sábado, 17 de xuño de 2017

OTTO É UN RINOCERONTE


OTTO É UN RINOCERONTE
Autor: Ole Lund Kirkegaard

Editorial Alfaguara, 1992
Colección: Xuvenil Alfaguara

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

Topper atopa un lapis extraordinario e único. Emocionado corre a amosarllo ó seu amigo Viggo e con el debuxa un enorme rinoceronte, ó que chaman Otto, nunha das paredes da súa casa. Dende ese momento, empezan a chover situacións cómicas, inesperadas e confusas que cuestionan a inquebrantable lóxica dos adultos...

ISBN: 84-204-5056-1
Nº de páxinas: 98
Encadernación: Tapa blanda



venres, 16 de xuño de 2017

A VERDADEIRA HISTORIA DO PIRATA XOCAS


A VERDADEIRA HISTORIA DO PIRATA XOCAS
Autor: Milagros Oya Martínez
Ilustracións: Kiko da Silva

Ir Indo Edicións, S.A. 1999
Colección: Contacontos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos


Cando Quino vai pasar uns días a casa do seu avó, descobre a fantástica e emocionante historia dun antergo seu: O Pirata Xocas.

Un vello libro cheo de po levará a Quino a resolve-lo grande enigma que envolve o pasado da súa familia. As súas páxinas encherán de emoción, odio, intriga, amor, amizade e dor unha noite de lectura e misterio ó mesmo tempo que descubrirán a apaixonante vida do Pirata Xocas e a súas fazañas a bordo do Furacán, enfrontado ó terrible capitán don Xan Manoel de Villena e Pairo.
 
ISBN: 84-7680-281-1
Nº de páxinas: 187
Encadernación: Tapa blanda





xoves, 15 de xuño de 2017

Á ESPREITA NA PENUMBRA


Á ESPREITA NA PENUMBRA
Autor: María Canosa Blanco
Ilustracións: Andrés Meixide

Sotelo Blanco Edicións, S.L. 1999
Colección: O ordenador

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Marc e a súa familia viven felices nunha bonita urbanización, pero un día un estraño suceso acaba facendo abalar toda esa harmonía: no armario do cuarto dos seus pais unha arrepiante voz, procedente do pasado, fai a súa aparición. Para fuxir dos malos agoiros que ese estraño fenómeno anuncia para todos, deciden fuxir a París nunha viaxe de lecer. Así se desdencadea a traxedia máis estarrecedora que poida afectar a un ser humano.

ISBN: 84-7824-341-0
Nº de páxinas: 90
Encadernación: Tapa blanda



mércores, 14 de xuño de 2017

UNHA HISTORIA NA HISTORIA


UNHA HISTORIA NA HISTORIA
Autor: Sauro Marianelli
Ilustracións: Juan M. Cicuéndez

Editorial Bruño, 1991
Colección: Altamar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

 A novela ambientada na Roma de Augusto, dános unha visión dos anos dourados do Imperio.

En primeiro plano preséntanos ó xoven Claudio, tatexo, feble, case esmagado polo desprezo e a persecución dos que o rodean.

Ó final, a súa ignorada intelixencia e a súa grande cultura lévano a un elevado destino: Emperador de Roma.

A partir deste momento a súa historia transfórmase en Historia.

ISBN: 84-216-0997-1
Nº de páxinas: 235
Encadernación: Tapa blanda



martes, 13 de xuño de 2017

DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE


DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE
Autor: Paco Martín
Ilustracións: Xoán Balboa
Ediciones SM, 1992
Colección: O barco de vapor

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante de soños por encarga, é o protagonista da novela gañadora do Primeiro Concurso O Barco de Vapor. Nunha combinación axeitada de realismo e fantasía, o autor cóntanos algunhas cousas deste personaxe cargado de humanidade e, ó mesmo tmepo, do humorismo que caracteriza os nosos paisanos.

ISBN:84-348-1530-3
Nº de páxinas: 139
Encadernación: Tapa blanda



luns, 12 de xuño de 2017

REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO


REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO: A II REPÚBLICA E O PRIMEIRO FRANQUISMO
Autores: Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure
Serie: Documentos
Edicións do Castro, 2002

Xénero: Historia

Este libro é o froito de moitas consultas a arquivos e fondos documentais por parte dos autores, pero froito, tamén da desgarradora memoria dos que viviron os feitos.

Posiblemente o historiador marxista británico Eric J. Hobswaum chamaríalle aplicar un microscopio á Historia. Tomar unha pequena comunidade nun tempo conflictivo e estudiar o seu modo de vida, a súa situación económica e política, as pegadas e as feridas dunha dramática guerra civil e dunha non menos dramática postguerra. Eso é o que fixeron neste libro Gonzalo Amoedo e Robero Gil.

Un libro que non só debera de interesar aos redondeláns ou aos galegos en xeral senón tamén a calquera persoa preocupada pola historia real deste país.

(Extracto do prólogo do libro. Javier Alfaya - Madrid, febreiro de 2002)

Nº de páxinas: 341
Encuadernación: Tapa branda
ISBN: 978-84-8485-090-O
 

domingo, 11 de xuño de 2017

O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA


O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustracións: Francisco Bueno Capeáns

Edicións Xerais de Galicia, S.A. 1998
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa


Idade recomendada: +12 anos 

O doutor Roberto Nogueira, un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade, vive entregado a unha nobre causa: loitar contra os problemas que impiden a felicidade do xénero humano.  Rosa, a súa fiel axudante, é a cronista desta batalla implacable que o doutor mantén.

Dende o seu laboratorio secreto, o doutor Nogueira artella orixinalísimas propostas que parecen ir polo bo camiño, pero as súas actuacións acaban producindo efectos non desexados que provocan o caos entre a poboación e estregan todos os seus plans.

ISBN: 84-8302-332-6
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda



BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger