Iniciamos as actividades de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos neste mes de Xaneiro cunha nova proposta dirixida ao alumnado de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Esta actividade terá lugar o próximo Luns día 27 de Xaneiro a partir das 16:00 horas nas instalacións do centro educativo e trátase da visita do escritor novel SAMUEL FERRO que virá a presentar as súas obras ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, nunha actividade organizada conxuntamente entre a Biblioteca Pública Municipal, o profesorado de Historia do centro educativo e o autor.
Na presentación dos seus libros "Tierra de Leyenda I: El legado de Breogán", "Tierra de Leyenda II: Más allá del fin del mundo", e "La queimada de las ánimas", o autor falará sobre á época histórica na que ocorren os feitos narrados nos libros, curiosidades, ubicacións, escritura, xogos e moitas cousas máis que irá desvelando ao longo da súa presentación. Samuel Ferro Iniciará a exposición cunha pequena sinopse dos seus libros para continuar explicando os seguintes puntos:
1- Quen son?2- Contexto histórico ("Tierra de Leyenda")a. Como é a idade media?b. Historia de Castela (1351)c. Estamentos sociaisd. Tipo de tropase. Reino de Galicia3- Curiosidades medievaisa. Expresións medievais, como enviar mensaxes, etc.4- Xogo: É medieval?a. Poñeranse imaxes e terán que dicir se é ou non medieval5- Legado de Breogána. Quen é Breogán?b. Localizacións das novelas6- Escritora. Pódese ser escritor?b. Que facer para ser escritor?c. Que pasos dar para ser escritor?d. Tips de escritor7- "La queimada de las ánimas"a. Tipos de meigas, etc.)8- Futuras novelas
Ao finalizar a súa presentación haberá tempo para que o alumnado asistente poida facer preguntas para satisfacer aquelas curiosidades que puideran ter sobre o exposto e acontecido na charla.
Samuel Ferro (Vigo, 1987) é escritor e enxeñeiro industrial. Polifacético onde os haxa, dedica o seu tempo ás súas grandes paixóns: as artes marciais, a natureza, o cinema e a lectura, das cales naceu a súa gran paixón, contar historias. Tras facer os guións de diversos curtos, lanzouse co seu maior proxecto: a triloxía "Tierra de Leyenda". Unha obra arriscada, cun estilo fresco e próximo, onde o lector engancharase desde o primeiro capítulo. No ano 2024 publicou a súa última novela "La queimada de las ánimas" e na próxima primaveira prevé o lanzamento de "Tierra de Leyenda III: Camino al purgatorio".
Mais información sobre o autor no enlace: https://samuelferro.blogspot.com/
Desde a Biblioteca queremos dar as grazas a SAMUEL FERRO polas facilidades que nos deu para poder coordinar esta actividade e visitarnos en Pazos de Borbén para presentar as súas novelas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.