sábado, 11 de marzo de 2017

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2017


Outro ano máis BIBLIOPAZOS súmase aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebrará en todo o mundo o próximo día 2 de abril e que en España promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (International Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea. 

Dende o ano 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. 

Este ano 2017 difundirase entre os nenos e nenas do mundo a mensaxe do poeta SERGEY MAKHOTIN e o cartel do ilustrador MIKHAIL FEDOROV que preparou a sección rusa do IBBY. 

A OEPLI convídanos a todos a participar no CONCURSO “ANDERSEN HOXE” dirixido a todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. As bases pódense descargar facendo clic AQUÍ.

ACTIVIDADES
O mércores 5 de Abril, a partir das 13:00 horas na Sala de Lectura, aproveitaremos para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para o que teremos a ANDREA VÁZQUEZ de “Os Piñeiriños” co seu espectáculo de contacontos “Mergullámonos!... outra vez”, dirixido a nenos e nenas ata 9 anos, e que son un conxunto de historias que nos convida a explorar o mundo das emocións.. Esta actividade que forma parte da programación de LER CONTA MOITO de 2017.

O venres 7 de Abril, a partir das 12:30 horas na Sala de Lectura, seguiremos coas celebracións do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co Obradoiro de Poesía Visual a cargo do poeta David Fernández Rivera co obxectivo de fortalecer a creatividade innata dos nenos e a observación sen prexuízos nin etiquetas, ademáis de dar a coñecer e valorar os diferentes tipos de manifestación poética, valorar a poesía visual como expresión tan valiosa coma as contidas nos textos literarios tradicionais, fomentar o traballo grupal… Esta actividade esta patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.



MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO INFANTIL 2017 

MEDREMOS CO LIBRO!

Cando era moi neno gustaba de construír casas con bloques e con
xoguetes de todo tipo. No canto do tellado, decotío empregaba un
libro infantil ilustrado. Nos meus soños, agatuñaba ao interior da
casa, deitábame na cama feita cunha caixa de mistos e ollaba para
as nubes ou o ceo estrelado. Dependía da ilustración que máis me
gustase.

De maneira intuitiva, seguín a norma vital de cada neno, que procu-
ra crearse un medio cómodo e seguro; e un libro infantil de certo
axudaba a conseguilo.

Logo medrei, aprendín a ler, e un libro na miña imaxinación
comezou a parecer máis unha bolboreta, ou mesmo un paxaro, ca o
tellado dunha casa. As páxinas do libro semellaban as ás e crepita-
ban. Parecía que o libro que xacía na repisa da ventá ía saír voando
pola fiestra aberta cara a lugares descoñecidos. Collino e comecei a
ler, e o libro comezou a acougar. Logo seguín o libro a outras terras
e mundos, expandín así o espazo da miña imaxinación.

Que felicidade ter un libro novo nas mans! Ao principio non sabes de
que vai. Resistes a tentación de abrir a última páxina. E que ben
cheira! É imposible dividir o seu cheiro nos seus compoñentes: tinta
de imprenta, cola... Non, non se pode. Un libro ten un cheiro particu-
lar, único e emocionante. As puntas dalgunhas páxinas péganse
entre elas, coma se o libro aínda non estivese esperto. Esperta
cando comezas a lelo.

Estás a medrar e o mundo ao teu redor está a facerse máis compli-
cado. Estás enfrontándote a preguntas que ningún adulto está
preparado para responder. Con todo, é tan importante que compar-
tas as túas dúbidas e segredos con alguén! E velaquí que chega de
novo un libro para te axudar. Moitos de nós nos temos sorprendido
pensando “este libro vai sobre min!”. E, de súpeto, o personaxe
favorito parécese a ti. Ten os mesmos problemas e enfróntase a eles
con dignidade. E outro personaxe non se che parece en nada, pero
queres que sexa o teu modelo a seguir, queres ser igual de valente
ou ter o mesmo enxeño.

Cando un neno ou nena di “non me gusta ler!”, a min dáme a risa.
Non lles creo. Seguro que comen xelados, xogan a xogos e ven
películas interesantes. Noutras palabras: gústalles divertirse. E ler
non é un traballo duro de cara a desenvolver os sentimentos e a
personalidade, o que é, antes que nada, é un gran pracer.

E, para iso, especialmente, é para o que os autores escribimos libros
infantís!
Sergey Makhotin


Traducción: Sabela González Panizo

Fonte: GÁLIX - OEPLI

O SOÑADOR


O SOÑADOR
Autor: Joles Sennell
Ilustracións: Manuel e Vicente Sosa
 Grupo Anaya, S.A; 1991
Colección: O trasniño verde

Xénero: Literatura Infantil  en Galego - Teatro

Idade recomendada: +9 anos

O soñador é unha obra de teatro na que se relata a vida dun humilde zapateiro nun país imaxinario.

Él desexa tres cousas: ter moitos fillos, unha casa moi grande e traballar como carpinteiro. Mediante o soño pode  facer realidad este último.

Sen embargo, gracias a un duende, o soño interrumpese  bruscamente e...

ISBN: 84-207-4267-8
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Tapa blanda

venres, 10 de marzo de 2017

CATRO OU TRES MAZÁS VERDES


CATRO OU TRES MAZÁS VERDES
Autor: Carmen Vázquez-Vigo
Ilustracións: Alicia Cañas
Grupo Anaya, S.A; 1990
Colección: O trasniño verde 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Silvia, Begoña y los mellizos Gabriel y Miguel son los protagonistas de una aventura en la terraza de su casa, en una gran ciudad.

Silvia, preocupada por unos gatos recién nacidos, descubre asombrada un buen día que hasta allí ha llegado un ser extrañísimo: Pegasón, un caballo blanco con alas.

ISBN: 84-207-3769-0
Nº de páxinas: 94
Encadernación: Tapa blanda

xoves, 9 de marzo de 2017

O MEU TÍO TEO


O MEU TÍO TEO
Autor: Pilar Mateos
Ilustracións: Javier Serrano

Grupo Anaya, S.A; 1991
Colección: O trasniño verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos


Unha nena de dez anos espera a visita do seu tío Teo, que resulta ser un neno más pequeno ca ela, pues só ten sete anos.

Trala sorpresa inicial, resulta que o tío Teo é moi divertido, e vivirá con él e coa súa amiga Sonia moitas aventuras, xa que a amiga ten unha familia numerosa e moi orixinal.

ISBN: 84-207-4265-1
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda

mércores, 8 de marzo de 2017

A LENDA DE BONI MARTÍN


A LENDA DE BONI MARTÍN
Autor: José Luis Olaizola
Ilustracións: Gerardo Amechazurra
Grupo Anaya, S.A; 1991
Colección: O trasniño verde 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos 

Boni é fillo único dun multimillonario.

A nai dalle tódolos caprichos, impropios para a súa idade. Por isto, o psiquiatra recoméndalle  ao pai que finxa a ruina económica e mande a súa muller e  ao seu fillo ao pobo.

Nas Batuecas, Boni convertirase en toda unha lenda.

ISBN: 84-207-4269-4
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa blanda

martes, 7 de marzo de 2017

GATO E RATO, UNHA TARDE DE TEATRO


GATO E RATO, UNHA TARDE DE TEATRO
Autor: Xosé A. Perozo
Ilustracións: Dolores García Saavedra
Alfaguara,1994
Colección: Alfaguara Obradoiro Infantil

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade recomendada: +8 anos 

Había unha vez un teatro ateigado de nenos ata a bandeira. O teatro estaba en calquera sitio imaxinado e, a xulgar polo que contaban as testemuñas, no local non cabía nin un suspiro grande. Como en todo teatro que se prece, alí intentábase unha representación, seguramente teatro.

ISBN: 84-87937-90-X
Nº de páxinas: 88
Encadernación: Tapa blanda

luns, 6 de marzo de 2017

XAN GUINDÁN, MENSAXEIRO


XAN GUINDÁN, MENSAXEIRO
Autor: Bernardino Graña
Ilustracións: Ángeles Maldonado

Alfaguara, 1994
Colección: Alfaguara Obradoiro Infantil

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos 

En Xan Guindán, mensaxeiro Bernardino Graña preséntanos un neno que non gusta moito de andar cos libros. Máis ben, os seus ollos van sempre detrás dun carteiro de casco azul e relucente. Por iso, a súa vocación é ser mensaxeiro e andar nunha moto levando cartas e paquetes.

Os pais deciden facerlle unhas probas e ver se de verdade serve para ser mensaxeiro.

ISBN: 84-87937-91-8
Nº de páxinas: 68
Encadernación: Tapa blanda

domingo, 5 de marzo de 2017

A VODA DO PAPÁ

A VODA DO PAPÁ
Autor: Helena Villar Janeiro
Ilustracións: Xoán Cidrás

Alfaguara, 1994
Colección: Alfaguara Obradoiro Infantil

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

A voda do papá é a historia dunha nena, Sara, que se ten que adaptar a vivir soa co seu pai.


Sara está influenciada polas fantasías dos contos de fadas tradicionais, pero nunha viaxe que fai ós Ancares coñece a Cloti e daquela comprende a diferencia entre a vida real e os contos. 

ISBN: 84-204-5147-9
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger