel trata de evitar problemas, á fin hase ver inmiscido en asuntos disciplinarios.

Entristecidos, asume que o seu maxín voador é unha negra maldición. Porén, no momento de cumprir o castigo, desencadearanse uns misteriosos acontecementos que lle farán comprender que nesta vida nada é o que parece, e que hai no mundo cousas invisíbeis que, moitas veces, son máis importantes que aquelas que se ven.

ISBN: 978-84-15699-71-2
Nº de páxinas: 178
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19,5 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger