Acabo de ler varios títulos este días de finais do mes de xullo, e quero recomendalos aos seguidores, usuarios e socios da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén ¨BiblioPazos".
Este escritor e xornalista fundou e dirixiu moitas publicaciones nas que puxo de manifesto a súa tendencia ao humorismo satírico: Galicia Humorística (1888), El País Gallego (1888), La Pequeña Patria (1890), Extracto de Literatura (1893) e Pasatiempos (1893-1894); dirixiu Galicia Moderna (1897) e colaborou en Galicia Recreativa e Mi Tierra co pseudónimo de Antón de Rabodegalo.
De seguido foi un pequeno libro de poesía da gran contadora de contos, escritora, actriz e directora teatral Paula Carballeira (Maniños, Fene (A Coruña) titulado "Nunca mascotas".
Este obra é unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar,
dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta
vida animal da que temén formamos parte.
Poesía para a xente máis moza.
Que ten a
ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da
natureza. Ás veces máis ca nós.
O seguinte libro en ler foi o do escritor e poeta vigués Antonio García Teijeiro "Raiolas de sol", catro pequenos relatos, catro pequenas historias. Unha mestura de personaxes inesquecibles (Xiana, Mariña, Iván e Espe). Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde.
E, por último, unha novela "A boca do monte" da autora Celia Díaz Núñez (O Páramo-Lugo) na que repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal.
Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia,
sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o
romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como
man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen
se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade.
Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Unha obra para saber un pouco máis de nós e da nosa historia.
Non vos esquezades, están á vosa disposición en BiblioPazos.