Amosando publicacións coa etiqueta Literatura en Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura en Galego. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de novembro de 2022

VENTURAS E DESVENTURAS DO CABALEIRO GARCÍA RODRÍGUEZ, O DAS PONTES

VENTURAS E DESVENTURAS DO CABALEIRO GARCÍA RODRÍGUEZ, O DAS PONTES
Guión: Ismael Blanco Bouza, Delio Rodríguez Ces, e Lois Gómez Souto
Ilustración e maquetación: Delio Rodríguez Ces
Documentación histórica: Lois Gómez Souto
Edita: Concello de As Pontes de García Rodríguez

Xénero: Banda deseñada - Historia

A presente historieta ideouse para conmemorar o 650º aniversario dun acontecemento histórico que marca o pasado e presente do noso concello e que vinculou para sempre o nome das Pontes co do cabaleiro García Rodríguez.

A través das páxinas desta banda deseñada viaxarás a unha época pouco coñecida da nosa historia, narrada cun enfoque veraz e lúdico, contada e protagonizada por reis, nobres, escudeiros, vilegos e todo tipo de personaxes da Idade Media.

Depósito Legal: C 413-2022
Número de páxinas: [36]
Formato: 24,5 x 22,5 cm.
Encuadernación: Rústica

Este exemplar foi doado polo Concello de As Pontes de García Rodríguez.

venres, 10 de decembro de 2021

UNHA FELIZ CATÁSTROFE

UNHA FELIZ CATÁSTROFE
Autor: Adela Turin
Ilustracións: Nella Bosnia
Tradución: G. Tolentino
Kalandraka editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas.

Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.

ISBN: 978-84-8464-888-8
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 27 cm

sábado, 4 de decembro de 2021

O GRAN LIBRO DOS DINOSAURIOS DE IAGO

O GRAN LIBRO DOS DINOSAURIOS DE IAGO
Autora: Liesbet Slegers
Traductor: Isabel Soto López
Editorial Tambre - Edelvives

Xénero: Ciencias Puras Infantís - Zooloxía

Idade recomendada: +4 anos

Hoxe Iago vai visitar o museo dos dinosauros cos seus pais. Quere sabelo todo sobre eses animais! Logo van á súa casa os seus amigos Uxía e Alí e xogan a seren auténticos
dinosauros. Grrr!

Un libro ameno e informativo que lles descubre aos máis pequenos o mundo engaiolante dos dinosauros.

ISBN: 978-84-9046-467-0
Nº de páxinas: 53
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,5 x 25,5 cm

xoves, 2 de decembro de 2021

O GATO CHIKI

O GATO CHIKI
Autor e ilustrador: David Orihuela Conde
Dornavela Edicions

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Quen lle ía dicir a Chiki que esa noite ía ir visitar á mesma Lúa!

E non só a visitou, senón que estivo de parola con ela ata a madrugada, contando contos e historias da súa aventura e de todos os amigos e amigas que coñeceu polo camiño!

ISBN: 978-84-123095-0-8
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 30 cm

martes, 30 de novembro de 2021

O ASUBÍO DO AVÓ

O ASUBÍO DO AVÓ
Autora: Ángeles Goás
Ilustrador: Leandro Lamas
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

O avó levaba a música dentro,

por iso o seu asubío era

o mellor do mundo.

ISBN: 978-84-9151-711-5
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm

sábado, 20 de novembro de 2021

ANTES DE DURMIR

ANTES DE DURMIR
Autor: Giorgio Volpe
Ilustracións: Paolo Proietti
Tradución: Iolanda Mato
Cumio Editorial

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Coa chegada da primavera, as cores, o sol e a vida volven ao bosque. O pequeno Raposo está moi nervioso por que sabe que é agora cando poderá gozar dos que mais desexa, a compañía do seu mellor amigo un pequeno lirón que hiberna nos períodos de inverno.

Ambos pasan o tempo e desfrutan do que a natureza lles ofrece neses momentos únicos como correr, revolcarse entre as follas e mesmo xogar ao agocho. Pero hai algo no corazón do pequeno raposo que lle impide ser feliz xa que a medida que pasan os días ve mais preto o próximo outono e inverno momento no cal o seu mellor amigo retírase a durmir... Preciosa e cálida historia acerca da amizade, a dependencia, a diversidade e o ánimo positivo nos momentos vividos por moi curtos que sexan.

ISBN: 978-84-8289-529-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 29 cm

xoves, 18 de novembro de 2021

AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS

AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS
Autora:  Victoria García
Ilustracións: Laura Cortés
Editorial Hércules de Ediciones S.L.

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación.

Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras. Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.

ISBN: 978-84-122906-9-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm

martes, 16 de novembro de 2021

A TROGLODITA

A TROGLODITA
Autora: Paula Merlán
Ilustracións: Ana Gómez
Triqueta Verde Editora

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Cando Alicia, a  troglodita, ve un anuncio no  periolítico do día solicitando ilustradora e pintora non dubida en  envíar a súa candidatura a Rupestre Pinturas.

O seu maior soño é pintar covas prehistóricas. Valente e decidida, esta aspirante a artista, armada coa súa  gritapiedra e moitas ilusións emprende un emocionante viaxe cara á Cidade dos Bisontes.

ISBN: 978-84-122468-4-1
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 15 cm

venres, 5 de novembro de 2021

CONTAXIO

CONTAXIO
Autores: Ledicia Costas, María Solar e Fran Alonso
Ilustracións: Leandro Lamas e Lucía Rodríguez Regueiro
UNICEF Comité Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Son tempos de pandemia e seica no dicionario as palabras están alteradas. Hai unha delas que sufre en voz propia as consecuencias. A palabra contaxio teme pola súa integridade. Que está a suceder no dicionario?

Contaxio é un conto impulsado por UNICEF Comité de Galicia e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia, escrito a tres mans por Ledicia Costas, María Solar e Fran Alonso e ilustrado por Leandro Lamas e Lucía Rodríguez Regueiro. Está interpretado en vídeo por María Vázquez, Monti Castiñeiras, Miguel Canalejo, Xúlio Abonjo, Isabel Naveira, Fede Pérez, Beatriz Serén e Lucía Regueiro.

Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa branda
Formato: 18 x 10 cm

martes, 2 de novembro de 2021

ZONA A DEFENDER. A esperanza indócil

ZONA A DEFENDER
A esperanza indócil
Autor: Manuel Rivas
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Ensaio

Zona a Defender foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. 

En Zona a Defender. A esperanza indócil, Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro «Contra Todo Isto», escribe ás ceibas, con coraxe, sobre o que denomina a era Mayday, de perigo grave e inminente, para ir explorando aquilo que defende: unha internacional das conciencias, unha república de iguais, un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa, un feminismo que emancipe a mulleres e homes, descolonizar a imaxinación e sabotar con ironía todo dogmatismo, o acordo secreto entre xeracións, unha soidade solidaria, a arte de caer e pensar o impensábel...

E prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa.

ISBN: 978-84-9121-792-3
Nº de páxinas: 176
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm

luns, 1 de novembro de 2021

UN SEÑOR ELEGANTE

UN SEÑOR ELEGANTE
Autor: Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

4ª Edición - Premio Follas Novas (Narrativa), 2021

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.

Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.

Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.

Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

ISBN: 978-84-9121-766-4
Nº de páxinas: 544
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

domingo, 31 de outubro de 2021

A AFOGADA

A AFOGADA
Autor: Rocío Leira
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020

Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece.

Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo.

Rocío Leira constrúe en A afogada unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade.

ISBN: 978-84-9121-822-7
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

sábado, 30 de outubro de 2021

SÓ UN HOME BO

SÓ UN HOME BO
Autor: Raul Dans
Edicións Positivas

Xénero: Literatura en Galego - Teatro

Obra Gañadora do II Premio Laudamuco de Textos Teatrais, convocado polo concello de Brión

“O meu vello dicía que todos os homes eran malos. Que a maldade nos homes era como as enfermidades que acabarán tendo, como o cáncer ou os dentes podres: vén de fábrica. 

Está aí desde que nacemos e antes ou despois acaba botando por fóra. Só é unha cuestión de tempo…

Pode que vaia diso toda esta movida… De descubrir o seu lado chungo, xa sabe, o pequeno fillo de puta cabrón que leva vostede dentro. Xa asomou o nariz, agora só queda saber até onde será capaz de chegar.”

“O xurado recoñece en Só un home bo unha voz dramática firme e poderosa, unha autoría solidísima, cun uso da lingua limpo e rotundo."

ISBN: 978-84-122421-1-9
Nº de páxinas: 70
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 23 cm

venres, 29 de outubro de 2021

PARA TODA A VIDA

PARA TODA A VIDA
Autor: Eva Moreda
Aira Editorial

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns.

Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas cousas que se din para toda a vida.

Nesta novela, Eva Moreda demostra un enorme dominio dos recursos da oralidade ao servizo da alta literatura. Un estilo inconfundible dunha das voces máis interesantes das nosas letras.

ISBN: 978-84-121324-7-2
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

xoves, 28 de outubro de 2021

CAMIÑO NEGRO

CAMIÑO NEGRO
Autor: Ramón Area
Edicións Positivas

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Un cadáver no Camiño de Santiago. Coñecer o sucedido non vai ser doado.

Un falsificador ocasional, unha garda civil nova e un sarxento en retirada, o Apóstolo ou Prisiciliano, de existir, todos eles teñen dificultades para resolver o caso.
 
ISBN: 978-84-122421-3-3
Nº de páxinas: 258
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

mércores, 27 de outubro de 2021

LIBRES E VIVAS

LIBRES E VIVAS
Autoras: Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Ester F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira
Editorial Galaxia
Colección Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade.

Sobre estes parámetros pedímoslle a dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras que abordasen a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir.

O resultado é este volume que tes entre as mans. Dez relatos libres coma coiteladas directas á conciencia. Querémolas. 

Quérense. Todas. Libres e vivas.
 
ISBN: 978-84-9151-586-9
Nº de páxinas: 196
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm

martes, 26 de outubro de 2021

CONTOS TRADICIONAIS

CONTOS TRADICIONAIS
Autor: Aquilino Poncelas
Edicións Positivas

Xénero: Literatura en Galego e Castelán - Narrativa

Estes Contos tradicionais, recollidos no Bierzo, na Ll.aciana e na Cabreira, e transcritos nas linguas en que foron transmitidos (galego e leonés), son unha mostra vivaz da riqueza lingüística e literaria destas terras. Para o seu maior espallamento tamén se acompañan da súa tradución ao castelán.

A este pequena antoloxía únea o mundo dos animais, verdadeiros personaxes de todos os contos.

Tanto a antoloxía, como a tradución ao castelán e a edición literaria foron realizadas polo maior coñecedor da literatura oral destas comarcas, Aquilino Poncelas.

ISBN: 978-84-122421-0-2
Nº de páxinas: 174
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger