E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 5 de xullo de 2018

CANDO EU CAIA


CANDO EU CAIA
Autor: Ramón Sampedro

Prologuista: Manuel Rivas Barrós
Edicións Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura Galega - Poesía

Unha reflexión deste home que loitou con todos os medios e a súa familia para "acabar" dignamente coa súa vida. Nel hai poemas que tratan sobre a morte, pero tamén sobre a vida e de compromiso político.

En 'Cando eu caia' Sampedro responde a la pregunta que todos le hacen. ¿Por qué morir? Y quien lea estas páginas termina comprendiendo: "Morir es un acto humano de libertad suprema;/ es poder ganarle a dios la última partida./ Un corte de mangas que democráticamente le hacemos al dolor,/ por amor a la vida". 

Sampedro cree que la muerte acabará con su dolor, será como dormir para quien está cansado.

Unhas poesías que atraerán o lector das motivacións e dos argumentos que ten unha persoa que non quere estar sufrindo máis e valerosamente quere acabar coa súa dor.

ISBN:84-8302-260-5
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


O TRASNO DE BÓVEDA E A CHAVE MÁXICA


O TRASNO DE BÓVEDA E A CHAVE MÁXICA
Autor: Luis Pérez Varela
Ilustradora: Patricia Román
Edita: Deputación de Ourense

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +9 anos

Gañador do XI premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez"

Cando Olaia e máis o seu irmán Iago se achegaron ao alpendre da casa para investigar os ladridos de Lolo, o can da familia, dificilmente imaxinaban o que ían encontrar. Pendurado no cable da luz, o trasno Grexo agardaba por eles cunha misión: comunicarlle os perigos que ameazaban o fantástico mundo Kordok e, de paso, conducilos cara a unha nova aventura chea de máxia e perigos.

ISBN: 978-84-92554-72-0
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 21 cm

luns, 2 de xullo de 2018

NOTA INFORMATIVA

A partir de hoxe 2 de xullo volvemos a estar totalmente operativos.

Se tedes libros en préstamo e queredes devolvelos estaremos na biblioteca no horario habitual de apertura para poidades facelo.

E tamén podedes acercarvos para ver as novidades que temos para as vosas lecturas deste verán.

Temos cousas moi interesantes para todas as idades e sobre moi variados temas.

Como sempre seguimos ao voso servizo para asesorarvos en todo o que teña que ver coa animación á lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías.

Esperámosvos!!!

Estamos aquí:

Antiga Casa do Concello
Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger