Outro ano máis BIBLIOPAZOS súmase aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebrará en todo o mundo o próximo día 2
de abril e que en España promove a Organización Española para o Libro Infantil e
Xuvenil (OEPLI), sección
española do IBBY (International Board on
Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y
Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
(GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea.
Dende o ano 1967, o 2 de abril,
coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DIA
INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promover os bos libros infantís e
xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional
ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro
Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido
ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos
do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a
celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.
Este ano 2017 difundirase entre
os nenos e nenas do mundo a mensaxe do poeta SERGEY MAKHOTIN e o cartel do ilustrador MIKHAIL FEDOROV que preparou a sección
rusa do IBBY.
A OEPLI convídanos a todos a
participar no CONCURSO “ANDERSEN HOXE” dirixido a todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. As bases pódense descargar facendo clic AQUÍ.
ACTIVIDADES
O mércores 5 de Abril, a partir das 13:00 horas na Sala de Lectura,
aproveitaremos para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para o que teremos a ANDREA VÁZQUEZ de “Os Piñeiriños”
co seu espectáculo de contacontos “Mergullámonos!... outra vez”,
dirixido a nenos e nenas ata 9 anos, e que son un conxunto de historias
que nos convida a explorar o mundo das emocións.. Esta actividade que forma parte da programación de LER CONTA MOITO
de 2017.
O venres 7
de Abril, a partir das 12:30 horas na Sala
de Lectura, seguiremos coas celebracións do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co Obradoiro de Poesía Visual a cargo do poeta
David Fernández Rivera co obxectivo de
fortalecer a creatividade innata dos nenos e a observación sen prexuízos nin
etiquetas, ademáis de dar a coñecer e valorar os diferentes tipos de
manifestación poética, valorar a poesía visual como expresión tan valiosa coma
as contidas nos textos literarios tradicionais, fomentar o traballo grupal… Esta actividade esta patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.
MEDREMOS
CO LIBRO!
Cando era moi neno gustaba de
construír casas con bloques e con
xoguetes de todo tipo. No canto
do tellado, decotío empregaba un
libro infantil ilustrado. Nos
meus soños, agatuñaba ao interior da
casa, deitábame na cama feita
cunha caixa de mistos e ollaba para
as nubes ou o ceo estrelado.
Dependía da ilustración que máis me
gustase.
De maneira intuitiva, seguín a
norma vital de cada neno, que procu-
ra crearse un medio cómodo e
seguro; e un libro infantil de certo
axudaba a conseguilo.
Logo medrei, aprendín a ler, e un
libro na miña imaxinación
comezou a parecer máis unha bolboreta,
ou mesmo un paxaro, ca o
tellado dunha casa. As páxinas do
libro semellaban as ás e crepita-
ban. Parecía que o libro que
xacía na repisa da ventá ía saír voando
pola fiestra aberta cara a
lugares descoñecidos. Collino e comecei a
ler, e o libro comezou a acougar.
Logo seguín o libro a outras terras
e mundos, expandín así o espazo
da miña imaxinación.
Que felicidade ter un libro novo
nas mans! Ao principio non sabes de
que vai. Resistes a tentación de
abrir a última páxina. E que ben
cheira! É imposible dividir o seu
cheiro nos seus compoñentes: tinta
de imprenta, cola... Non, non se
pode. Un libro ten un cheiro particu-
lar, único e emocionante. As
puntas dalgunhas páxinas péganse
entre elas, coma se o libro aínda
non estivese esperto. Esperta
cando comezas a lelo.
Estás a medrar e o mundo ao teu
redor está a facerse máis compli-
cado. Estás enfrontándote a
preguntas que ningún adulto está
preparado para responder. Con
todo, é tan importante que compar-
tas as túas dúbidas e segredos
con alguén! E velaquí que chega de
novo un libro para te axudar.
Moitos de nós nos temos sorprendido
pensando “este libro vai sobre
min!”. E, de súpeto, o personaxe
favorito parécese a ti. Ten os
mesmos problemas e enfróntase a eles
con dignidade. E outro personaxe
non se che parece en nada, pero
queres que sexa o teu modelo a
seguir, queres ser igual de valente
ou ter o mesmo enxeño.
Cando un neno ou nena di “non me
gusta ler!”, a min dáme a risa.
Non lles creo. Seguro que comen
xelados, xogan a xogos e ven
películas interesantes. Noutras
palabras: gústalles divertirse. E ler
non é un traballo duro de cara a
desenvolver os sentimentos e a
personalidade, o que é, antes que
nada, é un gran pracer.
E, para iso, especialmente, é
para o que os autores escribimos libros
infantís!
Sergey Makhotin
Traducción: Sabela González Panizo